En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,
RESOLVO:
Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.0, proxecto 2016 00002, crédito orzamentario 2.666.666,33 €, cofinanciada nun 75 % por fondos Feader, nun 7,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e un 17,5 % de fondos propios da comunidade autónoma, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de febreiro de 2016, da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos para o apoio ás inversións para uso público en infraestrutura recreativa, información turística e infraestrutura turística a pequena escala mediante o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016
O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia
ANEXO
Subvencións a concellos para o fomento da accesibilidade
e sinalización nos recursos turísticos no medio rural
Concello |
Descrición actuación |
Importe subvención € |
Muxía |
Actuacións de sinalización dos recursos turísticos do concello de Muxía |
15.059,90 |
Touro |
Sinalización turística de dúas rutas sendeiristas para manter a homologación (PR-G 93 e PR-G 121) |
7.727,69 |
Cedeira |
Sinalización de lugares de interese turístico do concello de Cedeira |
15.639,55 |
A Pobra |
Proxecto de accesibilidade e sinalización turística na Illa |
26.299,22 |
Carnota |
Sinalización da Senda Verde de Carnota |
10.335,40 |
Vedra |
Sinalización da ruta de San Xoán da Cova |
10.535,07 |
San Sadurniño |
Mellora da accesibilidade e sinalización ao castelo de Narahío |
1.401,29 |
Carral |
Mellora da sinalización do roteiro costa Egoa e accesibilidade ao miradoiro da Fervenza do Batán |
16.818,55 |
Arteixo |
Mellora da accesibilidade e sinalización turística en varias praias do concello de Arteixo |
23.924,86 |
Porto do Son |
Ferramentas tecnolóxicas de información e infraestrutura turística: aplicación para teléfonos intelixentes: xacemento arqueolóxico en Porto do Son |
10.702,82 |
Boqueixón |
Mellora da accesibilidade e sinalización do Pico Sacro |
28.032,02 |
Ribeira |
Mellora da accesibilidade á praia de Riazor-Palmeira |
21.037,49 |
Malpica de Bergantiños |
Mellora de accesibilidade á praia Area Pequena de Seiruga e sinalización das praias do concello |
18.156,26 |
Cabana de Bergantiños |
Sinalización do Castro de Borneiro mediante aplicación multidispositivo |
10.692,50 |
Coirós |
Sinalización turística de rutas, miradoiros e BIC do concello mediante aplicacións informáticas para dispositivos móbiles |
2.039,34 |
Sada |
Mellora accesibilidade entre o Porto de Sada e o núcleo de Fontán en Sada |
41.367,43 |
A Laracha |
Mellora da sinalización de recursos turísticos do concello da Laracha: as igrexas e os accesos |
17.061,85 |
Aranga |
Edificación para aseos adaptados na área recreativa de Ponte Aranga |
20.735,49 |
As Pontes de García Rodríguez |
Sinalización turística nova ruta de sendeirismo (sendeiro Ribeira-As Pontes) |
4.523,05 |
Neda |
Instalación aseos na área recreativa da Cobeluda e dotación de carteis ilustrativos en miradoiros |
3.986,67 |
Mañón |
Sinalización ruta sendeirista do río Sor desde a Ribeira do Bispo ata o miradoiro ata o miradoiro de Augas Caídas |
8.569,79 |
Valdoviño |
Mellora accesibilidade da praia marítima de Pantín e da praia fluvial das Forcadas |
14.867,14 |
Toques |
Información e sinalización de miradoiros, rutas de sendeirismo e BIC do concello de Toques mediante unha aplicación informática para dispositivos móbiles e publicación na rede mediante soporte web |
2.165,89 |
O Pino |
Acondicionamento de acceso peonil desde a praia fluvial da Tarroeira ata a área recreativa do Muíño de Miguel |
15.137,44 |
Miño |
Obras de reconstrución e defensa das pontes do Camiño Inglés de Santiago |
4.641,00 |
Pontedeume |
Mellora na accesibilidade, sinalización e seguridade no contorno do Castelo de Andrade |
17.727,27 |
Cariño |
Mellora accesibilidade ao Miradoiro da Miranda |
3.761,07 |
Cabanas |
Recursos turísticos: sinalización estratéxica |
26.369,53 |
Trazo |
Mellora da accesibilidade ás insuas e á área fluvial e forestal de Chaián no río Tambre |
15.695,30 |
Boiro |
Construción de aseos adaptados para persoas con diversidade funcional e itinerario de visita no parque natural do estuario do río Coroño |
50.000,00 |
Melide |
Reforma e posta en valor da rúa Mateo Segade Bugueiro |
45.667,68 |
Oza-Cesuras |
Supresión de barreiras arquitectónicas na igrexa de Santa María de Cutián |
16.903,65 |
Abegondo |
Sinalización turística Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo |
647,64 |
Camariñas |
Accesibilidade e dotacións de infraestrutura turística na praia de Arou |
8.409,50 |
Ferrol |
Mellora mobilidade e accesibilidade parque praia de Doniños, zona acceso praia da Fragata e sinaléctica miradoiro Pedrouzo |
11.029,75 |
Noia |
Mellora da accesibilidade ao miradoiro do Monte do Bolo |
47.152,20 |
Vimianzo |
Sinalización accesible para a ruta dos dolmens, as igrexas parroquiais e o conxunto etnográfico dos Batáns de Mosquetín |
12.402,30 |
Monfero |
Adquisición de dez sinais de sinalización turística |
959,53 |
Ortigueira |
Mellora da accesibilidade ao Castelo do Casón e sinalización dos recursos turísticos de Ortigueira |
10.658,88 |
Oleiros |
Sinalización turística do Castelo de Santa Cruz e a súa illa |
47.879,55 |
Palas de Rei |
Acondicionamento e mellora do acceso ao aparcadoiro do BIC Castelo de Pambre e sinalización nas estradas locais |
11.157,02 |
Sober |
Obras anteproxecto de Proendos área de interpretación |
8.123,25 |
O Saviñao |
Aparcamento na praia fluvial da Cova |
36.065,57 |
Lugo |
Plan de sinalización turística das parroquias das dúas marxes na Ribeira Baixa do Miño |
29.169,00 |
Barreiros |
Infraestrutura turística de sinalización e accesibilidade |
19.979,87 |
Sarria |
Sinalización turística e dinamización a través dunha plataforma móbil app e tótems interactivos |
28.405,00 |
Xove |
Sinalización recursos turísticos no concello de Xove |
5.200,00 |
Chantada |
Información e sinalización de BIC e rutas de sendeirismo homologadas do concello mediante aplicacións informáticas para dispositivos móbiles e publicación na rede mediante soporte web |
6.175,00 |
Folgoso do Caurel |
Posta en valor de recursos turísticos do concello de Folgoso do Courel |
24.516,98 |
Foz |
Aplicacións móbiles enfocadas ao turismo |
13.500,00 |
Mondoñedo |
Proxecto de sinalización vertical: integrar datos na web do concello e obras de mellora |
35.201,25 |
Negueira de Muñiz |
Mellora do acceso ao miradoiro Virxe da Veiga |
7.319,20 |
O Vicedo |
Sinalización física e aplicación informática para dispositivos móbiles e publicación na rede mediante soporte web das rutas |
12.107,20 |
Portomarín |
Audioguía e sinalización planimetría turística |
22.511,25 |
Paradela |
Mellora accesibilidade e sinalización ruta sendeirismo PRG-14 Loio-Ruxidoira. Información e sinalización aplicación informática |
14.102,13 |
Outeiro de Rei |
Sinalización de recursos turísticos do concello de Outeiro de Rei mediante a colocación dun panel informativo dixital |
15.138,20 |
Begonte |
Construción do aparcadoiro para mellorar a accesibilidade á praia fluvial de Begonte |
36.885,92 |
Láncara |
Sinalización do Camiño Real ao seu paso polo concello |
2.510,00 |
Taboada |
Acondicionamento e mellora da accesibilidade no contorno do club náutico e albergue |
32.500,00 |
Alfoz |
Sinalización de recursos turísticos |
15.052,90 |
Guntín de Pallares |
Sinalización de recursos turísticos |
6.070,25 |
Vilalba |
Instalación de paneis divulgativos en Pedra Chantada e Cruceiro de Lanzán |
2.111,33 |
O Corgo |
Mellora da accesibilidade e da sinalización da praia fluvial do Corgo |
10.677,41 |
Ribadeo |
Posta en valor do miradoiro da Posta Mansa |
5.178,55 |
A Fonsagrada |
Sinalización de recursos turísticos e obras complementarias |
7.727,50 |
Trabada |
Mellora da sinalización das rutas federadas e miradoiros do concello de Trabada |
3.101,99 |
Monforte de Lemos |
Nova sinalización turística nas estradas de acceso á vila de Monforte como capital da Ribeira Sacra e dos seus recursos BIC |
5.135,00 |
Lourenzá |
Realización de obras de mellora no contorno do BIC Mosteiro San Salvador e sinalización dos recursos turísticos de Lourenzá |
14.430,65 |
Abadín |
Mellora da accesibilidade á praia fluvial de Gontán |
29.360,10 |
Nogueira de Ramuín |
Anteproxecto acondicionamento e mellora accesibilidade Santo Estevo, embarcadoiro |
29.040,00 |
Ribadavia |
Mellora da accesibilidade, creación de aparcamento para autobuses turísticos e sinalización de recursos turísticos na rúa Progreso e Virxe do Portal |
7.240,25 |
Ourense |
Instalación de mesas interpretativas con escena en miradoiros e instalacións de paneis informativos do Camiño de Santiago |
17.111,25 |
Bande |
Sinalización de recursos turísticos do concello de Bande |
17.053,97 |
Amoeiro |
Mellora da sinalización dos recursos turísticos de Amoeiro: bens culturais e patrimoniais, instalación de pantalla electrónica para difusión turística |
28.155,31 |
A Bola |
Mellorar a información acerca do concello da Bola |
3.900,00 |
A Gudiña |
Reposición de sinalización e limpeza das rutas do centro BTT Portas de Galicia da rede BTT A Gudiña |
600,64 |
Riós |
Reposición de sinalización e limpeza das rutas do centro BTT Portas de Galicia: ruta das Carballeiras, ruta de Valmedo e ruta conexión Riós-Barxa |
1.119,06 |
Oímbra |
Construción de novos camiños de acceso a lagares rupestres en Oímbra |
13.750,22 |
Porqueira |
Construción da área de servizos pernoita para autocaravanas en Porqueira |
31.936,22 |
Laza |
Construción dun aparcadoiro no miradoiro do Corno en Toro (Laza) |
40.316,50 |
Castro Caldelas |
Adecuación do miradoiro da Fraga |
9.385,00 |
Celanova |
Accesos e sinalización en Castromao |
26.159,43 |
A Mezquita |
Reposición sinalización e limpeza das rutas do centro BTT Portas de Galicia; ruta Pena Maseira, ruta dos Tres Reinos e ruta Os Castros |
330,00 |
Cortegada |
Acceso ao miradoiro Cota da Pena e balneario e sinalización |
30.937,33 |
San Cibrao das Viñas |
Acceso á área recreativa da Boutureira |
39.780,72 |
Viana do Bolo |
Reposición de sinalización e limpeza das rutas do centro BTT Portas de Galicia de Viana do Bolo pertencente á rede BTT Galicia |
129,75 |
Parada de Sil |
Mellora de sinalización e accesibilidade na ruta PRG-177 |
35.372,81 |
Monterrei |
Construción de aparcadoiro no complexo turístico Castelo de Monterrei |
28.399,43 |
Verín |
Instalación puntos de información dixital 24/7 |
20.160,00 |
Vilariño de Conso |
Reposición de sinalización e limpeza das rutas do centro BTT Portas de Galicia da rede BTT de Galicia: ruta do Val do río Conso, ruta do Encoro do Vao e conexión Vilariño de Conso-Viana do Bolo |
242,63 |
A Veiga |
Sinalización turística de tres rutas sendeiristas (para acadar a homologación) |
32.827,39 |
Carballeda de Avia |
Proxecto de sinalización accesible para o miradoiro das Fermosas |
3.425,00 |
Castrelo de Miño |
Proxecto de sinalización accesible para a ruta dos miradoiros en Castrelo de Miño |
9.575,50 |
Baños de Molgas |
Mellora da accesibilidade ao BIC Santa Eufemia e sinalización de varios puntos de interese turístico |
18.830,92 |
Xinzo de Limia |
Actuacións para equipamentos turísticos e infraestrutura turística na Torre de Pena |
29.315,00 |
O Carballiño |
Acondicionamento de miradoiro e senda fluvial do Arenteiro |
30.275,63 |
Montederramo |
Adaptación de aseos a persoas con mobilidade reducida no mosteiro e sinalización de recursos turísticos en Montederramo |
34.408,06 |
Vilamarín |
Rehabilitación do miradoiro de Portamieiro |
26.848,19 |
Cualedro |
Mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no contorno da Serra do Larouco |
16.602,36 |
Beariz |
Sinalización e accesibilidade turística do concello de Beariz |
13.596,13 |
Lobios |
Instalación de sinalización homologada das rutas do Centro BTT Serra do Xurés no concello de Lobios |
8.667,75 |
Maceda |
Creación e sinalización parque BTT |
19.742,94 |
Catoira |
Sinalización das Torres do Oeste mediante unha aplicación para dispositivos móbiles con audioguías |
9.870,00 |
Vila de Cruces |
Dotación de accesibilidade na área recreativa da Carixa |
11.121,22 |
Meis |
Traballos de reposición, sinalización e limpeza de rutas do Centro BTT O Salnés |
6.515,64 |
Cerdedo |
Sinalización de recursos turísticos-culturais no concello de Cerdedo |
29.909,69 |
Cangas |
Acondicionamento do paseo praia da Congorza-praia de Areamilla |
23.664,66 |
Mos |
Fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos do medio rural do concello de Mos |
30.708,55 |
Marín |
Plan de sinalización de recursos turísticos no concello de Marín |
31.779,98 |
As Neves |
Mellora da sinalización dos recursos turísticos das Neves: bens culturais e patrimoniais. Instalación dunha pantalla electrónica para difusión turística |
7.478,56 |
A Cañiza |
Construción e adecuación de aseos adaptados na piscina das Grades |
30.343,92 |
A Estrada |
Sinalización de recursos turísticos e instalación de paneis informativos con tecnoloxía TIC |
28.925,62 |
Moaña |
Mellora da sinalización en varias praias turísticas de Moaña |
10.428,95 |
Moraña |
Obras de accesibilidade na contorna da mámoa de Santa Lucía e sinalización no Menhir da Lapa e Mámoa de Santa Lucía |
23.035,73 |
Ponteareas |
Sinalización pontes e áreas recreativas do concello de Ponteareas |
4.598,92 |
O Grove |
Proxecto accesibilidade na praia da Lanzada |
27.510,87 |
A Guarda |
Proxecto para o emprego de novas tecnoloxías nos BICS da Guarda |
2.430,00 |
O Rosal |
Adecuación do trazado e sinalización turística do sendeiro PR-G 94 |
2.613,91 |
Vilagarcía de Arousa |
Instalación de súas sinais na praia do Preguntoiro |
1.941,29 |
Nigrán |
Fomento da accesibilidade |
29.305,97 |
Silleda |
Dotación sinalización e accesibilidade ás fervenzas do río Toxa e ao Mosteiro de Carboeiro |
27.012,45 |
Sanxenxo |
Proxecto integral sinalización de recursos turísticos (acceso praias e miradoiros) incluíndo sistema de sinalización intelixente |
24.310,33 |
Redondela |
Instalación de pasarelas de observación de petróglifos en Chan da Cruz e Poza da Lagoa, Monte Penide/Monte Mirallo |
23.641,22 |
Cotobade |
Proxecto sinalización patrimonio arqueolóxico concello de Cotobade (22 sinais) |
24.691,77 |
Arbo |
Mellora da accesibilidade e sinalización de varios recursos turísticos no concello de Arbo |
5.015,87 |
Crecente |
Accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no concello de Crecente |
27.378,71 |
Illa de Arousa |
Dotación de sinalización e mellora da accesibilidade as praias do Bao e Area de Secada |
38.118,86 |
Lama |
Creación de aparcamento, mellora da sinalización e mellora da accesibilidade na praia fluvial de Ponte Verdugo |
30.568,97 |
Covelo |
Mellora da accesibilidade na praia fluvial de Maceira |
30.017,80 |
Tui |
Sinalización do conxunto histórico artístico ou zona monumental do concello de Tui |
22.818,90 |
Poio |
Mellora da accesibilidade e da sinalización do miradoiro e dos muíños de Samieira |
23.743,64 |
Tomiño |
Proxecto de accesibilidade de persoas con diversidade funcional ao espazo natural do Miño |
30.000,00 |
Baiona |
Pasarela peonil na Foz do Miñor |
37.500,00 |