Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48246

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2016 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia convocadas pola Resolución do 6 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 116, do 20 de xuño).

Por Resolución da Axencia Galega de Innovación do 6 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 20 de xuño) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

No seu artigo 12 regúlase a resolución e notificación destas axudas, unha vez que a comisión de valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 10.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 13 de outubro de 2016 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 20 de xuño de 2016, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a seguir se relacionan polos importes que se indican:

Expediente administrativo

Entidade beneficiaria

Acrónimo

NIF

Importe da axuda (€)

IN845A-1

Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste - Centro Tecnolóxico Aimen

Aimen

G36606291

401.088,17

IN845A-2

Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética

Energylab

G27719913

78.199,08

IN845A-3

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

Gradiant

G36997229

402.599,94

IN845A-4

Fundación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial

CETIM

G70302427

84.735,97

IN845A-5

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia

ITG

G15305923

194.009,43

IN845A-6

Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Industria de Automoción de Galicia

CTAG

G36871424

465.665,74

IN845A-7

Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos - Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca

Anfaco - Cecopesca

G36625309

245.701,67

2. O importe total das axudas concedidas é de un millón oitocentos setenta e dous mil euros (1.872.000,00), con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Importe

09.A3.561A.781.0

1.872.000,00

Total

1.872.000,00

3. Estas axudas están financiadas con cargo ao préstamo que a Administración Xeral do Estado concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía e Industria para o desenvolvemento en Galicia da Estratexia española de innovación (actuación 1).

4. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da Resolución de convocatoria nos prazos establecidos no seu artigo 20.

5. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2016

O/a director/a da Axencia Galega de Innovación
P.S. (Orde do 8.7.2016; DOG núm 131, do 12 de xullo)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria