Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48245

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 5 de outubro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Relación de convenios subscritos pola Agasp no 1º cuadrimestre do ano 2016

Asinantes

Obxecto

Data
da sinatura

Achega total da Agasp

Anualidade 2016

Academia Galega de Seguridade Pública
e o Concello de Ferrol

Formación continua do persoal da Seguridade Pública e das Emerxencias
do Concello de Ferrol

26.1.2016

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública
e o Concello da Coruña

Formación continua do persoal da Seguridade Pública e das Emerxencias
do Concello da Coruña

Prórroga

28.12.2015

Sen achega económica