Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48692

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 1 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016.

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2016, a través da Resolución do 1 de setembro de 2016 (DOG número 168, do 5 de setembro), subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade a través dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

b) Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B).

As partidas orzamentarias con cargo ás cales se financian estas subvencións teñen un cofinanciamento do 80 % de fondos FSE, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

O artigo 10 da Resolución do 1 de setembro de 2016 establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes, indica que a presentación das solicitudes se realizará unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Así mesmo, no artigo 11, determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria pola unidade administrativa encargada da tramitación e da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 13 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, requiriranse as entidades solicitantes para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, o parágrafo segundo do artigo 13.1 da Resolución do 1 de setembro de 2016 establece que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, do 26 de novembro, os requirimentos de emenda poderanse facer mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Así mesmo, os requirimentos tamén se publicarán na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución (anexo: requirimentos de emenda de documentación, SI435B, SI435A, SI427B).

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución, que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 42 da dita lei.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou dos teléfonos indicados no artigo 26 da resolución de convocatoria (conciliación: 981 54 53 12; promoción e prevención: 981 54 73 97; CIM: 981 54 53 74) ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

A secretaria xeral de Igualdade
P.S. (Disposición adicional 3ª Decreto 72/2013,
DOG núm. 91, do 14 de maio)
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO
Requirimentos de emenda de documentación (SI435B; SI435A; SI427B)

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B2016).

Núm. expte.
SI435B

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2016/7-0

Concello de Sanxenxo

P3605100A

1. Anexo III. Punto 5. Falta nº de horas dedicadas ao programa do monitorado e xustificación da excepcionalidade prevista no artigo 9.1.a).

2016/10-0

Concello de Mugardos

P1505200D

1. Aclarar o importe do cofinanciamento, ingresos e contía solicitada.

2016/11-0

Concello de Ourense

P3205500F

1. Anexo III: (todas as actividades) Punto 1. Non indica horario, nin o sistema de selección segundo a preferencia de ingresos, nin o nº de proxenitores desagregado por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 5. Os medios persoais enumerados non se corresponden coa desagregación dos custos directos de persoal indicada no punto 6. Punto 6. Deberá indicar o custo individualizado de persoal de cada unha das actividades no anexo III correspondente.

2016/16-0

Concello de Verín

P3208600A

1. Anexo I. Aclarar contía solicitada (non pode ser superior ao total de custos directos de persoal).

2. Anexo II. Aclarar contía solicitada.

3. Anexo III. Punto 1. Falta metodoloxía, duración, datas de inicio e fin, sistema de selección preferente segundo ingresos e número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 5. Falta indicar as persoas contratadas, denominación do posto, perfil, datas de inicio e fin da contratación, nº de horas dedicadas ao programa.

2016/17-0

Concello de Silleda

P3605200I

1. Anexo III. Punto 1. Deben indicar o sistema de selección preferente segundo ingresos e número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Falta indicar sistema de organización, xestión e seguimento así como a persoa responsable da medida no Concello. Punto 3. Faltan resultados esperados. Punto 6. Os custos directos de persoal deben figurar na epígrafe de contratación externa.

2016/19-0

Concello de Melide

P1504700D

1. Anexo III. Punto 1. Falta indicar o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 5. Falta indicar denominación dos postos, perfil, funcións, datas de inicio e fin da contratación, nº de horas de cada monitor/a dedicadas ao programa. Punto 6. O total dos custos directos de persoal non coincide co indicado nos anexos I e II.

2016/20-0

Concello de Guitiriz

P2702200C

1. Anexo I.1. Deberá indicar o nome da medida, acción ou programa de conciliación para o cal se solicita subvención.

2. Anexo II. Falta a data do acordo do órgano competente da entidade local para solicitar a axuda do Programa de fomento da conciliación.
3. Anexo III. Punto 1 (ambas actividades). Falta número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 5. Falta perfil (ambas actividades), funcións (en Guitiriz madrugador), período de inicio e fin da contratación (en Guitiriz concilia H2O), nº de horas dedicadas ao programa (en Guitiriz madrugador), xustificación da excepcionalidade prevista no artigo 9.1.a).

2016/21-0

Concello de Dodro

P1503300D

1. Aclarar o nome da medida con respecto á cal está validada.
2. Anexo III. Punto 2. Ampliar a información sobre o sistema de organización xestión e seguimento da medida. Punto 3. Faltan os resultados esperados. Punto 5. Ampliar información do monitorado imputado: perfil, funcións, período de inicio e fin da contratación, así como o número de horas dedicadas ao programa.

2016/23-0

Agrupación Avión e Melón

P3200500A

1. Anexo III. Punto 1. Aclarar nº de persoas participantes. Punto 2. Falta indicación das persoas responsables nos concellos de Avión e Melón da medida solicitada. Punto 3. Faltan resultados esperados. Punto 6. Aclarar contía total de custos directos de persoal con respecto ao anexo I e anexo II.

2016/26-0

Concello de Porqueira

P3206300J

1. Anexo III. Punto 1. Falta número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 3. Faltan resultados esperados. Punto 5. Falta o perfil, funcións, período de inicio e fin da contratación dentro do período subvencionable así como xustificar a excepcionalidade prevista no artigo 9.1.a) no caso de non estar contratado especificamente para a realización da actividade. Punto 6. A suma de retribucións salariais e cotizacións non suma o total.

2016/27-0

Concello de Redondela

P3604500C

1. Anexo III. Punto 1 (todas as actividades): deben indicar o sistema de selección preferente segundo ingresos. Falta o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela na actividade de verán. Punto 2 (todas as actividades). Falta indicar a persoa responsable da medida na entidade solicitante.

2016/28-0

Concello de Vigo

P3605700H

1. Anexo III. Punto 1. Falta indicar sistema de selección preferente segundo ingresos. Punto 2. Falta indicación da persoa responsable da medida na entidade solicitante. Punto 3. Faltan resultados esperados. Punto 4. Faltan medios materiais. Punto 5. Faltan enumeración do monitorado, funcións, período de inicio e fin da contratación e número de horas dedicadas ao programa.

2016/31-0

Concello da Pobra do Caramiñal

P1506800J

1. Nos anexos I.1, II e III deben reaxustar o custo total da medida ao máximo de 40.000 €.

2. Anexo I.1. Aclarar o importe do cofinanciamento dos custos de persoal (coincide co importe das taxas).

3. Anexo III. Deberá achegar un anexo III para cada actuación ou actividade singularizada tendo en conta as que se inclúen na medida de validación solicitada. Punto 1. Falta indicar sistema de selección preferente segundo ingresos e número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Falta indicación da persoa responsable da medida na entidade solicitante e ampliar a información sobre o sistema de organización, xestión e seguimento. Punto 5. Os gastos de coordinación da medida son custos indirectos de persoal e polo tanto non imputables.

2016/34-0

Concello de Cariño

P1509500C

1. Anexo III. Punto 1. Falta número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Ampliar a información sobre o sistema de organización, xestión e seguimento da medida. Punto 5. Funcións do monitorado e período de inicio e fin da contratación. Punto 7. Os datos deben estar referidos ás actividades realizadas nos dous últimos anos.

2016/35-0

Concello de Carral

P1502100I

1. Anexo I.1. Aclarar o nome da medida. Falta importe do cofinanciamento, de ser o caso, e declarar os ingresos obtidos pola actividade.
2. Anexo III. Punto 1. Aclarar a idade das persoas participantes. Falta número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 3. Faltan os resultados esperados. Punto 5. Aclarar períodos de inicio e fin da contratación e xustificación da excepcionalidade prevista no artigo 9.1.a).

2016/36-0

Concello de Cabanas

P1501500A

1. Aclarar o nome da medida que figura nos distintos anexos con respecto á cal se atopa validada.

2. Anexo I.1. Indicar o importe de cofinanciamento, de ser o caso.

3. Anexo II.

4. Anexo III asinado e debidamente cuberto en todos os seus puntos.

2016/37-0

Concello de Palas de Rei

P2704000E

1. Anexo I.1. Cubrir a epígrafe «en calidade de» da persoa que asina a solicitude. Aclarar os importes do cadro custos directos de

persoal-subvención solicitada.

2. Anexo II. Aclarar os importes do cadro custos directos de

persoal-subvención solicitada.

2016/39-0

Concello de Rianxo

P1507300J

1. Aclarar o nome da medida que figura nos distintos anexos con respecto á cal está validada.

2. Anexo I.1. Deberá indicar os ingresos por taxas de inscrición no punto correspondente e, de ser o caso, o importe do cofinanciamento.

2. Anexo II. Deberá envialo debidamente asinado.

3. Anexo III. Deberá envialo debidamente asinado. Punto 1. Falta sistema de selección preferente segundo ingresos. Punto 5. Falta número de horas dedicadas ao programa de cada unha das persoas monitoras e no caso do persoal propio a xustificación da excepcionalidade prevista no artigo 9.1.a). Punto 6. Deberá desagregar o custe total para cada unha das persoas contratadas para o desenvolvemento da actividade.

2016/40-0

Concello de Boimorto

P150100B

1. Falta a xustificación de ter presentado a solicitude da validación da medida de conciliación «Actividades de conciliación» nos prazos indicados no artigo 6.4 das bases reguladoras da convocatoria.

2. Anexo I.1. Falta indicar o total de custos directos de persoal.
3. Anexo II. Falta indicar o total de custos directos de persoal. Debe estar debidamente asinado.

4. Anexo III. Debe estar debidamente asinado. Punto 1. Falta número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Falta indicar a persoa responsable da actuación no Concello. Punto 3. Faltan resultados esperados. Punto 5. Falta o nº de persoas contratadas, denominación do posto, perfil, funcións, datas de inicio e fin da contratación, nº de horas dedicadas ao programa. Punto 6. O total de custos directos de persoal debe coincidir co indicado nos anexos I.1 e II e non pode ser superior á contía solicitada. Punto 7. Deberán indicar o número de horas das actividades realizadas nos dous últimos anos.

2016/41-0

Concello da Veiga

P3208400F

1. Aclarar o nome da medida xa que existe discrepancia nos anexos I.1, II e III.

2. Deberá aclarar o importe do cofinanciamento indicado.

3. Anexo II. Aclarar a contía solicitada con respecto á que figura no anexo I.1.

4. Anexo III. Falta indicar o nº de persoas participantes (en Conciliar no cole). Punto 1. (Ambas actividades). Deberán indicar metodoloxía, datas de inicio e fin, horario, sistema de selección preferente segundo ingresos e número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 5. (Ambas actividades) Falta indicar nº de horas dedicadas ao programa, ampliar a información sobre as funcións que realizan, períodos de inicio e fin da contratación e xustificación da excepcionalidade prevista no artigo 9.1.a). Punto 6. Cubrir na súa totalidade a desagregación dos custos directos de persoal.

2016/42-0

Concello das Neves

P3603400G

1. Anexo I.1. Deberá indicar o nome da medida e cubrir o cadro correspondente aos custos directos de persoal.

2. Anexo III. Punto 1. Deberán ampliar a descrición das actividades e indicar o número de proxenitores desagregados por sexo, computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela. Punto 2. Indicar a persoa responsable no Concello da medida. Punto 5. Falta indicar as funcións, períodos de inicio e fin da contratación, nº de horas dedicadas ao programa. Punto 7. De ser o caso, falta cubrir os datos das actividades realizadas nos dous últimos anos (ano de realización, nº horas e nº de persoas participantes desagregadas por sexo).

2016/43-0

Concello de Nogueira de Ramuín

P3205300A

1. Anexo I.1 debidamente cuberto.

2. Anexo II.

3. Anexo III.

2016/44-0

Concello de Alfoz

P2700200E

1. Anexo III.

2016/46-0

Concello de Ponteareas

P3604200J

1. Anexo I.1. Deberá indicar o nome da medida.

2. Anexo II. Falta a sinatura do/a secretario/a da entidade local.

3. Anexo III. Punto 1. Falta descrición, metodoloxía, datas de inicio e fin, horario, sistema de selección preferente segundo ingresos e o nº de proxenitores desagregado por sexo computándose soamente un deles, preferentemente a nai ou persoa que teña a tutela . Punto 2. Falta indicar persoa responsable da actividade no Concello. Punto 5. Falta período de inicio e fin da contratación, nº de horas dedicadas ao programa das persoas que executan a actividade e aclarar o período de inicio e fin da contratación externa que figura no punto 6.

b) Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (SI435A2016).

Núm. expte.

SI435A

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2016/001

Concello de Ourense

P3205500F

1. Falta a acreditación da representación para asinar a solicitude.

2. Anexo III xeral e por actuación/actividade: aclaración do período de realización do curso de defensa persoal e do custo imputable ao período subvencionable de acordo co establecido na convocatoria; na actividade Programa grupal de violencia de xénero indicar con claridade o colectivo ao que vai dirixida a actuación en atención ao establecido na convocatoria; respecto da actividade Cinema confirmación do contido e colectivo destinatario. Así como, desagregación dos gastos directos de persoal por actividade.

2016/003

Concello de Redondela

P3604500C

1. Anexo III-Aclaración do período de realización da actividade e do custo imputable ao período subvencionable de acordo co previsto na convocatoria, e indicar con claridade o colectivo ao cal vai dirixida a actuación en atención ao establecido na convocatoria.

2016/005

Concello de Piñor

P3206200B

1. Anexo III xeral e por actuación/actividade: presentación dun anexo por cada unha das actuación/actividades incluídas na medida solicitada, nos cales se deberán cubrir correctamente todo os puntos, en particular, recoller con claridade o colectivo ao cal vai dirixida cada unha delas, en todo caso ten que adaptarse ao establecido na convocatoria, así como a desagregación dos gastos directos de persoal por actividade. Ademais, no número 4 deben indicar a tipoloxía dos outros gastos directos e/ou indirectos (artigo 9, números 1.b e 2) das distintas actividades xa que a contía da subvención inclúe o dito concepto.

2016/006

Concello da Guarda

P3602300J

1. Anexo III xeral e por actuación/actividade: aclaración do colectivo ao cal vai dirixida a actuación solicitada que, en todo caso, ten que adaptarse ao establecido na convocatoria.

2016/007

Concello de Vigo

P3605700H

1. Plan de Igualdade vixente en soporte electrónico ou, de ser o caso, previsto no artigo 7.2 da Resolución do 1 de setembro de 2016, Plan de Igualdade anterior xunto coa certificación da persoa representante da entidade local de inicio da elaboración do novo plan.

2016/008

Concello de Barbadás

P3200900C

1. Anexo III xeral e por actuación/actividade: aclaración do período de realización da correspondente actividade e do custo imputable ao período subvencionable de acordo co previsto na convocatoria, así como indicar con claridade o colectivo ao cal vai dirixida cada unha delas en atención ao establecido na convocatoria.

2016/010

Concello de Allariz

P32002000H

1. Anexo III: presentación dun novo anexo III que responda á definición da medida para a cal se solicita a axuda que debe adaptarse ao establecido na convocatoria, debidamente cuberto en todos os seus puntos e con todas as precisións e indicacións sinaladas. Así mesmo, deberá indicarse a imputación de horas dedicadas ao desenvolvemento da medida de intervención directa respecto das totais realizadas no período subvencionable. De ser o caso, e de considerar que o desenvolvemento doutras actividades das previstas como subvencionables, deberán achegar un anexo III por actividade debidamente cuberto en todos os seus puntos coa desagregación dos gastos directos de persoal correspondentes a cada unha delas e a correspondente imputación de horas.

2016/011

Concello de Mazaricos

P1504600F

1. Anexo III xeral e por actuación/actividade: presentación dun anexo por cada unha das actuacións/actividades incluídas na medida solicitada, nos cales se deberán cubrir correctamente todos os puntos, en particular, recoller con claridade o contido e o colectivo ao cal vai dirixida cada unha delas, en todo caso ten que adaptarse ao establecido na convocatoria, así como a desagregación dos gastos directos de persoal por actividade.

2016/012

Concello de Vilagarcía de Arousa

P3606000B

1. Anexo III-Aclaración do colectivo ao cal vai dirixida a actuación solicitada que, en todo caso, ten que adaptarse ao establecido na convocatoria, así como o número de persoas monitoras para o desenvolvemento da actividade, a imputación ao programa presentados e os custos correspondentes a cada unha delas.

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B2016).

Núm. expte.

SI427B

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2016/12-0

Concello de Cangas

P3600800A

1. Aclaración sobre o tipo de xornada de traballo no CIM da

psicóloga/directora e sobre a porcentaxe da xornada no CIM

respecto da xornada ordinaria semanal da asesora xurídica.

2016/23-0

Concello de Bueu

P3600400J

1. Anexo II; 2. Aclaración sobre o número de horas e horario semanal da prestación do servizo de asesoramento xurídico e de atención psicolóxica do CIM, xa que existe contradición entre número de horas e o horario semanal indicado no punto 2 do anexo IV.1; 3. Anexo IV.2 correspondente ao posto de asesora xurídica/directora do CIM (no presentado, non está cuberto o tipo de xornada e o número de horas non está no formato exixido).

2016/40-0

Concello de Verín

P3208600A

1. Acreditación de ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2014 ao Consello de Contas de Galicia; 2. Aclaración sobre as contías solicitadas, dado que a suma das contías dos anexos IV.2 non coinciden coas indicadas no anexo II para cada período.

2016/42-0

Concello de Ribeira

P1507400H

1. Anexo IV.2 correspondente ao posto de asesora xurídica/directora (no presentado, o número de horas non está no formato exixido).

2016/44-0

Concello de Redondela

P3604500C

1. Anexos IV.2 correspondentes aos postos de asesora xurídica e de axente de igualdade (nos presentados, o número de horas non está no formato exixido e os gastos de persoal non se axustan ao custo unitario). Deberán ter en conta que a variación das contías afecta o resto dos anexos presentados.

2016/57-0

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

1. Anexo II bis.

2016/60-0

Concello de Lugo

P2702800J

1. Anexo IV.2 correspondente ao posto de atención psicolóxica (no presentado, o número total de horas excede o máximo establecido na convocatoria). Deberán ter en conta que a variación do número de horas e, polo tanto, a variación do gasto de persoal, afecta o resto dos anexos presentados.

2016/63-0

Concello de Lalín

P3602400H

1. Acreditación da representación da persoa asinante da solicitude para actuar en nome do concello; 2. Aclaración sobre o número de horas de traballo efectivo no CIM dedicadas a tarefas directamente vinculadas coa atención a mulleres en situación de vulnerabilidade dos postos de axente de igualdade.

2016/72-0

Concello de Gondomar

P3602100D

1. Aclaración sobre o número de horas e horario semanal da prestación do servizo de asesoramento xurídico do CIM, xa que existe contradición entre o número de horas e o horario semanal indicado no punto 2 do anexo IV.1; 2. Aclaración sobre a xornada de traballo no CIM da asesora xurídica/directora.

2016/76-0

Concello de Soutomaior

P3605300G

1. Aclaración sobre os medios persoais adscritos ao CIM, xa que no punto 3 do anexo IV.1 non están relacionados todos os postos para os cales solicitan subvención e dos cales presentaron anexo IV.2.

2016/77-0

Concello de Maceda

P3204400J

1. Anexo IV.2 correspondente ao posto de psicóloga/directora (no presentado, o número de horas non está no formato exixido).

2016/78-0

Concello de Ares

P1500400E

1. Aclaración sobre o número de horas e horario semanal da prestación do servizo de atención psicolóxica do CIM, xa que existe contradición entre número de horas e o horario semanal indicado no punto 2 do anexo IV.1; 2. Anexo IV.2 correspondente ao posto de psicóloga/directora (no presentado, o número de horas non está no formato exixido).

2016/80-0

Concello de Padrón

P1506600D

1. Acreditación da representación da persoa asinante da solicitude para actuar en nome do concello; 2. Memoria descritiva do funcionamento do CIM que conteña todos os puntos do anexo IV.1; 3. Anexos IV.2 correspondentes aos postos de traballo para os cales solicita a subvención.