Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48737

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (1609/2015).

NIG: 15030 42 1 2015 0019961

DCT divorcio contencioso 1609/2015

Procedemento de orixe: _

Sobre divorcio contencioso

Demandante: José Manuel Varela Rial

Procuradora: María Pilar Carnota García

Avogada: María Josefa Sánchez Salgueiro

Demandada: María de los Ángeles Sangiao Fariña

Neste órgano xudicial tramítase divorcio contencioso 1609/2015, seguido por instancia de José Manuel Varela Rial, contra María de los Ángeles Sangiao Fariña, no cal, por resolución do 6 de outubro de 2016, se acordou:

Que, considerando a demanda interposta pola procuradora Pilar Carnota García, en nome e representación de José Manuel Varela Rial contra María de los Ángeles Sangiao Fariña, debo declarar disolto por divorcio o matrimonio celebrado entre José Manuel Varela Rial e María de los Ángeles Sangiao Fariña, sen expresa imposición das custas procesuais.

Acórdase a disolución do réxime económico de gananciais, se non tiver sido xa efectuado.

Firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde estea inscrito o matrimonio.

Contra esta sentenza poderase interpor, ante este xulgado, recurso de apelación para a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso de apelación interporase ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Na interposición do recurso o apelante deberá expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna.

Se a resolución impugnada for apelable e o recurso se tiver formulado dentro de prazo, no prazo de tres días o secretario xudicial terá por interposto o recurso. No caso contrario porao en coñecemento do tribunal para que se pronuncie sobre a admisión do recurso. Se o tribunal entender que se cumpren os requisitos de admisión, ditará providencia en que terá por interposto o recurso; no caso contrario, ditará auto en que declare a inadmisión. Contra este auto só se poderá interpor recurso de queixa. Contra a resolución pola cal se teña por interposto o recurso de apelación non caberá ningún recurso, mais a parte recorrida poderá alegar a inadmisibilidade da apelación no trámite de oposición ao recurso a que se refire o artigo 461 desta lei. Se o tribunal entender que se cumpren os requisitos de admisión, ditará providencia en que terá por interposto o recurso; no caso contrario, ditará auto en que declare a inadmisión. Contra este auto só se poderá interpor recurso de queixa.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

A Coruña, 13 de outubro de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza