Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48739

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (154/2016).

Eu, María del Carmen Álvarez Marqués, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Sarria, dou fe de que no procedemento de xuízo verbal número 154/2016, seguido ante o Xulgado de Primeira Instancia de Sarria, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria, vistos os autos do xuízo verbal 154/2016, iniciado tras a interposición de demanda pola procuradora María del Carmen Fernández López, en nome e representación de Piedras y Pizarras Valdeorras, S.L., baixo a dirección letrada de Isaac Trapote Fernández, contra Manuel López Pérez, en situación procesual de rebeldía, ditei a seguinte sentenza:

«Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Piedras y Pizarras Valdeorras, S.L contra Manuel López Pérez. En consecuencia, que debo condenar e condeno a Manuel López Pérez a aboarlle a Piedras y Pizarras Valdeorras, S.L. a cantidade de 3.654,81 euros. Esta cantidade devindicará o xuro previsto na Lei 3/2004, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, conforme o exposto no fundamento de dereito cuarto desta sentenza. As custas impóñenselle á parte demandada. Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación dentro dos 20 días seguintes ao da súa notificación. Este recurso será resolto pola Audiencia Provincial de Lugo.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Sarria».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel López Pérez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Sarria, 13 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza