Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50198

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (266/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 266/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio López Seijas contra Aislamientos Culleredo, S.L., Administración concursal de Aislamientos Culleredo, S.L., Fondo de Garantía Salarial Fogasa sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Sentenza: 468/2016.

Reforzo:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 266/2014.

Demandante: Juan José López Seijas.

Letrado: Sr. Nogueira Esmorís.

Demandados:

– Aislamientos Culleredo, S.L.

– Administración concursal de Aislamientos Culleredo, S.L.

– Fogasa.

Sentenza nº 468/2016.

A Coruña, 17 de outubro de 2016.

Parte dispositiva:

1. Estimo a demanda formulada por José Antonio López Seijas fronte a Aislamientos Culleredo, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a pagarlle ao primeiro a suma de 6.816,29 euros polos conceptos recollidos na declaración de feitos probados desta resolución así como o xuro por mora do artigo 29.3 do ET.

2. O Fogasa e a Administración concursal da empresa demandada deben aterse ao resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aislamientos Culleredo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza