Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51495

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (557/2015).

Sentenza número 108/2016

Xuíza que a dita: Olalla Díaz Sánchez

Demandantes: Javier Gilsanz Fernández e Héctor Gilsanz Fernández

Procuradora: María Victoria Soñora Álvarez

Avogada: Rosa Iglesias Costas

Demandados: Santiago Gilsanz Fernández

Procurador: Josefa Fernández Piñeiro

Avogado: Benigno Sobral Rey

José Martín Gilsanz Fernández (rebelde procesual)

Obxecto do xuízo: acción de división da cousa común e reclamación de cantidade

Ministerio Fiscal: non intervén

Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Javier Gilsanz Fernández e Héctor Gilsanz Fernández fronte a Santiago Gilsanz Fernández e José Martín Gilsanz Fernández, declaro a extinción do condominio sobre o inmoble descrito no feito primeiro da demanda e inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 1052, libro 199 do Porriño, folio 98, terreo número 32244, Idufir: 36010001025976, e a súa indivisibilidade e, en consecuencia, ordeno a súa venda en poxa pública xudicial, debendo distribuírse o prezo que nela se obteña conforme o dereito de cada propietario, unha vez descontados os gastos.

Declaro a parte demandante desistida da pretensión de condena formulada fronte a Santiago Gilsanz Fernández a aboar a Javier Gilsanz Fernández a cantidade de 2.347,67 euros polas cantidades que debeu asumir detalladas no expositivo cuarto da demanda (pretensión B) do suplico da súa demanda), sobresendo o proceso e podendo exercer nova demanda contra el co mesmo obxecto se non hai outra causa que o impedir.

Sen expresa imposición de custas a ningunha das partes.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se preparará neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíquese á partes.

Así o acordo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi publicada polo xuíz que a subscribe no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública coa miña asistencia, a letrada da Administración de xustiza, do que dou fe.

O Porriño, 14 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza