Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 51987

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 127/2016).

Execución de títulos xudiciais 127/2016

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 840/2015

Sobre: despedimento

Demandante: Mª Aurora Martis Sobrido

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Demandada: Segur Euskal Security, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 127/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª Aurora Martis Sobrido contra a empresa Segur Euskal Security, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto en data 25 de outubro de 2016 e decreto en data 26 de outubro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Mª Aurora Martis Sobrido coa empresa executada Segur Euskal Security, S.L. e condeno esta a aboarlle á demandante 4.947,57 euros en concepto de indemnización e 54.363,96 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non se proceder ao cumprimento da presente resolución continuará esta como monetaria polo importe total de 59.311.53 euros, máis 5.931,15 euros, que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo esta última cantidade da súa ulterior liquidación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Segur Euskal Security, S.L., por importe de 59.311,53 euros de principal (4.947,57 € de indemnización + 54.363,96 € de salarios de tramitación), máis 5.931,15 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número 5076 0000 64 0127 16 e se non pagase no prazo de dez días, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución, máis as custas desta.

– Requirir a Segur Euskal Security, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do auto de data 16 de setembro de 2016 polo que se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o que se despachou execución (artigo 551.3, punto final).

Notifíqueselles ás partes e a Segur Euskal Security, S.L. no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta 5076 0000 64 0127 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0127 16”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Segur Euskal Security, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza