Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52549

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (217/2015).

Na presente peza civil número 217/2015, dimanante do procedemento ordinario 788/2011 do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, seguido por instancia de Rufo José Fernández Rodríguez fronte a Inmebo Lalín, S.L. e outros, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer e María Begoña Rodríguez González, ditou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Sentenza número 205.

Pontevedra, 4 de xuño de 2015.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 788/2011, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, aos cales correspondeu a peza núm. 217/2015, en que aparece como parte apelante-demandada Rufo José Fernández Rodríguez, representado pola procuradora María Carmen Fernández Ramos, e asistido pola letrada Clara María Beiro Calvo; como impugnante-demandada, Paula María Fernández Pena, representada pola procuradora Patricia Conde Abuín e asistida polo letrado Jesús Estarque Moreno, e, como parte apelado-demandante, Jesús Barreira Fernández, representado polo procurador Antonio Daniel Rivas Gandasegui e asistido polo letrado José Luis Fernández Pedreira; apelados-demandados: Industrias del Aluminio Fernández, S.L., representado polo procurador Manuel Ceán Garrido e asistido do letrado Luis Benjamín González Rodríguez; Construcciones Silva y González, S.L., non comparecido nesta alzada; Inmebo Lalín, S.L., en rebeldía. Foi relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvemos:

Que desestimando o recurso de apelación formulado por Rufo José Fernández Rodríguez, representado pola procuradora Mª del Carmen Fernández Ramos, e o formulado por Paula Fernández Pena, representada pola procuradora Patricia Conde Abuín, contra a sentenza ditada nos autos de xuízo ordinario nº 788/2011, polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, debemos confirmala e confirmámola, con imposición das custas aos apelantes.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta sala, Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente; e Manuel Almenar Belenguer e María Begoña Rodríguez González, relatora.

Seguen as rúbricas. Certifico»

E con data do 8 de xullo de 2015, consta auto de aclaración da dita sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto de aclaración da sentenza nº 205/2015

Maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer e María Begoña Rodríguez González.

Pontevedra, 8 de xullo de 2015.

Parte dispositiva

A Sala acorda:

Estimar as peticións formuladas polas procuradoras Mª del Carmen Fernández Ramos e Patricia Conde Abuín, en nome e representación de Rufo José Fernández Rodríguez e de Paula María Fernández Pena, respectivamente, de emenda e complemento da resolución ditada no presente procedemento. A dita resolución queda da seguinte maneira:

Que desestimando o recurso de apelación formulado por Rufo José Fernández Rodríguez, representado pola procuradora Mª del Carmen Fernández Ramos, e o formulado por Paula Fernández Pena, representada pola procuradora Patricia Conde Abuín, contra a sentenza ditada nos autos de xuízo ordinario nº 788/2011 polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, debemos confirmala e confirmámola con imposición das custas aos apelantes.

Desestimar a impugnación sobre pronunciamento de custas que Rufo José Fernández Rodríguez formulou no seu recurso de apelación contra a sentenza de instancia».

E, con data do 23 de setembro de 2015, consta auto de aclaración do dito auto, cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto de aclaración

Maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Manuel Almenar Belenguer.

María Begoña Rodríguez González.

Pontevedra, 23 de setembro de 2015.

Parte dispositiva

A Sala acorda:

Que se debe manter a parte dispositiva do Auto do 8 de xullo pasado, coas matizacións que constan no fundamento xurídico deste auto, e manterse o ámbito de responsabilidade de Rufo José e Paula Fernández nos termos da sentenza ditada polo xulgado de instancia ao ter sido desestimado o seu recurso de apelación por este tribunal».

E ao estar o dito demandado, Inmebo Lalín, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 16 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza