Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52803

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefatura da Sección de Anestesioloxía e Reanimación do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Mediante Resolución do 6 de maio de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 106, do 6 de xuño), convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefatura da Sección de Anestesioloxía e Reanimación do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), esta Xerencia

RESOLVE:

1. Adxudicar o posto de xefatura da Sección de Anestesioloxía e Reanimación do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra a Marina Varela Durán, aspirante que acadou a maior puntuación.

2. O/A aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/a interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular e será declarado/a nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

3. O/A aspirante seleccionada obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao/á interesado/a.

4. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 8 de novembro de 2016

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés