Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública o proxecto de condución de vertedura por emisario submarino da fábrica de conservas de atún de Jealsa Rianxeira, S.A., concello de Boiro (expediente 2016-IPPC-M-1).

Para os efectos previstos no artigo 152 do Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas (BOE núm. 247, do 11 de outubro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto de condución de vertedura por emisario submarino».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2016-IPPC-M-1.

Peticionaria: Jealsa Rianxeira, S.A.

Domicilio social e localización: Bodión, s/n, 15930 Boiro (A Coruña).

Con base no indicado na Orde do 13 de xullo de 1993 pola que se aproba a Instrución para o proxecto de conducións de verteduras desde terra ao mar, preténdese mellorar os resultados de dilución do emisario que actualmente ten instalado Jealsa Rianxeira, levando a cabo a substitución do emisario existente por un novo.

A lonxitude total do emisario que se vai construír desde o pozo de bombeo ata a boca de descarga é de 650 m, dos cales os primeiros 40 m serán executados na zona do peirao que posúe Jealsa Rianxeira, S.A., en Bodión.

Para o presente proxecto solicítase a ocupación de 854 m2 (tubaxe de Φ 400 mm: 610 × 1,40 = 854 m2) de zona de dominio público marítimo-terrestre de xestión estatal, necesarios para a correcta execución das obras programadas.

As obras proxectadas inclúen o desmantelamento do conduto actual e a colocación de 610 m da nova condución, dos cales 590 metros van enterrados. A condución finaliza cun tramo de 20 metros no que se instalan difusores.

A canalización descrita levarase a cabo mediante o enterramento da condución en gabia.

A parte marítima do proxecto conta coas seguintes actividades:

• Escavación de gabias.

• Fabricación de ancoraxes para a tubaxe.

• Armado de tubaxe máis ancoraxes.

• Colocación da tubaxe.

• Lanzamento do emisario ao mar.

• Demarcación, transporte e afundimento da tubaxe.

As coordenadas do novo punto de vertedura unha vez executado o emisario descrito, tal e como se reflicte na documentación que se xunta son X: 512.379, Y: 4.721.806.