De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á seguinte resolución:
Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada número 2015-IPPC-92-306.
Proxecto: ampliación de explotación avícola de galiñas reprodutoras.
Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental.
Titular: Semafa Soutelo, S.L.
Expediente número: 2015-IPPC-I-92.
Localización: concello de Trasmirás.
Data: 17.10.2016.
Esta resolución pódese consultar no seguinte enlace:
http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada
e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental