Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52833

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (726/2016).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Bentrón Rodríguez contra Colexio Santa Apolonia, S.L., Armando Jorge Barbazán Leis, María del Rosario Medina Gómez, Karmaden, S.L., Muport, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), en reclamación por Mov. Geog. e Funcional, rexistrado co nº de modificación substancial condicións laborais 726/2016 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Muport, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 15.12.2016 ás 9.45 e 9.50 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Muport, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza