Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52962

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (513/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que pola resolución ditada o día 7.11.2016, no proceso seguido por instancia de Fernando Manuel de Arana Silva contra Fundación Pública de Urgencias Sanitarias de Galicia, Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Global Sales Solutions Line, S.L., Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., rexistrado co número PO 513/2014, se acordou citar a Gestión de Servicios de Emergencias y Atención al Ciudadano, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 o día 13.12.2016 ás 11.40 horas e ás 11.45 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, ao cal poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal, por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza