Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (449/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 449/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Noya Raño, Julia Piñeiro Comojo, María Jesusa Varela Vázquez, Cristina Mariño Noya, María Carmen Reboiras Ordóñez, María Gloria Blanco Romero, Rosa María Figueira Figueira, María Teresa Collazo Abuín, Jesús Manuel Lavandeira López, Clara Ramos Picón, Rosa María Romero Miguens, Tomás González Davila, Juana María Ouviña Núñez contra Servanza, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza de data 4 de novembro de 2016, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de María Carmen Noya Raño, Julia Piñeiro Comojo, María Jesusa Varela Vázquez, Cristina Mariño Noya, María Carmen Reboiras Ordóñez, Rosa María Figueira Figueira, María Teresa Collazo Abuín, Jesús Manuel Lavandeira López, Clara Ramos Picón, Rosa María Romero Miguens, Tomás González Davila, Juana María Ouviña Núñez, asistidos polo letrado Sr. Nouche Ferreira, contra a entidade Servanza, S.L. e Fogasa que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade e debo condenar a demandada a aboar aos actores as seguintes cantidades:

María Carmen Noya Raño, 1.408,80 euros.

Julia Piñeiro Comojo, 1.408,80 euros.

María Jesusa Varela Vázquez, 1.408,80 euros.

Cristina Mariño Noya, 1.408,80 euros.

María Carmen Reboiras Ordóñez, 3.355,25 euros.

Rosa María Figueira Figueira, 3.984,88 euros.

María Teresa Collazo Abuín, 4.549,04 euros.

Jesús Manuel Lavandeira López, 3.879,10 euros.

Clara Ramos Picón, 2.151,11 euros.

Rosa María Romero Miguens, 3.984,88 euros.

Tomás González Davila, 5.622,72 euros.

Juana María Ouviña Núñez, 4.102,17 euros.

Máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre as devanditas cantidades.

E que debo estimar parcialmente a demanda presentada por instancias de María Gloria Blanco Romero contra a entidade Servanza, S.L. e Fogasa que non comparece malia estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade e debo condenar a demandada a aboar a María Gloria Blanco Romero, a cantidade de 1.445,91 euros, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, absolvéndoa do resto dos pedimentos efectuados na súa contra.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de suplicación, a excepción de Mª Carmen Reboiras Ordóñez, Rosa Mª Figueira Figueira, Mª Teresa Collazo, Jesús M. Lavandeira, Rosa Mª Romero Miguens, Tomás González Davila e Juan Mª Ouviña Núñez aos que se lles advirte que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentecausa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596 clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza