Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52957

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (86/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 86/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Lueiro Míguez contra Cubiertas Méndez, S.L.U., Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza do 4 de novembro de 2016, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de José Antonio Lueiro Míguez, asistido pola letrada Sra. Rodríguez Enríquez, contra a entidade Cubiertas Méndez, S.L.U., e Fogasa que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 2.522,08 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Cubiertas Méndez, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza