Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos por cambio de réxime xurídico e cambio de denominación da Asociación Galega de Guionistas (Agag), que pasa a denominarse Asociación Sindical Galega de Guionistas (Agag), depositada co número 72-474-1997.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a modificación de estatutos por cambio de réxime xurídico e cambio de denominación da Asociación Galega de Guionistas (Agag), que pasa a denominarse Asociación Sindical Galega de Guionistas (Agag), segundo se indica na acta da asemblea xeral, do 1 de abril de 2016, da citada asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: os guionistas profesionais que traballen por conta allea ou autónomos sen traballadores, independentemente de que estean en activo, en paro, en excedencia ou situación similar, ou pensionistas.

– Asinantes: Nicolás Campos Ripoll (presidente) e Lidia María Fraga Siso (secretaria).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego