Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Angelita número 5395.4, no concello de Xermade (Lugo), promovido por Ramón Carregado Acción.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro (BOE núm. 296, do 11 de decembro), de avaliación ambiental e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño) esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación que a seguir se describe:

Solicitante: Ramón Carregado Acción.

Domicilio social: Plácido Peña, 2-4, 6º D, Vilalba.

Nome: Angelita.

Número: 5395.4.

Situación: Xermade.

Cuadrículas mineiras: 2 (dúas).

Recurso: areas silíceas.

A designación do terreo é a seguinte:

Coordenadas UTM:

Coordenada X

Coordenada Y

1

600.910,64

4.800.753,44

2

601.081,29

4.800.834,06

3

601.082,09

4.800.908,53

4

601.121,28

4.801.002,85

5

600.997,98

4.801.103,30

6

600.980,53

4.801.211,95

7

600.936,43

4.801.246,58

8

600.796,20

4.801.237,22

9

600.747,62

4.801.143,18

10

600.773,22

4.800.971,78

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, no Concello da Fonsagrada e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións ante este órgano administrativo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo, 27071 Lugo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, á que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

Lugo, 27 de outubro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo