Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación (PO 930/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día 7.11.2016, no proceso seguido a instancia de Sandra Sotelo Gendra contra Confeccións Busto Lope, S.L., Hampton, S.A., rexistrado co número PO 930/2014 acordouse notificar parte dispositiva do Decreto do 7.11.2016 ditado no procedemento a Confeccións Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016.

Parte dispositiva:

Acordo:

– Aprobar a conciliación alcanzada entre as partes nos termos expresados no antecedente de feito segundo esta resolución.

– Ter a parte demandante por desistida da demanda presentada fronte a Confeccións Busto Lope, S.L.

– Arquivar as actuacións.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación a Confeccións Busto Lope, S.L., se expide a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

A secretaria xudicial