Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 484/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 484/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucian Grancea contra Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., Fogasa, Somague Engenharia, S.A., sucursal en España Sacyr, S.A. UTE As Cancelas Santiago, sobre ordinario, foi ditada sentenza do 4 de novembro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Ter Lucian Grancea por desistido da demanda de procedemento ordinario presentada contra Somague Engenharia, S.A. sucursal en España Sacyr, S.A.-UTE As Cancelas Santiago, e decretar o sobresemento e o arquivamento do procedemento respecto da dita codemandada.

Considerando integramente a demanda interposta por Lucian Grancea, contra Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de 72,45 euros polos conceptos sinalados no feito cuarto da demanda e no feito probado sétimo da presente resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade de 6.624,38 euros, correspondente aos conceptos salariais, desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil respecto da cantidade de 643,07 euros, correspondentes á indemnización por fin de contrato, desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non ten lugar a súa condena nesta instancia e deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596 clave 65, coa indicación “recurso” no campo do concepto, seguida do código “34 Social suplicación”, que se acreditará mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade no cal faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar un letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mánodoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dyr Yiranny Instalación y Decoración en Placas de Yeso, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza