Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 17 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), para limitar os aloxamentos de carácter temporal, no concello de Santiago de Compostela (expediente 2016AAE1951, código 1859/2016).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 16 de novembro de 2016 sobre a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), para limitar os aloxamentos de carácter temporal, no concello de Santiago de Compostela.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental