Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 9 de novembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación efectuados polo persoal da Inspección do Transporte Terrestre, devoltos polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-02067-O-2016 e dous máis).

O artigo 33.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, establece que os titulares dos servizos e actividades de transporte, os titulares de empresas en cuxas actividades se realicen actividades de transporte terrestre ou relacionadas con este, así como quen ocupe a posición de cargador ou remitente, mero expedidor ou destinatario ou consignatario do transporte de mercancías, os usuarios do transporte de viaxeiros e, en xeral, as persoas afectadas polo seus preceptos estarán obrigadas a facilitar ao persoal da Inspección do Transporte Terrestre, no exercicio das súas funcións, o exame dos documentos, libros de contabilidade, facturas, títulos de transporte e datos estatísticos que estean obrigados a levar, así como calquera outra información relativa ás condicións de prestación dos servizos realizados que resulte necesaria para verificar o cumprimento das obrigas contidas na lexislación de transportes. Así mesmo, dispón que os servizos de Inspección do Transporte Terrestre poderán requirir a presentación nas oficinas públicas da documentación precisa para o mellor cumprimento das súas funcións.

Intentada a notificación do requirimento de documentación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os requirimentos de documentación do persoal de Inspección do Transporte Terrestre ás empresas que se citan no anexo.

A documentación deberá presentarse no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE ante o Servizo de Mobilidade da Coruña.

O incumprimento deste requirimento considerarase obstrución ao labor inspector e infracción moi grave ou grave, segundo imposibilite ou dificulte gravemente o exercicio das funcións que ten atribuídas a Inspección do Transporte Terrestre, sancionándose de conformidade co disposto no artigo 140.12 ou artigo 141.4 da Lei 16/1987, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 9 de novembro de 2016

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Empresas requiridas

Documentación requirida

Expediente XC-02067-O-2016

José Luis Cámaras Areas

XXXXX570F

Os orixinais dos discos diagrama/tickets de impresión/arquivos dixitais do condutor denunciado correspondentes ao período de tempo que debería levarse a bordo do vehículo o día da denuncia e os discos diagrama do vehículo denunciado referidos ao sinalado período de tempo (período comprendido entre o 30.5.2016 e o 15.6.2016 ambos os dous incluídos).

No caso de existir, os orixinais da certificación de actividades conforme o Regulamento (CE) 561/2006.

Expediente XC-02110-O-2016

Arias Logística Transporte, S.L.

B27288521

Nome, denominación social domicilio e DNI/CIF da empresa cargadora/expedidora, presentando factura do pagamento do transporte que contratou os servizos do transportista (carrexador).

Expediente XC-02135-O-2016

Construeume, S.L.

B15455181

Acreditar que Manuel Feal Salido, DNI 76405639F, era traballador desa empresa na data da denuncia ou no mes anterior mediante TC-1 e TC-2 da Seguridade Social ou que teña relación familiar de primeiro grao co titular da autorización. Neste caso deberá presentar o recibo de autónomos e xustificar o parentesco.

Acreditar suficientemente que a mercadoría que transporta é propiedade da empresa ou que tipo de relación tiña con ela (copias de facturas, albarás ou recibos que mercadorías mercadas ou vendidas, coa orixe ou destino nos establecementos desa empresa na data da denuncia).