Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lourenzá (expediente IN407A 2016/95-2, 8404 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico
(BOE núm. 310), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro
(BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: soterramento da LMT DC Pontenova/Lourenzá.

Situación: concello de Lourenzá.

Características técnicas:

1. LMT aérea a 20 kV DC Pontenova/Lourenzá con orixe nun apoio C proxectado tipo C-9000/20 e final no apoio D existente, cunha lonxitude proxectada de 264 metros en condutor tipo LA-110.

2. LMT a 20 kV Pontenova-dirección CT Soutelo, na cal se instala un apoio tipo C-4500/16.

3. LMT a 20 kV Pontenova-dirección CT Muebles Gama, na cal se instala un apoio tipo C-2000/16.

4. LMT soterrada Pontenova-dirección CT Muebles Gama, con orixe no CT Hermida 1 (2423) e final no apoio A proxectado tipo C-2000/16, cunha lonxitude de 140 metros en condutor RHZ1-150.

5. LMT soterrada Lourenzá-dirección CT Soutelo, con orixe no CT Hermida 1 (2423) e final no apoio B proxectado tipo C-4500/16, cunha lonxitude de 300 metros en condutor RHZ1-150.

6. LMT soterrada DC Pontenova/Lourenzá, con orixe no apoio C proxectado tipo C-9000/20 e final no CT Hermida 1 (2423), cunha lonxitude de 423 metros en condutor RHZ1-240.

7. CT non prefabricado Hermida 1 (2423), no cal se amplía a canle de celas de MT e se instalan dúas celas de liña e unha cela de remonte de barras e se modifica a posición do transformador.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 8 de novembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo