Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Cogalso Ferrolterra, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Cogalso Ferrolterra, Sociedade Cooperativa Galega no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña, acordada na asemblea xeral do 12 de outubro de 2016. O domicilio social trasládase ao polígono industrial da Gándara, parcela 20-21, nave 32, do concello de Ferrol (15407).

A Coruña, 16 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña