Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53810

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 27 de outubro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a darlle publicidade á resolución LD-03/2016 da mesma data pola que se convoca a provisión de diversos postos de xefe/a do Servizo de Atención Primaria (Cedeira-Fontenla Maristany A-Pontedeume-Serantes).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Ferrol,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo procedemento de libre designación, dos postos de traballo que se indican no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, sito na avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol, e demais lugares previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 27 de outubro de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de Servizo de Atención Primaria (Cedeira-Fontenla Maristany A-Pontedeume-Serantes).

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria ao que opte, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde.

Procedemento de provisión: libre designación.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.