Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53941

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se actualiza o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.

Os calendarios de vacinación infantil son unha das medidas de probada efectividade no control das enfermidades transmisibles e os programas de vacinación, que facilitan que as vacinas se utilicen da maneira máis eficiente posible desde un punto de vista poboacional, achegaron unha das principais contribucións ao benestar dos cidadáns, reducindo a incidencia das enfermidades fronte ás cales protexen así como a mortalidade asociada a elas.

O contorno das vacinas está en continuo movemento. Nos últimos anos teñen aparecido con frecuencia novas vacinas, modificacións das existentes ou novos coñecementos científicos sobre elas que obrigan a modificacións nas súas recomendacións de uso. Por iso, os programas de vacinación deben ser áxiles e dinámicos, capaces de dar resposta aos cambios que se produzan. O Programa galego de vacinacións traballa permanentemente na súa actualización na procura da mellor protección poboacional, na accesibilidade de todos á vacinación e no cumprimento do calendario para toda a poboación infantil de Galicia.

Nesta liña, e tras os acordos acadados a nivel técnico entre todas as CC.AA., o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), na súa reunión do pasado 13 de abril, aprobou un novo calendario vacinal común que modifica a pauta de vacinación contra a difteria, o tétanos, a tose ferina, a poliomielite, Haemophilus influenzae tipo B e a hepatite B, que pasa a unha pauta de 2 máis 1, eliminando a dose correspondente aos 6 meses e engadindo unha dose aos 11 meses coa función de dose de reforzo que permite eliminar tamén a dose dos 18 meses.

Este calendario aprobado polo CISNS foi estudado e analizado pola Comisión Asesora de Enfermidades Inmunoprevibles de Galicia, que entendeu que as modificacións e actualizacións aprobadas sobre as pautas do calendario de vacinacións sistemáticas respostan e adáptanse aos novos requirimentos científicos e epidemiolóxicos, polo que emitiu un informe favorable sobre isto, e recomendou tamén a supresión da dose de hepatite B ao nacemento.

Por iso, baseándose nas recomendacións técnicas ao respecto e nos informes favorables emitidos, considérase necesario actualizar o calendario de vacinación infantil para o ano 2017, adaptándose así aos acordos acadados no Consello Interterritorial.

De conformidade co disposto no artigo 12 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade e as súas competencias, é responsabilidade da Dirección Xeral de Saúde Pública a planificación, coordinación e xestión das actividades do Programa galego de vacinación e a difusión de información sobre o programa, así como o desenvolvemento de programas sanitarios e de prevención de problemas de saúde con especial repercusión na Comunidade Autónoma de Galicia. Por todo isto,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación, que queda como segue:

Vacinas/idade

2

meses

4

meses

11

meses

(2)

12

meses

15

meses

3

anos

6

anos

12

anos

14

anos

Vacina da hepatite B: VHB (1)

VHB (1ª d.)

VHB (2ª d.)

VHB (3ª d.)

Vacina da difteria, tétano e tose ferina de tipo acelular

DTPa (1ª d.)

DTPa (2ª d.)

DTPa (3ª d.)

DTPa

(4ª d.)

(3)

Vacina da polio inxectable: VPI

VPI

VPI

VPI

VPI

(4)

Vacina do Haemophilus influenzae tipo B: Hib

Hib

(1ª d.)

Hib

(2ª d.)

Hib

(3ª d.)

Vacina pneumocócica conxugada

PNC

(1ª d.)

PNC

(2ª d.)

PNC

(3ª d.)

Vacina fronte ao meningococo C

MCC

MCC

MCC

Vacina fronte ao sarampelo, rubéola e parotidite (triple vírica): TV

TV

(1ª d.)

TV

(2ª d.)

Vacina fronte á varicela

VVZ

(1ª d)

VVZ

(2ª d)

VVZ

(5)

Vacina fronte ao virus do papiloma humano: VPH

VPH

(6)

(7)

Vacina do tétano e da difteria tipo adulto: Td

Td

(1) Administrarase 1 dose ao nacemento aos fillos de nai sen cribado prenatal e unha dose máis inmunoglobulina HB aos fillos de nai portadora.

(2) Esta dose aos 11 meses empezará a administrarse a nenas/os nacidas/os a partir do 1 de xullo de 2016.

(3) Esta dose de DTPa administraráselles ás nenas/os nacidas/os a partir de xullo de 2016. Ás nenas/os nacidas/os anteriormente que recibiron catro doses de DTPa anteriormente administraráselles unha dose de DTPa de baixa carga.

(4) Administrarase a persoas nacidas a partir do 1 de xullo de 2016.

(5) Persoas que refiran non ter pasado a enfermidade nin recibido esta vacina con anterioridade.

(6) Unicamente rapazas, 2 doses: 0,6 meses.

(7) Manterase tamén a vacinación de VPH aos 14 anos durante 2017 para as rapazas que están agora en idades entre 13 e 14 anos que non se vacinasen previamente.

Segundo. A presente resolución será de aplicación o 1 de xaneiro de 2017.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2016

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública