Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53944

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 20, do 1 de febreiro de 2016, cuxa corrección de erros foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio de 2016, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 3560, o artigo 38, onde di: «Estas axudas concederánselles aos agricultores que cumpran os requisitos para seren beneficiarios e as condicións de elixibilidade, co obxectivo de compensar as perdas de ingresos e os custos adicionais derivados das desvantaxes provocadas polas limitacións de distinta natureza que afrontan as explotacións agrarias nas zonas de montaña e noutras zonas con limitacións naturais distintas das de montaña. De acordo co establecido no artigo 31.4 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no caso de beneficiarios con superficie indemnizable en zonas de montaña e noutras zonas con limitacións naturais distintas das de montaña, a redución do importe unitario da axuda indicado nos artigos 41 e 44 farase tendo en conta a superficie indemnizable da explotación no conxunto de ambas as zonas empezando o cómputo polas zonas de montaña», debe dicir: «Estas axudas concederánselles aos agricultores que cumpran os requisitos para ser beneficiarios e as condicións de elixibilidade, co obxectivo de compensar as perdas de ingresos e os custos adicionais derivados das desvantaxes provocadas polas limitacións de distinta natureza que afrontan as explotacións agrarias nas zonas de montaña e noutras zonas con limitacións naturais distintas das de montaña».