Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53918

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro e segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Título

Data sinatura

Importe

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a determinación do financiamento desta entidade no Marco do Plan galego de financiamento universitario 2016-2020.

7.1.2016

145.578.827,27 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a determinación do financiamento desta entidade no Marco do Plan galego de financiamento universitario 2016-2020.

7.1.2016

106.951.491,01 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a determinación do financiamento desta entidade no Marco do Plan galego de financiamento universitario 2016-2020.

7.1.2016

87.931.320,07 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Pazo de Mos para a realización de actividades culturais.

13.1.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para a realización das obras de mantemento do cuartel de San Fernando.

19.1.2016

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Fundación Catedral de Santiago de Compostela e a Fundación Pedro Barrié de la Maza para a Dirección Facultativa e a Comisión Técnica do Programa Catedral.

22.1.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Galega de Empresas de Xardinaría sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

25.1.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Federal da Bahia para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

26.1.2016

12.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade Nacional de Educación a Distancia para a realización de prácticas de estudantes que participan no curso de posgrao de Especialista Universitario en Arquivística.

27.1.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para o acondicionamento do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo.

29.1.2016

250.000,00 €

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Bodegas Docampo para o desenvolvemento de ensinanzas de formación profesional da familia de industrias alimentarias na comarca do Ribeiro.

2.2.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para o desenvolvemento conxunto do programa Naturacción.

12.2.2016

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Real Padroado de Sargadelos como contribución para o funcionamento e mantemento da Casa de Administración e realización do proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos.

15.2.2016

30.000,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a realización das prácticas académicas externas curriculares (Practicum) correspondentes aos títulos de grao impartidos na Facultade de Ciencias da Educación e na Facultade de Formación do Profesorado.

15.2.2016

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización das prácticas académicas externas curriculares (Practicum) correspondentes aos títulos de grao impartidos na Facultade de Ciencias da Educación e na Facultade de Formación do Profesorado.

15.2.2016

0,00€

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades para a organización do Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural e universitario.

1.3.2016

12.610,00 €

Acordo de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias para a divulgación e promoción das actividades de educación que promovan as relacións interxeracionais, así como a corresponsabilidade familiar nos coidados das persoas maiores, enfermas ou dependentes.

3.3.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para proporcionar o persoal investigador do SUG acceso a recursos de supercomputación, almacenamento de datos e comunicación.

4.3.2016

510.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo no financiamento de recursos de información científica en liña.

4.3.2016

1.175.715,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Secretariado Xitano.

7.3.2016

0,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Eduardo Pondal en materia de dinamización lingüística.

14.3.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro ASCM-Ferrolterra, S.L. para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado desde os seus domicilios aos centros educativos radicados na provincia da Coruña.

15.3.2016

14.310,42 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Cruz Roja Española para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado desde os seus domicilios aos centros educativos radicados na comunidade autónoma.

15.3.2016

56.312,18 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para actuacións de normalización lingüística.

15.3.2016

17.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o sindicato ANPE para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

16.3.2016

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e os concellos de Boqueixón e Vila de Cruces para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e reparación na Ponte Ledesma sobre o río Ulla.

21.3.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Foro Enrique Peinador para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

21.3.2016

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Otero Pedrayo para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

21.3.2016

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Vicente Risco para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

21.3.2016

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Antonio Fraguas para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

21.3.2016

7.000,00€

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística para actuacións en materia de normalización lingüística.

21.3.2016

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Rosalía de Castro para a realización de actuacións de normalización lingüística.

21.3.2016

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

22.3.2016

0,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para realización de actividades de difusión e de formación dos programas Navega con Rumbo e Programación nas Escolas.

29.3.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Astorga para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

30.3.2016

0,00€

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

30.3.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a realización de actuacións de normalización lingüística.

1.4.2016

18.000,00€

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para actuacións de normalización lingüística.

1.4.2016

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a CSI-F para actuacións de normalización lingüística.

4.4.2016

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para actuacións de normalización lingüística.

4.4.2016

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Comisións Obreiras (CC.OO) para actuacións de normalización lingüística.

4.4.2016

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actuacións de normalización lingüística.

4.4.2016

28.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Vigo para a realización de actuacións de normalización lingüística.

4.4.2016

26.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

4.4.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Ferega-Ceca para actuacións de normalización lingüística.

5.4.2016

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

7.4.2016

5.000,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Ourense para a programación das actuacións de conservación, mantemento e mellora nos centros públicos de educación infantil, educación primaria e educación especial da provincia de Ourense.

10.4.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para promover e potenciar o galego a través da revista Dorna.

13.4.2016

2.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez para actuacións en materia de normalización lingüística.

13.4.2016

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Helsingin Yliopisto para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

14.4.2016

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Università degli Studi di Perugia para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

14.4.2016

2.000,00 €

Convenio plurianual de colaboración (2016-2017) entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través das Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura e a Fundación Manuel María para a realización de actuacións de normalización lingüística.

16.4.2016

22.000,00 €

ANEXO II

Título

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Lalín para a adquisición de mobiliario para a Biblioteca Municipal de Lalín.

2.5.2016

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e The Graduate Center of The City University of New York para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

2.5.2016

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a realización das obras comprendidas no proxecto Reforma do ximnasio do CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa).

3.5.2016

130.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello da Guarda para a realización das obras comprendidas no proxecto Reforma da cuberta do pavillón do CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo (A Guarda).

3.5.2016

79.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Grupo La Región, S.A. para potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais La Región e Atlántico Diario, que edita esta entidade.

4.5.2016

23.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Gaiteiros Galegos para a realización da III Xornadas sobre o Baile Tradicional e IV Xornadas arredor da Música Tradicional.

6.5.2016

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega para actuacións en materia de normalización lingüística.

6.5.2016

20.000,00 €

Quinta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización do Practicum do Máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.

10.5.2016

0,00 €

Quinta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) para a realización do Practicum do Máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.

10.5.2016

0,00 €

Quinta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do Practicum do Máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.

10.5.2016

0,00 €

Quinta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a realización do Practicum do Máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.

10.5.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Corporación Voz de Galicia, S.A. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal La Voz de Galicia e da emisora de radio Radio Voz.

10.5.2016

80.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, para a realización de diferentes actuacións documentais e de mellora de eficiencia técnica, nos centros educativos das catro provincias galegas, dependentes da Xunta de Galicia.

11.5.2016

97.600,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) para impulsar programas de posicionamiento e captación de proxectos europeos para o Sistema universitario galego.

11.5.2016

602.201,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego para a realización de actuacións de normalización lingüística.

12.5.2016

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través do IET e a Amtega para a realización de traballos relacionados coa normalización, xeolocalización e difusión da toponimia galega.

13.5.2016

40.000,00 €

Addenda ao Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Compañía Gas Natural SDG, S.A. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

19.5.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Compañía Gas Natural SDG, S.A. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

19.5.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Compañía Gas Natural SDG, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

19.5.2016

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización do Circuíto Galego de Teatro Amador.

20.5.2016

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Pedro Barrié de la Maza para a implantación do program Piteas.

20.5.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Salica, Alimentos Congelados, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

20.5.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Bosch Security Systems, S.A.U. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

23.5.2016

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e Asperga (Asociación Galega de Familias de Persoas Afectadas pola Síndrome de Asperger).

23.5.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial La Capital, S.L. para potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Diario de Arousa, que edita esta entidade.

26.5.2016

15.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e La Opinión de La Coruña, S.L. para potenciar o uso do idioma galego a través dos xornais La Opinión de La Coruña, S.L., que edita esta entidade.

26.5.2016

15.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a adecuación e posta en marcha de estruturas de investigación.

27.5.2016

909.649,00 €

Addenda ao Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Organización Nacional de Cegos Españois para o establecemento de medidas encamiñadas á atención das persoas con discapacidade visual.

6.6.2016

198.078,93 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización de actividades culturais.

7.6.2016

6.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Arlea Hotels, S.L.U., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

8.6.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Restel, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

8.6.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Media Markt Saturn Administración España, S.A.U., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

8.6.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Citadel, S.L.U., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

8.6.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Benteler Automotive Vigo, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

8.6.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as empresas Lonza Biologics Porriño, S.L. e CZ Veterinaria, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

8.6.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Unidad de Vehículos Industriales, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

8.6.2016

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Reveriano Soutullo para a realización de actividades culturais e mantemento da fundación.

10.6.2016

6.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia Amicos para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao Centro de educación Especial Amicos.

10.6.2016

87.835,32 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines Amencer-Aspace para a posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao Centro de Educación Especial Amencer e ao Centro de Educación Especial Princesa Letizia.

10.6.2016

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación BATA (Bayón, Asociación para el Tratamiento del Autismo) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao centro de educación especial BATA-Os Mecos.

10.6.2016

10.893,87 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral-A Coruña (Aspace) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao centro de educación especial Aspace.

10.6.2016

83.735,49 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación en Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (Aspanaex) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao centro de educación especial Aspanaex.

10.6.2016

33.679,65 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación BS A Esperanza do Val Miñor para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao centro de educación especial Juan María.

10.6.2016

46.973,55 €

Addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Pais de Persoas con Trastornos do Espectro Autista da Provincia da Coruña Aspanaes, para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado, asociado á entidade, desde os seus domicilios aos centros de educación especial Aspanaes A Coruña, Aspanaes Duques de Lugo, Aspanaes Ferrol e Aspanaes As Pontes, radicados na provincia da Coruña.

10.6.2016

261.838,44 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Autismo Ourense para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao centro de educación especial Ilustre Mestre.

10.6.2016

24.940,38 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro ASCM-Ferrolterra, S.L., para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado, a centros educativos radicados na provincia da Coruña.

10.6.2016

43.796,10 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao centro de educación especial Nuestra Señora de Lourdes.

10.6.2016

63.012,66 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Cruz Vermella Española para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado a centros educativos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

10.6.2016

172.166,25 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor (Aceesca) para posibilitar o desprazamento de alumnado discapacitado ao Centro de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor

10.6.2016

99.966,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Menela.

13.6.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Paradores de Turismo de España, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

13.6.2016

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Ateneo Santiago para a realización de actividades culturais.

14.6.2016

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a UGT para actuacións de normalización lingüística.

14.6.2016

1.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Silva de Sons para a realización do Ciclo Espazos Sonoros 2016.

15.6.2016

40.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación en Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (Aspanaex) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado en Vigo, provincia de Pontevedra.

15.6.2016

8.920,80 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Autismo Ourense para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia de Ourense.

15.6.2016

3.823,20 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia Amicos para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

15.6.2016

10.195,20 €

Addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Pais de Persoas con Trastornos do Espectro Autista da Provincia da Coruña Aspanaes, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados en catro centros educativos radicados na provincia da Coruña.

15.6.2016

52.016,76 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

15.6.2016

1.699,20 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra en relación coa prestación do servizo de comedor escolar ao Centro de Educación Especial Príncipe Felipe de Pontevedra.

15.6.2016

14.018,40 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines Amencer-Aspace para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados en dous centros educativos radicados na provincia de Pontevedra.

15.6.2016

21.240,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Menela para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

15.6.2016

16.142,40 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

15.6.2016

23.364,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor (Aceesca) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

15.6.2016

12.744,00 €

Addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Pais de Persoas con Trastornos do Espectro Autista da Provincia da Coruña Aspanaes, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar de alumnos discapacitados en catro centros educativos radicados na provincia da Coruña.

15.6.2016

52.016,76 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo para a realización de actividades culturais.

21.6.2016

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e as Dioceses da Comunidade Autónoma de Galicia para Intervencións no Patrimonio Artístico de Titularidade Eclesiástica.

22.6.2016

123.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia en 2016.

22.6.2016

120.000,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Aspanaes (Asociación de Pais de Persoas con Trastornos de Espectro Autista (TEA) da provincia da Coruña.

23.6.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Manzaneda para a xestión do servizo de comedor escolar do CEIP de Manzaneda no Concello de Manzaneda.

23.6.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Oroso para a xestión do servizo de comedor escolar do CEIP do Oroso en Sigüeiro no Concello de Oroso.

23.6.2016

53.100.000,00 €

Convenio Marco entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial, INTA, e a empresa Actividades Aeronáuticas Lucenses, S.L. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

27.6.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Empresarios Ferrolterra para a promoción da formación profesional inicial nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

28.6.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación de Empresarios Ferrolterra para a promoción da formación profesional inicial nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

28.6.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España para a obtención do Diploma de Estudos en Lingua Francesa na súa versión escolar.

29.6.2016

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez.

1.7.2016

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para a realización de actividades de promoción do libro e da lectura.

1.7.2016

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores (AGE), para a participación e asistencia ás feiras internacionais do libro, para actividades de promoción e consolidación do sector do libro e para o mantemento da asociación.

6.7.2016

15.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Valle-Inclán, para os actos de celebración do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán.

6.7.2016

32.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización do Circuíto Galego de Teatro Amador.

13.7.2016

0,00 €

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas profesionais e superiores de música.

13.7.2016

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol para a xestión da Biblioteca Municipal Central de Ferrol.

15.7.2016

37.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Eötvös Loránd Tudományegyetem (Hungría) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

18.7.2016

4.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (Comisión Fulbright) para la incorporación de auxiliares de conversación Fulbright para o curso 2016/17.

19.7.2016

95.940,00 €

Acordo de bases de colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Comunidade Autónoma de Galicia para a dotación de auxiliares de conversa nos centros educativos galegos para o curso 2016/17.

20.7.2016

2.150.400,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Corporación Laber, Laboratorio y Consultoría, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

22.7.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e varias empresas, para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

26.7.2016

0,00 €

Acordo de colaboración entre o Concello da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a construción dun novo CEIP en Mesoiro.

26.7.2016

0,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa IGM WEB, S.L., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

27.7.2016

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para a realización do evento Womex 2016.

28.7.2016

100.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal (Museo Valle-Inclán), para a celebración do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán.

28.7.2016

18.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán.

29.7.2016

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo, para ampliación do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao.

29.7.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento das axudas Juan de la Cierva (convocatoria Mineco 2013 e 2014).

1.8.2016

104.838,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación ECCA na formación de persoas adultas para obtención do título de graduado en educación secundaria.

1.8.2016

318.142,43 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para actuacións nos centros e unidades de transferencia tecnolóxica e no Campus Industrial de Ferrol.

1.8.2016

3.090.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación A Esperanza do Val Miñor para posibilitar o uso do servizo de comedor do alumnado discapacitado no CEE Juan María, radicado en Nigrán, provincia de Pontevedra.

3.8.2016

14.018,40 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ponteareas para a xestión do servizo de comedor escolar do CEIP Fermín Bouza Brey no Concello de Ponteareas.

3.8.2016

63.720,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Soutomaior para construción dun Instituto de Educación Secundario na localidade de Soutomaior.

9.8.2016

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Fundación Paideia Galiza para a realización e promoción de actividades de carácter educativo, social e cultural en centros educativos.

10.8.2016

0,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Curtis para a dotación de equipamento e mellora das instalacións no edificio de usos múltiples en Teixeiro.

17.8.2016

35.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Dodro para a celebración do XXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

19.8.2016

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario para o financiamento de gastos correntes e de capital destinados á realización de diversas actividades de investigación e divulgativas do noso patrimonio cultural.

19.8.2016

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Noia para a realización das obras comprendidas no proxecto Construción de pavillón polideportivo no CEIP Felipe de Castro (Noia).

30.8.2016

1.500.000,00 €

Convenio para o funcionamento e a reserva de prazas para alumnado no Centro Neuropsicopedagóxico O Pelouro, durante o curso 2016/17.

31.8.2016

246.465,50 €