Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54101

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 171/2016, do 24 de novembro, polo que se establece o Plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Dirección e Produción e Xestión, e se amplían os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretación, establecidos no Decreto 163/2015, do 29 de outubro, mediante a incorporación de novos itinerarios.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, establece os principios xerais que deben rexer o sistema educativo, e no seu artigo 46 que a definición do contido das ensinanzas artísticas superiores, así como a súa avaliación, se fará no contexto da ordenación da educación superior española no marco europeo. Así mesmo, no seu artigo 58.1, establece que corresponde ao Goberno, logo de consulta ás comunidades autónomas e ao Consello Superior de Ensinanzas Artísticas, definir a estrutura e o contido básicos dos diferentes estudos de ensinanzas artísticas superiores regulados na lei.

En virtude da citada lei orgánica, publicouse o Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores reguladas na dita lei. Conforme o artigo 11 deste, o Goberno definirá, de acordo coas directrices establecidas no real decreto, e logo de consulta ás comunidades autónomas e ao Consello Superior de Ensinanzas Artísticas, o contido básico a que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención dos títulos superiores de ensinanzas artísticas nas correspondentes especialidades, que se referirá ás competencias, materias e aos seus descritores, contidos e número de créditos correspondentes. Así mesmo, establece o dito artigo que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, aprobarán o plan de estudos correspondente a cada título, de acordo co establecido no real decreto, plans de estudos que se deberán publicar nos respectivos boletíns oficiais.

En desenvolvemento das previsións do Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, promulgouse o Real decreto 631/2010, do 14 de maio, polo que se regula o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de Música establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 maio, de educación.

Por outra banda, o Real decreto 1027/2011, do 15 de xullo, establece o Marco español de cualificacións para a educación superior (MECES).

Finalmente, o Real decreto 1850/2009, do 4 de decembro, regula a expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e nel fíxase o modelo do suplemento europeo ao título de ensinanzas artísticas superiores.

Xa que logo, e co fin de dar cumprimento ao artigo 23 do Real decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establecida pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no curso académico 2010/11 iniciouse a implantación das ensinanzas artísticas superiores de Música coa publicación da Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en Música na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao.

O Decreto 163/2015, do 29 de outubro, estableceu o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Composición, Interpretación, Musicoloxía e Pedagoxía, na Comunidade Autónoma de Galicia. Asemade, por petición dos centros superiores, solicitouse a implantación das especialidades de Dirección e Produción e Xestión, así como a ampliación dos anexos do citado plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretación, mediante a incorporación de novos itinerarios.

En consecuencia, iniciada a implantación das ensinanzas artísticas superiores de Música, cómpre agora desenvolver plenamente a normativa aplicable a través do presente decreto, que ten por obxecto establecer, vista a proposta dos centros, o plan de estudos e entre as súas finalidades a de deseñar estes con identidade propia e adaptados ás particularidades dos centros que os imparten, que aproveiten eficazmente os seus recursos humanos e materiais, en función da súa tradición pedagóxica e do seu contorno sociocultural, con criterios de rigor, calidade e excelencia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo dos ditames do Consello Escolar de Galicia e do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, de acordo co Consello Consultivo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e catro de novembro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. O presente decreto ten por obxecto establecer o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Dirección e Produción e Xestión, e ampliar os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretación, establecidos no Decreto 163/2015, do 29 de outubro, ao abeiro do disposto no Real decreto 631/2010, do 14 de maio, polo que se regula o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de Música establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

2. O presente decreto será de aplicación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2. Centros de ensinanzas artísticas superiores de Música

1. Os estudos superiores de Música cursaranse nos centros superiores de ensinanzas artísticas de Música.

2. Ademais, as ensinanzas artísticas oficiais de máster reguladas no Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, impartiranse nos ditos centros. Os estudos de doutoramento regulados no Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, poderán impartirse nos centros superiores de ensinanzas artísticas de Música mediante convenios coas universidades. A competencia para subscribir os ditos convenios corresponde á consellería competente en materia de educación.

3. A consellería competente en materia de educación establecerá medidas que favorezan a autonomía pedagóxica, de organización e de xestión de que dispoñen estes centros para o exercicio das súas actividades docentes, interpretativas, investigadoras e de difusión do coñecemento, co fin de garantir o cumprimento das súas funcións como centros educativos superiores do Espazo Europeo de Educación Superior.

4. Os centros de ensinanzas artísticas superiores de Música fomentarán programas de investigación científica e técnica propios desta disciplina, para contribuír á xeración e difusión do coñecemento e á innovación no dito ámbito. A consellería competente en materia de educación establecerá os mecanismos axeitados para que estes centros poidan realizar ou dar soporte á investigación científica e técnica que lles permita integrarse no Sistema español de ciencia e tecnoloxía.

Artigo 3. Finalidade das ensinanzas artísticas superiores de Música e perfil profesional

1. As ensinanzas artísticas superiores de Música terán como obxectivo xeral a formación cualificada de profesionais que dominen os coñecementos propios da música e adopten as actitudes necesarias que os fagan competentes para integrarse nos distintos ámbitos profesionais desta disciplina.

2. O perfil do/da titulado/a superior de Música corresponde ao/á dun/dunha profesional cualificado/a que acadou a madureza e a formación técnica e humanística necesarias para realizar de maneira plena a opción profesional máis adecuada ás súas capacidades e intereses, mediante o desenvolvemento de competencias comúns aos estudos de música e na correspondente especialidade.

3. Os/as titulados/as superiores de Música estarán capacitados/as para o exercicio da creación e da investigación.

Artigo 4. Título superior de Música

A superación das ensinanzas artísticas superiores de Música dará lugar á obtención do título superior de Música, seguido da especialidade correspondente, que queda incluído para todos os efectos no nivel 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior e será equivalente ao título universitario de grao. Sempre que a normativa aplicable exixa estar en posesión do título universitario de grao, entenderase que cumpre este requisito quen estea en posesión do título superior de Música.

Artigo 5. Acceso e proba específica

1. Para o acceso ás ensinanzas oficiais conducentes ao título superior de Música, requirirase cumprir os requisitos establecidos no artigo 54.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

2. Para os/as maiores de dezaseis anos de idade que non cumpran os requisitos establecidos no citado artigo 54.2.a), a consellería competente en materia de educación, a través da dirección xeral correspondente, regulará, convocará e organizará unha proba anual que acredite que o/a aspirante posúe os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas.

3. A proba específica de acceso a estes estudos levarase a cabo para cada especialidade e terá como finalidade valorar a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. No caso da especialidade de Interpretación, a proba realizarase en función da materia correspondente ao seu instrumento principal.

4. A consellería competente en materia de educación, a través da dirección xeral correspondente, convocará, organizará, desenvolverá e avaliará, con carácter anual, unha proba específica de acceso a estes estudos.

5. A superación da proba a que fai referencia o punto anterior faculta, unicamente, para matricularse no curso académico para o cal fose convocada.

6. De acordo co establecido no artigo 5.7 do Real decreto 631/2010, do 14 de maio, a nota media do expediente dos estudos profesionais constituirá o 40 % da nota da proba no caso dos alumnos e alumnas que opten a ela e estean en posesión do título profesional de Música.

Artigo 6. Contido do plan de estudos conducente á obtención do título superior de Música

1. As ensinanzas artísticas superiores de Música abranguerán unha formación básica e unha formación específica orientada á preparación para o exercicio profesional. Para a consecución da dita finalidade, estes estudos desenvolverán de xeito integrador capacidades artísticas, científicas e tecnolóxicas.

2. As competencias transversais, xerais e específicas e os perfís profesionais definidos para cada unha das especialidades son os establecidos no anexo II.

3. O plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música que se establece no decreto abrangue, para cada unha das especialidades, 4 cursos académicos cun total de 240 créditos.

4. Cada un dos cursos das ensinanzas artísticas superiores de Música terá 60 créditos ECTS, cunha equivalencia de 30 horas por crédito, e a súa duración será de 38 semanas, incluíndo os períodos lectivos e os dedicados a outras actividades presenciais.

5. O cuadrimestre e o curso serán as unidades temporais de organización académica e abranguerán os períodos de impartición de docencia presencial e os períodos dedicados á realización de probas de avaliación.

Artigo 7. Plan de estudos

1. O plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música nas especialidades de Dirección e Produción e Xestión, así como os novos itinerarios correspondentes á especialidade de Interpretación, establécense nos anexos I e III.

2. Os centros educativos determinarán que disciplina ou disciplinas se impartirán nunha lingua estranxeira para garantir a adquisición da competencia transversal correspondente, seguindo as directrices que para tal fin estableza a consellería competente en materia de educación.

3. O principio de igualdade entre mulleres e homes integrarase de xeito transversal no desenvolvemento e na aplicación por parte dos centros do plan de estudos establecido no decreto.

Artigo 8. Creación de novas especialidades

A consellería competente en materia de educación, unha vez vista a proposta dos centros, poderá propor a creación de novas especialidades, nos termos establecidos no artigo 8 do Real decreto 631/2010, do 14 de maio.

Artigo 9. Avaliación

1. De conformidade co artigo 9.1 do Real decreto 631/2010, do 14 de maio, a avaliación do proceso de aprendizaxe do/da estudante basearase no grao e nivel de adquisición e consolidación das competencias transversais, xerais e específicas definidas para estes estudos.

2. A avaliación será continuada, diferenciada por disciplinas e terá un carácter integrador en relación coas competencias definidas para cada unha delas no plan de estudos. A avaliación e a cualificación do traballo de fin de estudos será única e requirirá ter aprobadas a totalidade das disciplinas que integran o plan de estudos.

3. Os criterios de avaliación establécense no anexo II e serán obxecto de concreción nas guías docentes, e deberán ser obxectivables e mensurables de acordo cos parámetros que os centros definan para tal efecto.

4. A obtención dos créditos correspondentes a unha disciplina requirirá superar as correspondentes probas de avaliación ou exames. No caso de disciplinas consideradas de contidos progresivos, o alumno ou alumna non poderá ser avaliado ou avaliada en canto non teña superada a disciplina do mesmo nome e descritor de cuadrimestre ou cuadrimestres anteriores, na orde correspondente.

5. A obtención do título superior de Música requirirá a superación da totalidade das disciplinas, as prácticas, de ser o caso, e o traballo de fin de estudos que constitúen o plan de estudos.

6. Corresponde á consellería competente en materia de educación a regulación do proceso de avaliación e dos sistemas de cualificación, así como o establecemento dos documentos oficiais correspondentes de avaliación, respectando, na regulación que poida efectuarse dos sistemas de cualificación, o disposto no artigo 5 do Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro.

Artigo 10. Recoñecemento e transferencia de créditos

Para a transferencia e recoñecemento de créditos nas ensinanzas artísticas superiores de Música observarase o disposto no artigo 10 do Real decreto 631/2010, do 14 de maio, e no artigo 6 do Real decreto 1614/2009, do 26 de outubro, así como nas normas que, en desenvolvemento destas previsións, dite a consellería competente en materia de educación.

Artigo 11. Participación en programas de mobilidade de estudantes e profesores/as e prácticas dos/das estudantes

1. A consellería competente en materia de educación establecerá medidas que faciliten o intercambio e a mobilidade dos/das estudantes, titulados/as e profesorado das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Dirección, Produción e Xestión e Interpretación, no Espazo Europeo de Educación Superior, dentro dos programas europeos existentes conforme a súa propia normativa. A consellería competente en materia de educación tamén poderá crear outros programas de carácter específico para estas ensinanzas.

2. A consellería competente en materia de educación, ou os centros de ensinanzas artísticas superiores de Música, fomentarán a sinatura de convenios de cooperación con institucións e empresas co fin de impulsar a mobilidade e o intercambio de profesores/as, investigadores/as e estudantes destas ensinanzas, e para a realización de prácticas externas por parte do alumnado que cursa estas ensinanzas.

Disposición adicional primeira. Alumnado con discapacidade

1. No marco do establecido no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, deberanse cumprir as disposicións vixentes en materia de promoción da accesibilidade.

2. A consellería competente en materia de educación adoptará as medidas oportunas para a adaptación do presente plan de estudos ás necesidades do alumnado con discapacidade.

Disposición adicional segunda. Formación do profesorado

1. A consellería competente en materia de educación propiciará plans de formación do profesorado relativos ao coñecemento dos principios básicos, a estrutura, a organización, as novas metodoloxías e os sistemas de avaliación e investigación correspondentes ao Espazo Europeo de Educación Superior.

2. Ademais, a consellería competente en materia de educación, por proposta dos centros, desenvolverá plans de formación do profesorado para a actualización e afondamento nas disciplinas propias da música nos seus diferentes ámbitos, así como formación concreta en galego, con coñecemento do vocabulario específico, e formación en materia de igualdade.

Disposición adicional terceira. Incorporación de alumnado procedente de plans anteriores

De acordo co previsto na disposición adicional cuarta do Real decreto 631/2010, do 14 de maio, polo que se regula o contido básico das ensinanzas artísticas superiores de Música, establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a consellería competente en materia de educación, a través da dirección xeral correspondente, establecerá o sistema de recoñecemento de créditos ao alumnado procedente de plans de estudos anteriores.

Disposición adicional cuarta. Organización de ensinanzas conxuntas con outras institucións de educación superior

A consellería competente en materia de educación poderá, mediante convenio con outras institucións de educación superiores nacionais ou estranxeiras, organizar ensinanzas conxuntas conducentes á obtención dun único título superior oficial e de máster.

Disposición adicional quinta. Recursos humanos e materiais

Atendendo ás directrices do proceso da converxencia das ensinanzas artísticas superiores no Espazo Europeo da Educación Superior, a consellería competente en materia de educación procederá á ordenación dos recursos humanos e materiais, de xeito que se garanta o mellor uso destes recursos, con criterios de racionalidade e eficiencia.

Disposición adicional sexta. Fomento do repertorio da música galega

A consellería competente en materia de educación establecerá as medidas tendentes a fomentar o coñecemento e práctica do repertorio da música galega.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

1. Facultase a persoa titular da consellería competente en materia de educación para ditar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento do que se establece no presente decreto.

2. Así mesmo, facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de educación para a ampliación e actualización dos anexos correspondentes ás distintas especialidades.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e catro de novembro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Cadros do plan de estudos: especialidades, itinerarios e disciplinas

(I.a)

Especialidade: Dirección

ECTS/cuadrimestre

Total de créditos

Total de horas presenciais/semana

1º curso

2º curso

3º curso

4º curso

Disciplina

Materia

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

Disciplinas de formación básica

Formación e adestramento auditivo e vocal (I-II)

Linguaxes e técnica da música

1,5

1,5

-

-

-

-

-

-

3

1,5

Análise aplicada á dirección (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Harmonía e contrapunto aplicados á dirección (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Organoloxía

-

-

-

3

-

-

-

-

3

2

Historia da música (I-III)

Cultura, pensamento e historia

3

3

3

-

-

-

-

-

9

2

Música e culturas

-

-

-

-

3

-

-

-

3

2

Introdución á investigación

-

-

-

-

-

3

-

-

3

2

Disciplinas obrigatorias

Tecnoloxías para a música (I-III)

Tecnoloxía musical

2

2

2

-

-

-

-

-

6

2

Formación laboral e normativa

Formación laboral

-

-

-

-

-

-

1

-

1

1

Formación e adestramento auditivo e vocal aplicado á dirección (I-IV)

Linguaxes e técnica da música

-

-

1,5

1,5

1,5

1,5

-

-

6

1,5

Dirección de coro (I-VI)

Técnica da dirección

4

4

4

4

5

5

-

-

26

2

Dirección de orquestra (I-VI)

4

4

4

4

5

5

-

-

26

2

Dirección de coro/orquestra (VII-VIII)

-

-

-

-

-

-

10

10

20

3

Prácticas de dirección (I-VIII)

2

2

2

2

2

2

2

2

16

1

Técnicas de control emocional e corporal

-

-

-

2

-

-

-

-

2

2

Piano aplicado á dirección (I-VI)

Formación instrumental complementaria

2

2

2

2

2

2

-

-

12

0,5

Canto ou instrumento aplicado á dirección* (I-VI)

2

2

2

2

2

2

-

-

12

0,5

Fonética aplicada ao canto

-

-

-

-

2

-

-

-

2

1

Improvisación e acompañamento pianístico aplicado á dirección (I-II)

2

2

-

-

-

-

-

-

4

1

Redución de partituras (I-VI)

-

-

2

2

2

2

2

2

12

1

Coro (I-II)

Música de conxunto

-

-

1

1

-

-

-

-

2

1,5

Conxunto (I-II)

2

2

-

-

-

-

-

-

4

1

Acústica xeral

Tecnoloxía musical

3

-

-

-

-

-

-

-

3

1

Técnicas compositivas (I-II)

Composición e instrumentación

-

-

2,5

2,5

-

-

-

-

5

1

Instrumentación aplicada (I-IV)

-

-

-

-

3

3

3

3

12

2

Análise da música do século XX-XXI (I-II)

-

-

-

-

-

-

3

3

6

1

Disciplinas optativas

Optativa

-

-

-

-

7

9

16

1/2

Total de créditos de disciplinas de formación básica, obrigatorias e optativas

31,5

28,5

30

30

60

50

230

Traballo de fin de estudos

10

10

240 ECTS

* O alumnado cursará, cando menos, un curso de cada unha das dúas opcións (canto ou instrumento da orquestra).

(I.b)

Especialidade: Interpretación

Itinerario: Arpa

ECTS/cuadrimestre

Total de créditos

Total de horas presenciais/semana

1º curso

2º curso

3º curso

4º curso

Disciplina

Materia

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

Disciplinas de formación básica

Formación e adestramento auditivo e vocal (I-II)

Linguaxes e técnica da música

1,5

1,5

-

-

-

-

-

-

3

1,5

Análise (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Harmonía e contrapunto (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Organoloxía

-

-

-

3

-

-

-

-

3

2

Historia da música (I-III)

Cultura, pensamento e historia

3

3

3

-

-

-

-

-

9

2

Música e culturas

-

-

-

-

3

-

-

-

3

2

Introdución á investigación

-

-

-

-

-

3

-

-

3

2

Disciplinas obrigatorias

Pedagoxía e didáctica instrumental

Pedagoxía e didáctica

-

-

-

-

-

-

3

-

3

1

Tecnoloxías para a música (I-III)

Tecnoloxía musical

2

2

2

-

-

-

-

-

6

2

Formación laboral e normativa

Formación laboral

-

-

-

-

-

-

1

-

1

1

Instrumento (I-VIII)

Instrumento ou voz

9

9

9

9

10

10

10

12

78

1,5

Historia dos instrumentos

-

-

-

-

-

3

-

-

3

1

Técnicas de control emocional e corporal

-

-

-

2

-

-

-

-

2

2

Piano aplicado (I-II)

Formación instrumental complementaria

-

-

1,5

1,5

-

-

-

-

3

0,5

Lectura a primeira vista e transposición (I-II)

-

-

-

-

1,5

1,5

-

-

3

1

Afinación e mantemento (I-II)

2

2

-

-

-

-

-

-

4

1

Evolución estilística da interpretación e do repertorio (I-II)

-

-

2

2

-

-

-

-

4

1

Repertorio orquestral (I-VI)

2

2

2

2

2

2

-

-

12

1

Repertorio con instrumento de tecla acompañante (I-IV)

-

-

-

-

1

1

1

1

4

1

Instrumentos afíns (I-II)

-

-

-

-

1,5

1,5

-

-

3

1

Música de cámara (I-VIII)

Música de conxunto

3

3

3

3

3

3

3

3

24

1,5

Orquestra (I-VIII)

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

28

3

Disciplinas optativas

Optativa

-

-

-

-

6

9

15

1/2

Total de créditos de disciplinas de formación básica, obrigatorias e optativas

30

30

30

30

60

50

230

Traballo de fin de estudos

10

10

240 ECTS

(I.C)

Especialidade: Interpretación

Itinerario: Música antiga (Clave)

ECTS/cuadrimestre

Total de créditos

Total de horas presenciais/semana

1º curso

2º curso

3º curso

4º curso

Disciplina

Materia

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

Disciplinas de formación básica

Formación e adestramento auditivo e vocal (I-II)

Linguaxes e técnica da música

1,5

1,5

-

-

-

-

-

-

3

1,5

Análise (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Harmonía e contrapunto (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Organoloxía

-

-

-

3

-

-

-

-

3

2

Historia da música (I-III)

Cultura, pensamento e historia

3

3

3

-

-

-

-

-

9

2

Música e culturas

-

-

-

-

3

-

-

-

3

2

Introdución á investigación

-

-

-

-

-

3

-

-

3

2

Disciplinas obrigatorias

Pedagoxía e didáctica instrumental

Pedagoxía e didáctica

-

-

-

-

-

-

3

-

3

1

Tecnoloxías para a música (I-III)

Tecnoloxía musical

2

2

2

-

-

-

-

-

6

2

Formación laboral e normativa

Formación laboral

-

-

-

-

-

-

1

-

1

1

Instrumento (I-VIII)

Instrumento ou voz

9

9

9

9

10

10

10

12

78

1,5

Historia dos instrumentos

-

-

-

-

-

-

3

-

3

1

Técnicas de control emocional e corporal

-

-

-

2

-

-

-

-

2

2

Fontes históricas (I-II)

Formación instrumental complementaria

2

2

-

-

-

-

-

-

4

1

Afinación e mantemento (I-II)

2

2

-

-

-

-

-

-

4

1

Segundo instrumento (I-II)

-

-

-

-

1,5

1,5

-

-

3

0,5

Lectura a primeira vista e transposición (I-IV)

1,5

1,5

1,5

1,5

-

-

-

-

6

1

Ornamentación (I-IV)

-

-

2

2

2

2

-

-

8

1

Baixo continuo (I-VI)

2

2

2

2

2

2

-

-

12

1,5

Metodoloxía da investigación (I-II)

Cultura, pensamento e historia

-

-

-

-

-

-

2

2

4

1

Conxunto/Música de cámara (I-VIII)

Música de conxunto

3

3

3

3

3

3

3

3

24

1,5

Orquestra (I-VI)

-

-

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

21

1,5

Disciplinas optativas

Optativa

-

-

-

-

10

4

14

1/2

Total de créditos de disciplinas de formación básica, obrigatorias e optativas

30

30

30

30

60

50

230

Traballo de fin de estudos

10

10

240 ECTS

(I.D)

Especialidade: Interpretación

Itinerario: Música antiga (Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e Barroco)

ECTS/cuadrimestre

Total de créditos

Total de horas presenciais/semana

1º curso

2º curso

3º curso

4º curso

Disciplina

Materia

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

Disciplinas de formación básica

Formación e adestramento auditivo e vocal (I-II)

Linguaxes e técnica da música

1,5

1,5

-

-

-

-

-

-

3

1,5

Análise (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Harmonía e contrapunto (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Organoloxía

-

-

-

3

-

-

-

-

3

2

Historia da música (I-III)

Cultura, pensamento e historia

3

3

3

-

-

-

-

-

9

2

Música e culturas

-

-

-

-

3

-

-

-

3

2

Introdución á investigación

-

-

-

-

-

3

-

-

3

2

Disciplinas obrigatorias

Pedagoxía e didáctica instrumental

Pedagoxía e didáctica

-

-

-

-

-

-

3

-

3

1

Tecnoloxías para a música (I-III)

Tecnoloxía musical

2

2

2

-

-

-

-

-

6

2

Formación laboral e normativa

Formación laboral

-

-

-

-

-

-

1

-

1

1

Instrumento (I-VIII)

Instrumento ou voz

9

9

9

9

10

10

10

12

78

1,5

Historia dos instrumentos

-

-

-

-

-

3

-

-

3

1

Técnicas de control emocional e corporal

-

-

-

2

-

-

-

-

2

2

Fontes históricas (I-II)

Formación instrumental complementaria

2

2

-

-

-

-

-

-

4

1

Lectura a primeira vista e transposición (I-II)

-

-

-

-

1,5

1,5

-

-

3

1

Notacións (I-II)

-

-

2

1

-

-

-

-

3

1

Piano aplicado ou segundo instrumento (I-II)

-

-

-

-

1,5

1,5

-

-

3

0,5

Ornamentación (I-II)

-

-

2

2

-

-

-

-

4

1

Baixo continuo (I-VIII)

2

2

2

2

2

2

2

2

16

1,5

Metodoloxía da investigación (I-II)

Cultura, pensamento e historia

-

-

-

-

-

-

2

2

4

1

Conxunto (I-VIII)

Música de conxunto

3

3

3

3

3

3

3

3

24

1,5

Orquestra (I-VIII)

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

28

1,5

Disciplinas optativas

Optativa

-

-

-

-

8

3

11

1/2

Total de créditos de disciplinas de formación básica, obrigatorias e optativas

30

30

30,5

29,5

60

50

230

Traballo de fin de estudos

10

10

240 ECTS

(I.E)

Especialidade: Interpretación

Itinerario: Música antiga (Instrumentos históricos de corda fretada, e Instrumentos históricos de vento)

ECTS/cuadrimestre

Total de créditos

Total de horas presenciais/semana

1º curso

2º curso

3º curso

4º curso

Disciplina

Materia

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

Disciplinas de formación básica

Formación e adestramento auditivo e vocal (I-II)

Linguaxes e técnica da música

1,5

1,5

-

-

-

-

-

-

3

1,5

Análise (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Harmonía e contrapunto (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Organoloxía

-

-

-

3

-

-

-

-

3

2

Historia da música (I-III)

Cultura, pensamento e historia

3

3

3

-

-

-

-

-

9

2

Música e culturas

-

-

-

-

3

-

-

-

3

2

Introdución á investigación

-

-

-

-

-

3

-

-

3

2

Disciplinas obrigatorias

Pedagoxía e didáctica instrumental

Pedagoxía e didáctica

-

-

-

-

-

-

3

-

3

1

Tecnoloxías para a música (I-III)

Tecnoloxía musical

2

2

2

-

-

-

-

-

6

2

Formación laboral e normativa

Formación laboral

-

-

-

-

-

-

1

-

1

1

Instrumento (I-VIII)

Instrumento ou voz

9

9

9

9

10

10

10

12

78

1,5

Historia dos instrumentos

-

-

-

-

-

3

-

-

3

1

Técnicas de control emocional e corporal

-

-

-

2

-

-

-

-

2

2

Fontes históricas (I-II)

Formación instrumental complementaria

2

2

-

-

-

-

-

-

4

1

Notacións

-

-

-

-

2

-

-

-

2

1

Ornamentación (I-II)

-

-

2

2

-

-

-

-

4

1

Lectura a primeira vista e transposición (I-II)

-

-

-

-

1,5

1,5

-

-

3

1

Piano aplicado (I-II)

-

-

-

-

1,5

1,5

-

-

3

0,5

Repertorio con instrumento de tecla acompañante (I-VIII)

1

1

1

1

1

1

1

1

8

1

Afinación e mantemento (I-III)

1

1

1

-

-

-

-

-

3

1

Interpretación histórica (I-II)

-

-

2

2

-

-

-

-

4

1

Metodoloxía da investigación (I-II)

Cultura, pensamento e historia

-

-

-

-

-

-

2

2

4

1

Conxunto (I-VIII)

Música de conxunto

3

3

3

3

3

3

3

3

24

1,5

Orquestra (I VIII)

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

3,5

28

1,5

Disciplinas optativas

Optativa

-

-

-

-

8

5

13

1/2

Total de créditos de disciplinas de formación básica, obrigatorias e optativas

30

30

30,5

29,5

60

50

230

Traballo de fin de estudos

10

10

240 ECTS

(I.F)

Especialidade: Interpretación

Itinerario: Música antiga (Viola de gamba)

ECTS/cuadrimestre

Total de créditos

Total de horas presenciais/semana

1º curso

2º curso

3º curso

4º curso

Disciplina

Materia

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

Disciplinas de formación básica

Formación e adestramento auditivo e vocal (I-II)

Linguaxes e técnica da música

1,5

1,5

-

-

-

-

-

-

3

1,5

Análise (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Harmonía e contrapunto (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Organoloxía

-

-

-

3

-

-

-

-

3

2

Historia da música (I-III)

Cultura, pensamento e historia

3

3

3

-

-

-

-

-

9

2

Música e culturas

-

-

-

-

3

-

-

-

3

2

Introdución á investigación

-

-

-

-

-

3

-

-

3

2

Disciplinas obrigatorias

Pedagoxía e didáctica instrumental

Pedagoxía e didáctica

-

-

-

-

-

-

3

-

3

1

Tecnoloxías para a música (I-III)

Tecnoloxía musical

2

2

2

-

-

-

-

-

6

2

Formación laboral e normativa

Formación laboral

-

-

-

-

-

-

1

-

1

1

Instrumento (I-VIII)

Instrumento ou voz

9

9

9

9

10

10

10

12

78

1,5

Historia dos instrumentos

-

-

-

-

-

3

-

-

3

1

Técnicas de control emocional e corporal

-

-

-

2

-

-

-

-

2

2

Fontes históricas (I-II)

Formación instrumental complementaria

2

2

-

-

-

-

-

-

4

1

Notacións

-

-

-

2

-

-

-

-

2

1

Ornamentación (I-II)

-

-

2

2

-

-

-

-

4

1

Lectura a primeira vista e transposición (I-II)

-

-

-

-

1,5

1,5

-

-

3

1

Piano aplicado (I-II)

-

-

-

-

1,5

1,5

-

-

3

0,5

Repertorio con instrumento de tecla acompañante (I-VII)

-

1

1

1

1

1

1

1

7

1

Metodoloxía da investigación (I-II)

Cultura, pensamento e historia

-

-

-

-

-

-

2

2

4

1

Baixo continuo (I-IV)

Música de conxunto

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Música de cámara

3

3

3

3

-

-

-

-

12

1,5

Conxunto (I-VIII)

3

3

3

3

3

3

3

3

24

1,5

Orquestra (I-IV)

-

-

-

-

3,5

3,5

3,5

3,5

14

1,5

Disciplinas optativas

Optativa

-

-

-

-

10

5

15

1/2

Total de créditos de disciplinas de formación básica, obrigatorias e optativas

29,5

30,5

29

31

60

50

230

Traballo de fin de estudos

10

10

240 ECTS

(I.G)

Especialidade: Interpretación

Itinerario: Música moderna

ECTS/cuadrimestre

Total de créditos

Total de horas presenciais/semana

1º curso

2º curso

3º curso

4º curso

Disciplina

Materia

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

Disciplinas de formación básica

Formación e adestramento auditivo e vocal (I-II)

Linguaxes e técnica da música

1,5

1,5

-

-

-

-

-

-

3

1,5

Análise aplicada á música moderna (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Harmonía e contrapunto aplicados á música moderna (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Organoloxía

-

-

-

3

-

-

-

-

3

2

Historia da música (I-III)

Cultura, pensamento e historia

3

3

3

-

-

-

-

-

9

2

Música e culturas

-

-

-

-

3

-

-

-

3

2

Introdución á investigación

-

-

-

-

-

3

-

-

3

2

Disciplinas obrigatorias

Pedagoxía e didáctica instrumental

Pedagoxía e didáctica

-

-

-

-

-

-

3

-

3

1

Tecnoloxías para a música (I-III)

Tecnoloxía musical

2

2

2

-

-

-

-

-

6

2

Formación laboral e normativa

Formación laboral

-

-

-

-

-

-

1

-

1

1

Instrumento (I-VIII)

Instrumento ou voz

9

9

9

9

10

10

10

12

78

1,5

Historia dos instrumentos

-

-

-

-

-

3

-

-

3

1

Técnicas de control emocional e corporal

-

-

-

2

-

-

-

-

2

2

Ritmo e lectura (I-IV)

Linguaxes e técnicas da música

1,5

1,5

1,5

1,5

-

-

-

-

6

1

Tecnoloxías aplicadas á gravación e produción (I-VIII)

Formación instrumental complementaria

3

3

3

3

3

3

3

3

24

1,5

Técnica vocal aplicada (I-VI)

-

-

1,5

1,5

1,5

1,5

1,5

1,5

9

1

Piano aplicado ou segundo instrumento (I-IV)

-

-

-

-

1,5

1,5

1,5

1,5

6

0,5

Instrumentos afíns (I-IV)

3

3

3

3

-

-

-

-

12

1,5

Conxunto (I-VIII)

Música de conxunto

3

3

3

3

3

3

3

3

24

Disciplinas optativas

Optativa

-

-

-

-

13

6

19

1/2

Total de créditos de disciplinas de formación básica, obrigatorias e optativas

30

30

30

30

60

50

230

Traballo de fin de estudos

10

10

240 ECTS

(I.H)

Especialidade: Produción e xestión

ECTS/cuadrimestre

Total de créditos

Total de horas presenciais/semana

1º curso

2º curso

3º curso

4º curso

Disciplina

Materia

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

cuad.

Disciplinas de formación básica

Formación e adestramento auditivo e vocal (I-II)

Linguaxes e técnica da música

1,5

1,5

-

-

-

-

-

-

3

1,5

Análise (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Harmonía e contrapunto (I-IV)

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Organoloxía

-

-

-

3

-

-

-

-

3

2

Historia da música (I-III)

Cultura, pensamento e historia

3

3

3

-

-

-

-

-

9

2

Música e culturas

-

-

-

-

3

-

-

-

3

2

Introdución á investigación

-

-

-

-

-

3

-

-

3

2

Disciplinas obrigatorias

Planificación e deseño de proxectos culturais (I-IV)

Produción

3

3

3

3

-

-

-

-

12

1,5

Produción aplicada á industria musical (I-IV)

-

-

3

3

3

3

-

-

12

1

Patrimonio musical

-

-

-

-

-

-

-

3

3

1

Socioloxía da música

Comunicación, promoción e representación

6

-

-

-

-

-

-

-

6

4

Técnicas de mercado (I-VII)

-

2

2

2

2

2

2

2

14

1,5

Crítica musical (I-II)

-

-

-

-

3

3

-

-

6

1

Inglés ou francés aplicado (I-II)

2

2

-

-

-

-

-

-

4

1

Alemán ou italiano aplicado (I-II)

-

-

2

2

-

-

-

-

4

1

Canto ou Instrumento principal (I-IV)

Formación instrumental complementaria

6

6

6

6

-

-

-

-

24

1

Piano aplicado ou segundo instrumento (I-IV)

1,5

1,5

1,5

1,5

-

-

-

-

6

0,5

Coro (I-IV)

Música de conxunto

-

-

1

1

1

1

-

-

4

1,5

Conxunto (I-II)

-

-

2,5

2,5

-

-

-

-

5

1,5

Tecnoloxías aplicadas á produción e difusión (I-IV)

Tecnoloxía musical

2

2

2

2

-

-

-

-

8

1,5

Técnicas de gravación e posprodución (I-IV)

-

-

-

-

2

2

2

2

8

1,5

Acústica xeral

3

-

-

-

-

-

-

-

3

1

Acústica aplicada á produción e xestión

-

3

-

-

-

-

-

-

3

1

Dereito aplicado e propiedade intelectual (I-IV)

Lexislación

-

-

-

-

2

2

2

2

8

1

Formación, creación e dirección de empresas (I-IV)

Xestión económica

-

-

-

-

2

2

2

2

8

1

Contabilidade e xestión orzamentaria (I-III)

-

-

-

-

2

2

2

-

6

1

Relacións empresariais e institucionais (I-IV)

-

-

-

-

2

2

2

2

8

1

Prácticas de produción escénica (I-II)

Prácticas

-

-

-

-

10

10

20

-

Prácticas de xestión de empresas

-

-

-

-

-

8

8

-

Disciplinas optativas

Optativa

-

-

-

-

6

7

13

1/2

Total de créditos de disciplinas de formación básica, obrigatorias e optativas

32

28

30

30

60

50

230

Traballo de fin de estudos

10

10

240 ECTS

ANEXO II
Competencias, perfís profesionais e criterios de avaliación
dos títulos superiores de Música

Competencias transversais do/da titulado/a superior de Música

T1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T5. Comprender e utilizar, polo menos, unha lingua estranxeira no ámbito do seu desenvolvemento profesional.

T6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.

T7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

T8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.

T10. Liderar e xestionar grupos de traballo.

T11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.

T12. Adaptarse, en condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.

T13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

T14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

T15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

T16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.

T17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.

Competencias xerais do/da titulado/a superior de Música

X1. Coñecer os principios teóricos da música e ter desenvolvido adecuadamente aptitudes para o recoñecemento, a comprensión e a memorización do material musical.

X2. Mostrar aptitudes adecuadas para a lectura, improvisación, creación e recreación musical.

X3. Producir e interpretar correctamente a notación gráfica de textos musicais.

X4. Recoñecer materiais musicais grazas ao desenvolvemento da capacidade auditiva e saber aplicar esta capacidade á súa práctica profesional.

X5. Coñecer os recursos tecnolóxicos propios do seu campo de actividade e as súas aplicacións na música preparándose para asimilar as novidades que se produzan nel.

X6. Dominar un ou máis instrumentos musicais nun nivel adecuado ao seu campo principal de actividade.

X7. Demostrar capacidade para interactuar musicalmente en diferentes tipos de proxectos musicais participativos.

X8. Aplicar os métodos de traballo máis apropiados para superar os retos que se lle presenten no terreo do estudo persoal e na práctica musical colectiva.

X9. Coñecer as características propias do seu instrumento principal, en relación coa súa construción e acústica, evolución histórica e influencias mutuas con outras disciplinas.

X10. Argumentar e expresar verbalmente os seus puntos de vista sobre conceptos musicais diversos.

X11. Estar familiarizado/a cun repertorio amplo e actualizado, centrado na súa especialidade pero aberto a outras tradicións. Recoñecer os trazos estilísticos que caracterizan o dito repertorio e poder describilos de forma clara e completa.

X12. Acreditar un coñecemento suficiente do feito musical e a súa relación coa evolución dos valores estéticos, artísticos e culturais.

X13. Coñecer os fundamentos e a estrutura da linguaxe musical e saber aplicalos na práctica interpretativa, creativa, de investigación ou pedagóxica.

X14. Coñecer o desenvolvemento histórico da música nas súas diferentes tradicións, desde unha perspectiva crítica que sitúe o desenvolvemento da arte musical nun contexto social e cultural.

X15. Ter un amplo coñecemento das obras máis representativas da literatura histórica e analítica da música.

X16. Coñecer o contexto social, cultural e económico en que se desenvolve a práctica musical, con especial atención ao seu contorno máis inmediato pero con atención á súa dimensión global.

X17. Estar familiarizado/a cos diferentes estilos e prácticas musicais que lle permitan entender, nun contexto cultural máis amplo, o seu propio campo de actividade e enriquecelo.

X18. Comunicar de forma escrita e verbal o contido e os obxectivos da súa actividade profesional a persoas especializadas, cun uso adecuado do vocabulario técnico e xeral.

X19. Coñecer as implicacións pedagóxicas e educativas da música en distintos niveis.

X20. Coñecer a clasificación, características acústicas, históricas e antropolóxicas dos instrumentos musicais.

X21. Crear e dar forma aos seus propios conceptos artísticos tras desenvolver a capacidade de expresarse a través deles a partir de técnicas e recursos asimilados.

X22. Dispoñer de recursos musicais amplos e diversos para poder crear ou adaptar pezas musicais, así como improvisar en distintos contextos a partir do coñecemento de estilos, formatos, técnicas, tendencias e linguaxes diversas.

X23. Valorar a creación musical como a acción de dar forma sonora a un pensamento estrutural rico e complexo.

X24. Desenvolver capacidades para a autoformación ao longo da súa vida profesional.

X25. Coñecer e ser capaz de utilizar metodoloxías de estudo e investigación que o capaciten para o continuo desenvolvemento e innovación da súa actividade musical ao longo da súa carreira.

X26. Ser capaz de vincular a propia actividade musical a outras disciplinas do pensamento científico e humanístico, ás artes en xeral e ao resto das disciplinas musicais en particular, enriquecendo o exercicio da súa profesión cunha dimensión multidisciplinar.

X27. Coñecer e aplicar a lexislación relativa ao seu ámbito profesional.

Competencias específicas do/da titulado/a superior de Música
na especialidade de Dirección

ED1. Dominar as técnicas de dirección que lle permitan desenvolver un sentido persoal da interpretación, fundamentado nun coñecemento crítico da tradición.

ED2. Coñecer a estrutura das obras dos diferentes repertorios da tradición occidental e doutras músicas, con capacidade para valorar os seus aspectos sintácticos e sonoros.

ED3. Desenvolver habilidades auditivas que lle permitan recoñecer, memorizar e reproducir unha ampla variedade de materiais musicais.

ED4. Comprender analiticamente a creación, notación e interpretación das obras musicais desde unha concepción global.

ED5. Dominar as técnicas básicas de composición.

ED6. Coñecer as aplicacións tecnolóxicas na notación, gravación, edición e interpretación musicais.

ED7. Coñecer os fundamentos de acústica musical, as características acústicas dos instrumentos, as súas posibilidades técnicas, sonoras e expresivas, así como as súas posibles combinacións.

ED8. Coñecer as tendencias máis recentes da creación musical, con capacidade para valoralas afondando nas súas notacións e implicacións interpretativas.

ED9. Desenvolver a capacidade de comunicación e entendemento cos/coas demais músicos/as desde a especial responsabilidade e liderado que implica a profesión de director/a.

ED10. Transmitir verbalmente pensamentos musicais ben estruturados, concretos e globais, de carácter teórico, analítico, estético e crítico.

ED11. Adquirir unha personalidade artística singular e flexible que permita adaptarse a contornos e retos musicais múltiples.

ED12. Coñecer as implicacións escénicas que implica a súa actividade profesional e ser capaz de desenvolver as súas aplicacións prácticas no seu ámbito de traballo.

Competencias específicas do/da titulado/a superior de Música
na especialidade de Interpretación

EI1. Interpretar o repertorio significativo da súa especialidade tratando de xeito adecuado os aspectos que o identifican na súa diversidade estilística.

EI2. Construír unha idea interpretativa coherente e propia.

EI3. Demostrar capacidade para interactuar musicalmente en todo tipo de proxectos musicais participativos, desde o dúo ata os grandes conxuntos.

EI4. Expresarse musicalmente co seu instrumento/voz de xeito fundamentado no coñecemento e dominio na técnica instrumental e corporal, así como nas características acústicas, organolóxicas e nas variantes estilísticas.

EI5. Comunicar, como intérprete, as estruturas, ideas e materiais musicais con rigor.

EI6. Argumentar e expresar verbalmente os seus puntos de vista sobre a interpretación, así como responder ao reto que supón facilitar a comprensión da obra musical.

EI7. Desenvolver aptitudes para a lectura e improvisación sobre o material musical.

EI8. Asumir adecuadamente as diferentes funcións subordinadas, participativas ou de liderado que se poden dar nun proxecto musical colectivo.

EI9. Coñecer os procesos e recursos propios do traballo orquestral e doutros conxuntos dominando adecuadamente a lectura a primeira vista, mostrando flexibilidade ante as indicacións do/a director/a e capacidade de integración no grupo.

EI10. Coñecer as implicacións escénicas que leva a súa actividade profesional e ser capaz de desenvolver as súas aplicacións prácticas.

Competencias específicas do/da titulado/a superior de Música
na especialidade de Produción e Xestión

EPX1. Coñecer profundamente a lexislación vixente, nacional e internacional, en materias artísticas, de espectáculos e de dereitos de autor/a.

EPX2. Coñecer as características estruturais dos espazos culturais, cunha especial atención á acústica de salas e a loxística de grupos musicais de distintos formatos.

EPX3. Dominar a informática musical, a ofimática e as redes de comunicación.

EPX4. Familiarizarse coas técnicas de gravación, reprodución e difusión de documentos sonoros en distintos formatos, incluídos os derivados das novas tecnoloxías e dos sistemas multimedia.

EPX5. Dominar un ou máis instrumentos nun nivel adecuado ao seu posible campo de especialización e familiarizarse coa práctica de música en conxunto, tanto nos seus aspectos artísticos como organizativos.

EPX6. Coñecer profundamente o repertorio histórico e máis recente de diversas prácticas e estilos musicais, cunha especial atención ás tendencias máis recentes no campo da creación e a interpretación.

EPX7. Familiarizarse coa literatura histórica, musicolóxica e crítica vinculada a diversos xéneros e estilos musicais.

EPX8. Coñecer a economía, xestión, contabilidade, estratexias de mercado e recursos humanos.

Perfís profesionais dos títulos superiores de Música

Perfil profesional do/da titulado/a superior de Música
na especialidade de Dirección

O/a titulado/a superior en Dirección debe ser un/unha profesional cualificado/a para dirixir coros, orquestras e outros grupos instrumentais ou mixtos. Debe coñecer un amplo repertorio vocal e instrumental e estar capacitado/a para dirixir obras de estilos, linguaxes, períodos e tendencias diversas. Debe ter profundos coñecementos da técnica vocal e instrumental, así como das características de cada instrumento ou grupo instrumental ou vocal. Deberá demostrar habilidades de lectura musical, recoñecemento auditivo e redución de partituras. Estará capacitado/a para o traballo en equipo con capacidade de liderado e comunicación.

Deberá ter un coñecemento amplo das posibilidades que brinda a tecnoloxía. Deberá coñecer a tradición interpretativa dos xéneros propios do seu campo de actividade, con capacidade para valorar criticamente e contribuír á súa evolución.

Deberá estar formado/a para o exercicio da análise e do pensamento musical, así como para transmitilo de forma oral ou escrita, e dispoñer dunha sólida formación metodolóxica e humanística que o/a axude na tarefa de investigación afín ao exercicio da súa profesión.

Perfil profesional do/da titulado/a superior de Música
na especialidade de Interpretación

O/a titulado/a superior en Interpretación deberá ser un/unha profesional cualificado/a cun dominio completo das técnicas de interpretación do instrumento e o seu repertorio e, de ser o caso, de instrumentos complementarios.

Deberá estar preparado/a para exercer un labor interpretativo de alto nivel de acordo coas características da súa modalidade e especialización, tanto no papel de solista como formando parte dun conxunto, así como, de ser o caso, na súa condición de intérprete acompañante de música e de danza. Deberá coñecer as características técnicas e acústicas do seu instrumento, afondando no seu desenvolvemento histórico.

Deberá ter formación para o exercicio da análise e do pensamento musical, e dispoñer dunha sólida formación metodolóxica e humanística que o/a axude na tarefa de investigación afín ao exercicio da súa profesión.

Perfil profesional do/da titulado/a superior de Música
na especialidade de Produción e Xestión

O/a titulado/a superior en Produción e Xestión debe ser un/unha profesional especificamente cualificado/a na planificación e xestión de proxectos relacionados coa música, nalgunhas das súas posibles fases como a creación, a realización, a gravación, a exhibición pública ou a distribución, entre outras. Deberá coñecer amplamente o mundo da música e os seus distintos ámbitos de desenvolvemento profesional, así como estar capacitado/a para o traballo en equipo e para desenvolverse nos distintos campos de acción, como a economía, a comunicación, a organización humana e de recursos materiais, a xestión loxística e a planificación estratéxica.

Criterios de avaliación dos títulos superiores de Música

Criterios de avaliación comúns ás titulacións das ensinanzas artísticas superiores

1. Afacerse a condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.

2. Amosar condutas de liderado responsable na xestión de grupos de traballo.

3. Amosar unha actitude autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.

4. Amosar unha actitude de responsabilidade no uso dos medios e recursos ao seu alcance en relación co patrimonio cultural e ambiental.

5. Apreciar a importancia da sensibilización social respecto do valor do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.

6. Apreciar a sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.

7. Colaborar de modo integrado en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.

8. Comprender e usar, polo menos, unha lingua estranxeira no ámbito do seu desenvolvemento profesional.

9. Esforzarse no traballo autónomo.

10. Formular razoada e criticamente ideas e argumentos.

11. Localizar e compilar información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

12. Manexar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

13. Manexar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

14. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

15. Preocuparse por buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

16. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

17. Usar as habilidades comunicativas e amosar unha actitude crítica construtiva no traballo en equipo.

18. Valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

Criterios de avaliación xerais do/da titulado/a superior de Música

1. Amosar unha actitude aberta e positiva respecto das novidades tecnolóxicas máis recentes.

2. Aplicar a capacidade de recoñecemento auditivo do material musical á práctica profesional.

3. Colaborar musicalmente en diferentes tipos de proxectos musicais participativos.

4. Coñecer a clasificación, características acústicas, históricas e antropolóxicas dos instrumentos musicais.

5. Coñecer as características propias do seu instrumento principal, en relación á súa construción e acústica, evolución histórica e influencias mutuas con outras disciplinas.

6. Coñecer as implicacións pedagóxicas e educativas da música en distintos niveis.

7. Coñecer e aplicar a lexislación relativa ao seu ámbito profesional.

8. Coñecer e usar metodoloxías de estudo e investigación que o/a capaciten para o continuo desenvolvemento e innovación da súa actividade musical ao longo da súa carreira.

9. Coñecer o contexto social, cultural e económico en que se desenvolve a práctica musical, con especial atención ao seu contorno máis inmediato pero con atención á súa dimensión global.

10. Coñecer o desenvolvemento histórico da música nas súas diferentes tradicións, desde unha perspectiva crítica que sitúe o desenvolvemento da arte musical nun contexto social e cultural.

11. Coñecer os diferentes estilos e prácticas musicais de cara a entender, nun contexto cultural máis amplo, o propio campo de actividade e enriquecelo.

12. Coñecer os fundamentos e a estrutura da linguaxe musical e saber aplicalos na práctica interpretativa, creativa, de investigación ou pedagóxica.

13. Coñecer os recursos tecnolóxicos propios do seu campo de actividade e as súas aplicacións na música.

14. Coñecer suficientemente o feito musical e a súa relación coa evolución dos valores estéticos, artísticos e culturais.

15. Crear e deseñar os propios conceptos artísticos.

16. Experimentar coa improvisación, a creación e a recreación musical.

17. Expoñer de forma escrita e verbal o contido e os obxectivos da súa actividade profesional a persoas especializadas, cun uso adecuado do vocabulario técnico e xeral.

18. Expoñer e debater verbalmente os seus puntos de vista sobre conceptos musicais diversos.

19. Expresarse a través dos propios conceptos artísticos a partir de técnicas e recursos asimilados.

20. Identificar e analizar un repertorio amplo e actualizado, centrado na súa especialidade pero aberto a outras tradicións.

21. Identificar e describir os principios teóricos da música.

22. Identificar os trazos estilísticos que caracterizan o repertorio centrado na súa especialidade e describilos de forma clara e completa.

23. Identificar, describir e analizar un conxunto suficiente das obras máis representativas da literatura histórica e analítica da música.

24. Improvisar en distintos contextos a partir do coñecemento de estilos, formatos, técnicas, tendencias e linguaxes diversos.

25. Ler, interpretar e producir correctamente a notación gráfica de textos musicais.

26. Manexar os métodos de traballo máis apropiados para superar os retos que se lle presenten no terreo do estudo persoal e na práctica musical colectiva.

27. Manexar recursos musicais amplos e diversos para poder crear ou adaptar pezas musicais.

28. Recoñecer e comprender o material musical facilitando a súa memorización.

29. Recoñecer materiais musicais grazas ao desenvolvemento da capacidade auditiva.

30. Relacionar a propia actividade musical con outras disciplinas do pensamento científico e humanístico, coas artes en xeral e co resto de disciplinas musicais en particular, enriquecendo o exercicio da súa profesión cunha dimensión multidisciplinar.

31. Utilizar un ou máis instrumentos musicais nun nivel adecuado ao seu campo principal de actividade.

32. Valorar a autoformación como un recurso de mellora ao longo da súa vida profesional.

33. Valorar a creación musical como a acción de dar forma sonora a un pensamento estrutural rico e complexo.

Criterios de avaliación específicos do/da titulado/a superior de Música
na especialidade de Dirección

1. Amosar un dominio das técnicas de dirección que lle permitan desenvolver un sentido persoal da interpretación, fundamentado nun coñecemento crítico da tradición.

2. Coñecer a estrutura das obras dos diferentes repertorios da tradición occidental e doutras músicas, con capacidade para valorar e transmitir os seus aspectos expresivos, sintácticos e sonoros.

3. Comprender auditiva e intelectualmente distintos tipos de estruturas musicais e sonoras que lle permitan recoñecer, memorizar e reproducir unha ampla variedade de materiais musicais.

4. Comprender analiticamente a creación, notación e interpretación das obras musicais desde unha concepción global.

5. Dominar as técnicas básicas de composición.

6. Comprender e utilizar metodoloxías para a investigación e experimentación musical.

7. Dispoñer dunha personalidade artística singular e flexible que lle permita adaptarse a contextos e retos musicais múltiples, desde a construción dunha idea interpretativa coherente e propia.

8. Coñecer e utilizar as técnicas necesarias na notación, gravación, edición e interpretación musicais.

9. Coñecer os fundamentos de acústica musical, as características acústicas dos instrumentos, as súas posibilidades técnicas, sonoras e expresivas, así como as súas posibles combinacións.

10. Utilizar e comprender as técnicas e recursos das tendencias máis recentes da creación musical, con capacidade para valoralas afondando nas súas notacións e implicacións interpretativas.

11. Amosar capacidade de comunicación e entendemento cos/coas demais músicos/as desde a especial responsabilidade e liderado que implica a profesión de director/a.

12. Argumentar e expresar verbalmente pensamentos musicais ben estruturados, concretos e globais, de carácter teórico, analítico, estético e crítico.

13. Coñecer as implicacións escénicas que implica a súa actividade profesional e ser capaz de desenvolver as súas aplicacións prácticas.

Criterios de avaliación específicos do/da titulado/a superior de Música
na especialidade de Interpretación

1. Aceptar e respectar as diferentes funcións subordinadas, participativas ou de liderado que se poden dar nun proxecto musical colectivo.

2. Comunicar, como intérprete, as estruturas, ideas e materiais musicais con rigor.

3. Coñecer as implicacións escénicas que leva a súa actividade profesional e ser capaz de desenvolver as súas aplicacións prácticas.

4. Coñecer os procesos e recursos propios do traballo orquestral e doutros conxuntos dominando adecuadamente a lectura a primeira vista, mostrando flexibilidade ante as indicacións do/da director/a e capacidade de integración no grupo.

5. Construír unha idea interpretativa coherente e propia.

6. Debater e explicar verbalmente os seus puntos de vista sobre a interpretación, así como responder ao reto que supón facilitar a comprensión da obra musical.

7. Dominar a lectura e improvisación sobre o material musical.

8. Interactuar musicalmente de xeito coherente e eficaz en todo tipo de proxectos musicais participativos, desde o dúo ata os grandes conxuntos.

9. Interpretar o repertorio significativo da súa especialidade tratando de xeito adecuado os aspectos que o identifican na súa diversidade estilística.

10. Manexar o instrumento/voz de xeito que se poida expresar musicalmente, partindo do coñecemento e dominio da técnica instrumental e corporal, así como das características acústicas, organolóxicas e das variantes estilísticas.

Criterios de avaliación específicos do/da titulado/a superior de Música
na especialidade de Produción e Xestión

1. Coñecer profundamente a lexislación vixente, nacional e internacional, en materias artísticas, de espectáculos e de dereitos de autor/a.

2. Coñecer os fundamentos de acústica musical, as características acústicas dos instrumentos, así como as particularidades acústicas relacionadas coas características estruturais dos espazos culturais, cunha especial atención á acústica de salas e a loxística de grupos musicais de diferentes formatos, as súas posibilidades técnicas, sonoras e expresivas, así como as súas posibles combinacións.

3. Dominar a informática musical, a ofimática e as redes de comunicación.

4. Amosar coñecemento e desenvolvemento en diferentes idiomas relacionados coa práctica musical e escénica, facilitando as relacións de xestión e/ou representación de diferentes formacións musicais.

5. Coñecer e aplicar as novas tecnoloxías necesarias na gravación, reprodución e difusión de documentos sonoros de diferentes formatos, incluíndo as colaboracións con outros campos artísticos.

6. Dominar un ou máis instrumentos nun nivel adecuado ao seu campo de especialización, interactuando musicalmente de xeito coherente e eficaz en diversos proxectos musicais participativos.

7. Coñecer a estrutura das obras dos diferentes repertorios da tradición occidental e doutras músicas, así como as técnicas e recursos das tendencias máis recentes da creación musical, con capacidade para valoralas afondando nas súas notacións e implicacións interpretativas.

8. Comprender e relacionar as condicións artísticas, históricas e sociais en que se desenvolveu a creación musical e a práctica interpretativa.

9. Amosar capacidade para o traballo en equipo e desenvolverse en distintos campos de acción, como a economía, a comunicación e a organización de recursos humanos e materiais, a xestión loxística e a planificación estratéxica.

10. Argumentar e expresar verbalmente proxectos musicais ben estruturados, concretos e globais, de carácter teórico, analítico, estético e crítico.

11. Coñecer as implicacións escénicas que implica a actividade profesional e ser capaz de desenvolver as súas aplicacións prácticas.

ANEXO III
Descritores de disciplinas e competencias

Disciplina

Acústica xeral

Especialidade/Itinerario

Dirección

Produción e Xestión

Descritor

Fundamentos de acústica aplicada á música e emprego de ferramentas propias do audio dixital (de xeración, manipulación e procesamento do son) de cara a unha mellor comprensión dos conceptos acústicos e do funcionamento dos instrumentos musicais.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T16

Xerais

X5, X8, X9, X20, X22, X24

Específicas Dirección

ED7

Específicas Produción e Xestión

EPX2

Disciplina

Acústica aplicada á produción e xestión

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Fundamentos de acústica aplicada á música (acústica física, psicoacústica e acústica de salas) e emprego de ferramentas propias do audio dixital para a comprensión do fenómeno acústico. Fundamentos de acústica aplicada á música e emprego de ferramentas propias para a edición, gravación, análise e procesamento sonoro.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T4, T16

Xerais

X5, X8, X9, X20, X24

Específicas Produción e Xestión

EPX2, EPX3, EPX4

Disciplina

Afinación e mantemento (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave)

Descritor

Coñecemento básico da construción, mantemento, comportamento acústico e características do instrumento.

Principios básicos de afinación. Recursos e hábitos que axuden a manter o instrumento correctamente afinado. Consecución de hábitos para manter en perfecto estado os mecanismos do instrumento. Ser quen de identificar as posibles causas de problemas mecánicos, así como ter recursos suficientes para solucionar pequenos desaxustes que non precisen a intervención dun/dunha especialista.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2,T3, T4, T6, T7, T8, T9, T10, T13, T14, T15, T16

Xerais

X4, X8, X9, X10, X20, X24, X25

Específicas

EI4

Disciplina

Afinación e mantemento (I-III)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (IHC, IHV)

Descritor

Coñecemento básico da construción, mantemento, comportamento acústico e características do instrumento.

Principios básicos de afinación. Recursos e hábitos que axuden a manter o instrumento correctamente afinado. Consecución de hábitos para manter en perfecto estado os mecanismos do instrumento. Ser quen de identificar as posibles causas de problemas mecánicos, así como ter recursos suficientes para solucionar pequenos desaxustes que non precisen a intervención dun/dunha especialista.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2,T3, T4, T6, T7, T8, T9, T10, T13, T14, T15, T16

Xerais

X4, X8, X9, X10, X20, X24, X25

Específicas

EI4

Disciplina

Alemán ou italiano aplicado

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Adquisición dos coñecementos gramaticais básicos dunha lingua estranxeira (alemán ou italiano) que permita a comprensión do idioma e facilite, así mesmo, a comunicación na promoción e comercialización de artistas e nas técnicas de venda.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T4, T5, T6, T9, T12, T13

Xerais

X8, X16, X18, X21, X24, X26

Específicas

EPX1

Disciplina

Análise (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Produción e Xestión

Descritor

Estudo da obra musical a partir dos seus materiais construtivos e dos diferentes criterios que interveñen na súa comprensión e valoración. Coñecemento dos diferentes métodos analíticos e a súa interrelación con outras disciplinas. Fundamentos estéticos e estilísticos dos principais compositores/as, escolas e tendencias da creación musical.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T4, T7, T8, T10

Xerais

X1, X3, X10, X11, X12, X13, X15, X17

Específicas Interpretación

EI1, EI5

Específicas Produción e Xestión

EPX3, EPX6, EPX7

Disciplina

Análise aplicada á dirección (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Estudo da obra musical a partir dos seus materiais construtivos e dos diferentes criterios que interveñen na súa comprensión e valoración. Consecución de ferramentas destinadas á súa aplicación na práctica da dirección. Coñecemento dos diferentes métodos analíticos e a súa interrelación con outras disciplinas. Estudo do repertorio musical de obras do repertorio vocal e/ou instrumental e do seu contexto: principais compositores/as, escolas e tendencias da creación musical.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T8

Xerais

X1, X3, X4, X8, X10, X11, X12, X13, X15, X17, X22

Específicas

ED2, ED3, ED4, ED10

Disciplina

Análise aplicada á música moderna (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música moderna

Descritor

Estudo dos diversos repertorios afíns á especialidade a partir dos seus materiais construtivos e dos diferentes criterios que interveñen na súa comprensión e valoración. Consecución de ferramentas destinadas á súa aplicación na práctica interpretativa. Coñecemento dos diferentes métodos analíticos e a súa interrelación con outras disciplinas. Estudo do repertorio musical no eido do pop, rock, folk, electrónica, etc., e do seu contexto. Aplicación da análise de cara á composición de música nestes estilos.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T8

Xerais

X1, X3, X4, X5, X8, X10, X11, X12, X13, X15, X17, X22

Específicas

EI5, EI6

Disciplina

Análise da música do século XX/XXI (I-II)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Estudo e análise das obras musicais do século XX ata a actualidade, centrándose especialmente no repertorio para grandes formacións, atendendo aos seus materiais construtivos, estilísticos e dos diferentes criterios que interveñen na súa comprensión e valoración. Principais compositores/as, escolas e tendencias de creación musical. Novas grafías.

A obra para coro, banda e orquestra dos/das compositores/as galegos/as do século XX ata a actualidade. Estudo e análise das súas obras máis representativas. Características principais.

Desenvolvemento de proxectos de interpretación deste repertorio.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T8

Xerais

X1, X4, X10, X11, X12, X13, X15, X16, X17, X23

Específicas

ED2, ED4, ED8, ED10

Disciplina

Baixo continuo (I-VIII)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (ICP)

Descritor

Realización do baixo continuo de diferentes épocas e autores/as. Coñecemento e emprego dos distintos sistemas de cifraxe e técnicas de acompañamento e ornamentación empregadas. Realización de liñas de baixo continuo seguindo os diferentes criterios estilísticos e estéticos. Tratados da época.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T6, T7, T8, T9, T10, T14, T15, T16

Xerais

X1, X2, X3, X6, X8, X10, X11, X12, X13, X15, X21, X22

Específicas

EI1, EI2, EI3, EI4, EI5, EI6, EI7, EI8, EI9

Disciplina

Baixo continuo (I-VI)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Clave)

Descritor

Realización do baixo continuo de diferentes épocas e autores/as. Coñecemento e emprego dos distintos sistemas de cifraxe e técnicas de acompañamento e ornamentación empregadas. Realización de liñas de baixo continuo seguindo os diferentes criterios estilísticos e estéticos. Tratados da época.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T6, T7, T8, T9, T10, T14, T15, T16

Xerais

X1, X2, X3, X6, X8, X10, X11, X12, X13, X15, X21, X22

Específicas

EI1, EI2, EI3, EI4, EI5, EI6, EI7, EI8, EI9

Disciplina

Baixo continuo (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Viola de gamba)

Descritor

Realización do baixo continuo de diferentes épocas e autores/as. Coñecemento e emprego dos distintos sistemas de cifraxe e técnicas de acompañamento e ornamentación empregadas. Realización de liñas de baixo continuo seguindo os diferentes criterios estilísticos e estéticos. Tratados da época.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T6, T7, T8, T9, T10, T14, T15, T16

Xerais

X1, X2, X3, X6, X8, X10, X11, X12, X13, X15, X21, X22

Específicas

EI1, EI2, EI3, EI4, EI5, EI6, EI7, EI8, EI9

Disciplina

Canto ou instrumento aplicado á dirección (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Desenvolvemento das capacidades artísticas, expresivas e técnicas no instrumento propio, ou voz, e coñecemento dos diferentes criterios interpretativos. Aplicación técnica no coñecemento das diferentes seccións da orquestra/coro.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T15

Xerais

X1, X2, X3, X6, X8, X10, X11, X13, X21, X24

Específicas

ED2, ED4, ED11

Disciplina

Canto ou instrumento principal (I-VI)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Desenvolvemento das capacidades artísticas, expresivas e técnicas no instrumento ou voz e coñecemento dos diferentes criterios interpretativos.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T6, T15

Xerais

X1, X3, X6, X11, X21, X24

Específicas

EPX5, EPX6, EPX7

Disciplina

Contabilidade e xestión orzamentaria

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

O plan contable. Aplicación da contabilidade analítica, discriminación dos instrumentos de financiamento e ordenación de balances e contas, resultados, xestión de plans de tesouraría, cálculo de desviacións, compatibilidade analítica e instrumentos de financiamento.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T8, T9, T16, T17

Xerais

X10, X16, X18, X24, X27

Específicas

EPX1, EPX8

Disciplina

Conxunto (I-II)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Práctica da interpretación musical en grupo co instrumento principal, en diferentes formacións. Interpretación de obras de diversos estilos. Desenvolvemento de hábitos e técnicas de ensaio con e sen director/a. Cooperación no establecemento de criterios interpretativos. Capacidade de compenetración co resto dos integrantes. Práctica da lectura a primeira vista. Flexibilidade de resposta ás indicacións do/da director/a ou líder. Concepción e desenvolvemento de proxectos musicais colectivos. Importancia do traballo colectivo.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T7

Xerais

X2, X3, X7, X8, X12

Específicas

ED1, ED2, ED3, ED4, ED10, ED11

Disciplina

Conxunto (I-VIII)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Descritor

Práctica da interpretación musical en grupo en diferentes formacións e repertorios. Coñecemento e interpretación de obras do repertorio de conxunto, en diversas formacións. Desenvolvemento de hábitos e técnicas de ensaio con e sen director/a. Cooperación no establecemento de criterios interpretativos. Capacidade de compenetración co resto dos integrantes. Práctica da lectura a primeira vista. Flexibilidade de resposta ás indicacións do/da director/a ou líder. Concepción e desenvolvemento de proxectos musicais colectivos.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T7, T8, T9, T10

Xerais

X1, X2, X3, X7, X8, X10, X11, X12, X17

Específicas

EI1, EI2, EI4, EI5, EI6

Disciplina

Conxunto (I-VIII)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música moderna

Descritor

Establecemento de hábitos, técnicas de ensaio e criterios interpretativos. Desenvolvemento da compenetración do/da intérprete dentro dun traballo colectivo. Práctica da improvisación e da lectura. Coñecemento dos diversos repertorios de conxunto da especialidade.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T7, T8, T9, T10

Xerais

X1, X2, X3, X6, X7, X8, X10, X11, X12, X17

Específicas

EI1, EI3, EI4, EI5, EI6, EI7, EI8, EI9, EI10

Disciplina

Conxunto (I-II)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Interpretación musical en grupo con diferentes formacións, repertorios e instrumentos, incluído o instrumento principal. Desenvolvemento de hábitos e técnicas de ensaio. Posta en común de criterios interpretativos. Fundamentos de dirección en pequenas agrupacións. Desenvolvemento de proxectos musicais colectivos.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T7, T9, T10

Xerais

X2, X3, X4, X6, X7, X8, X13, X17, X21, X22

Específicas

EPX5, EPX6, EPX7

Disciplina

Coro (I-II)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Interpretación do repertorio coral habitual a capella e con orquestra. Desenvolvemento da educación vocal. Afondamento nas capacidades relacionadas coa lectura a primeira vista, a comprensión e resposta ás indicacións do/da director/a e a integración no conxunto.

Competencias que se adquiren

Transversais

T7, T9, T10, T13

Xerais

X2, X3, X4, X7, X8

Específicas

ED3, ED11

Disciplina

Coro (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Interpretación do repertorio coral habitual a capella e con orquestra. Desenvolvemento da educación vocal. Afondamento nas capacidades relacionadas coa lectura a primeira vista, a comprensión e resposta ás indicacións do/da director/a e a integración no conxunto.

Competencias que se adquiren

Transversais

T5, T7, T9, T10, T13

Xerais

X2, X3, X4, X7, X8

Específicas

EPX5, EPX6, EPX7

Disciplina

Crítica musical (I-II)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Coñecemento e práctica dos elementos básicos da noticia como fonte de información (titular, entrada, corpo, epígrafe, etc.). Técnicas para a narrativa do corpo arredor das seis preguntas. Redacción de pezas en estilo xornalístico, utilizando ferramentas propias da crítica textual e aplicadas ás diversas manifestacións musicais (concertos, programacións, acústica arquitectural, etc.).

Competencias que se adquiren

Transversais

T2, T4, T5, T8, T11, T14, T17

Xerais

X5, X10, X12, X14, X15, X16, X17, X18, X21, X23, X25, X26

Específicas

EPX1, EPX3, EPX6, EPX7, EPX8

Disciplina

Dereito aplicado e propiedade intelectual (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Coñecemento das formas xurídicas aplicables aos/ás artistas e institucións culturais; modelos de contratación, contratos de compravenda de servizos; institucións de xestión e xestión de seguros no espectáculo musical. Dereito mercantil, dereito fiscal e dereito laboral. Regularización da propiedade intelectual e dereitos de autor/a e intérprete. Regularización da propiedade intelectual e da imaxe pública.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T8, T13

Xerais

X10, X18, X19, X27

Específicas

EPX1, EPX8

Disciplina

Dirección de coro (I-VI)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Estudo das técnicas e xestos da dirección coral e adaptación desta á realidade sonora da música para coro. Coñecemento das características e das posibilidades interpretativas e sonoras dos diferentes tipos de voces. Análise do repertorio coral encamiñado á súa execución. Coñecemento dos diferentes estilos musicais e as súas convencións interpretativas. Desenvolvemento de proxectos de interpretación de composicións con linguaxes e estilos diversos, así como en formacións a capella ou integrados noutra formación instrumental. Desenvolvemento dunha maior sensibilidade sonora e auditiva.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T5, T6, T7, T8, T9, T10, T11, T13, T15, T16, T17

Xerais

X1, X2, X3, X4, X7, X8, X10, X11, X12, X14, X15, X17, X18, X21, X23

Específicas

ED1, ED2, ED3, ED4, ED7, ED8, ED9, ED10, ED11, ED12

Disciplina

Dirección de orquestra (I-VI)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Estudo e adquisición dunha correcta técnica xestual aplicada á dirección orquestral. Coñecemento das características técnicas e posibilidades sonoras e interpretativas dos instrumentos orquestrais. Análise do repertorio orquestral e doutras agrupacións instrumentais, encamiñado á súa execución. Coñecemento dos diferentes estilos musicais e as súas convencións interpretativas. Desenvolvemento de proxectos de interpretación de composicións con linguaxes e estilos diversos, así como en formacións de pequeno e gran formato.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T5, T6, T7, T8, T9, T10, T11, T13, T15, T16, T17

Xerais

X1, X2, X3, X4, X7, X8, X10, X11, X12, X14, X15, X17, X18, X21, X23

Específicas

ED1, ED2, ED3, ED4, ED7, ED8, ED9, ED10, ED11, ED12

Disciplina

Dirección de coro/orquestra (VII-VIII)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Posta en práctica dos coñecementos adquiridos nas disciplinas de dirección de coro e orquestra, a través da interpretación de composicións con linguaxes e estilos diferentes, así como en formacións de diversos tipos. Dinámicas e metodoloxías de ensaio. Liderado interpretativo na concepción dun proxecto, na organización de ensaios e concertos, e na preparación de programas de concerto. Consecución de habilidades que permitan a compenetración coa formación dirixida, así como a transmisión das propias concepcións interpretativas a outros músicos ou músicas. Fomento da participación activa e da coherencia na práctica interpretativa. Práctica de repertorios procedentes de diversas tradicións interpretativas e estilísticas e as súas implicacións expresivas. Desenvolvemento do pensamento crítico.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T7, T9, T10, T13

Xerais

X3, X4, X7, X8, X10, X11, X12, X17, X18

Específicas

ED1, ED3, ED7, ED9, ED10

Disciplina

Evolución estilística da interpretación e do repertorio (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa

Descritor

Coñecemento e práctica dos diversos elementos que forman os criterios interpretativos das diferentes épocas, estilos e autores/as, atendendo tanto a aspectos técnicos do instrumento como compositivos ou estéticos en relación co repertorio do instrumento. Análise da evolución do repertorio: recursos, grafías, efectos tímbricos, etc. Paralelismo entre evolución técnica do instrumento e música interpretada.

Competencias que se adquiren

Transversais

T2, T4, T8, T14, T16

Xerais

X3, X8, X9, X10, X11, X12, X14, X15, X16, X17, X25

Específicas

EI1, EI4, EI6

Disciplina

Fonética aplicada ao canto

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Estudo prosódico do texto aplicado aos principais idiomas do repertorio coral e a súa influencia no xesto da dirección. Coñecemento da fonética dos principais idiomas empregados no canto.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T6

Xerais

X3, X8, X24

Específicas

ED2, ED11

Disciplina

Fontes históricas (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Descritor

Consecución das ferramentas necesarias para atopar, ler e interpretar os fundamentos historicistas que avalen a interpretación do repertorio no instrumento. Aplicación en partituras representativas de conceptos aprendidos. Desenvolvemento do espírito crítico sobre interpretacións actuais do repertorio da época. Consecución de autonomía interpretativa.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T5, T6, T7, T8, T9, T10, T14, T15, T16

Xerais

X1, X2, X3, X8, X10, X12, X13

Específicas

EI1, EI2, EI4, EI5, EI6

Disciplina

Formación, creación e dirección de empresas (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Análise e interpretación de estados financeiros do sector artístico. Compravenda de servizos. Formas de contratación laboral e mercantil. Xestión de dereitos e de seguros. Xestión fiscal de IVE, IRPF e seguridade social. Elaboración e xestión de balances e contas de resultados

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T8, T10, T12, T14, T15

Xerais

X10, X12, X16, X18, X24, X27

Específicas

EPX1, EPX8

Disciplina

Formación e adestramento auditivo e vocal (I-II)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Produción e Xestión

Descritor

Desenvolvemento dunha escoita consciente, na cal a aplicación do coñecemento da linguaxe musical encamiñará o alumnado, en contextos sonoros diversos, a unha representación interna dos distintos elementos estruturais que interveñen nunha composición musical. Desenvolvemento das capacidades de expresión vocal.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T7, T8, T13, T15

Xerais

X1, X2, X3, X4, X8, X10, X24

Específicas Dirección

ED3

Específicas Interpretación

EI7

Específicas Produción e Xestión

EPX5

Disciplina

Formación e adestramento auditivo e vocal aplicado á dirección (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Afondamento na escoita consciente en contextos sonoros diversos, facendo fincapé no recoñecemento dos elementos formais, rítmicos, harmónicos, interválicos, etc. en diferentes combinacións tímbricas, como ferramenta fundamental na práctica da dirección. Práctica vocal e recoñecemento auditivo dos diferentes parámetros musicais en obras tonais, non tonais ou de tonalidade vaga.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T7, T8, T13, T15

Xerais

X1, X2, X3, X4, X8, X10, X24

Específicas

ED3, ED7

Disciplina

Formación laboral e normativa

Especialidade/Itinerario

Dirección

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Descritor

Coñecemento das normas e procedementos que rexen o ámbito profesional da música. Desenvolvemento da capacidade para a autopromoción e a inserción laboral, das habilidades para a adaptación profesional en contextos cambiantes e das actitudes para a formación continuada e o perfeccionamento ao longo da vida profesional.

Competencias que se adquiren

Transversais

T2, T4, T6, T7, T8, T9, T10, T11, T12, T15

Xerais

X19, X24, X27

Específicas Dirección

ED12

Específicas Interpretación

EI10

Disciplina

Harmonía e contrapunto (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Produción e Xestión

Descritor

Adquisición de coñecementos que faciliten a percepción, a interpretación, a reflexión e a documentación musical. Estudo do repertorio e do seu contexto estilístico. Desenvolvemento do oído, da escoita, da memoria e da intelixencia musical. Práctica escrita e instrumental dos diferentes elementos e procedementos harmónicos e contrapuntísticos propios dos distintos períodos da historia da música.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4

Xerais

X1, X2, X8, X10, X11, X13, X15, X21, X22, X23

Específicas Interpretación

EI6, EI7

Específicas Produción e Xestión

EPX5

Disciplina

Harmonía e contrapunto aplicados á dirección (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Desenvolvemento das habilidades harmónico-contrapuntísticas e adquisición de coñecementos que faciliten a percepción, creación, interpretación, reflexión e documentación musicais. Desenvolvemento do oído, da escoita, da memoria e da intelixencia musical. Práctica escrita dos diferentes elementos e procedementos harmónicos e contrapuntísticos propios dos distintos períodos da historia da música. Asimilación das principais teorías da organización musical. Realización de traballos estilísticos e libres. Estudo do repertorio e do seu contexto estilístico. Consecución de ferramentas destinadas ao enriquecemento do traballo do/da director/a.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T8

Xerais

X1, X3, X4, X8, X10, X11, X12, X13, X15, X17, X21, X22, X23

Específicas

ED4, ED5

Disciplina

Harmonía e contrapunto aplicados á música moderna (I–IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música moderna

Descritor

Desenvolvemento das habilidades harmónico-contrapuntísticas e adquisición de coñecementos que faciliten a percepción, creación, interpretación, reflexión e documentación musicais. Desenvolvemento do oído, da escoita, da memoria e da intelixencia musical. Práctica escrita dos diferentes elementos e procedementos harmónicos e contrapuntísticos propios dos distintos repertorios afíns. Asimilación das principais teorías da organización musical. Realización de traballos estilísticos e libres. Estudo do repertorio e do seu contexto estilístico. Consecución de ferramentas destinadas ao enriquecemento do traballo do/da intérprete.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T8

Xerais

X1, X3, X4, X5, X8, X10, X11, X12, X13, X15, X17, X21, X22, X23

Específicas

EI4, EI5

Disciplina

Historia da música (I-III)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba); Música moderna

Produción e Xestión

Descritor

Coñecemento dos movementos e tendencias fundamentais da historia da música occidental, a partir da análise, audición e o comentario do texto literario e/ou musical, con atención aos aspectos estilísticos, históricos e expresivos da tradición musical, e ao seu contexto cultural e social.

Competencias que se adquiren

Transversais

T2, T3, T4, T8, T11, T16, T17

Xerais

X1, X4, X10, X11, X12, X14, X15, X16, X17, X18, X26

Específicas Dirección

ED10

Específicas Interpretación

EI4

Específicas Produción e Xestión

EPX6, EPX7

Disciplina

Historia dos instrumentos

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba); Música moderna

Descritor

Estudo da evolución histórica do instrumento propio e os afíns a este. Coñecemento das características construtivas, funcionamento acústico e posibilidades técnicas e expresivas con relación ao repertorio.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T6, T7, T8, T10, T13

Xerais

X9, X10, X12, X14, X15, X20, X25

Específicas

EI2, EI4, EI6

Disciplina

Improvisación e acompañamento pianístico (I-II)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Desenvolvemento de capacidades que permitan a práctica da improvisación ao piano, a través do coñecemento dos elementos e procedementos construtivos. Principios básicos e realización do acompañamento nos diferentes estilos. Práctica do baixo cifrado. Improvisación a partir de diferentes elementos musicais (estruturas harmónico-formais, melódicas, rítmicas, etc.). Aplicación da improvisación á práctica do acompañamento.

Consecución de ferramentas destinadas á súa aplicación no ámbito da dirección.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T7, T15

Xerais

X1, X2, X4, X6, X7, X12, X13, X17, X21, X22, X23, X26

Específicas

ED2, ED4

Disciplina

Inglés ou francés aplicado

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Adquisición dos coñecementos gramaticais básicos dunha lingua estranxeira (inglés ou francés), que permita a comprensión do idioma e facilite, así mesmo, a comunicación na promoción e comercialización de artistas e nas técnicas de venda.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T4, T5, T6, T9, T12, T13

Xerais

X8, X16, X18, X21, X24, X26

Específicas

EPX1

Disciplina

Instrumentación aplicada (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Aspectos propios da instrumentación. Coñecemento evolutivo e técnico dos principais instrumentos que forman o persoal da orquestra sinfónica e a banda, atendendo principalmente ao estudo das súas características tímbricas. Utilización e recursos sonoros, cor e interacción con outros instrumentos da mesma ou diferente familia. Estudo das obras máis significativas do repertorio clásico e contemporáneo. A instrumentación como recurso.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T8, T15

Xerais

X5, X10, X15, X17, X20, X22, X23

Específicas

ED2, ED4, ED5, ED6, ED7, ED8

Disciplina

Instrumento (I-VIII)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Descritor

Desenvolvemento e perfeccionamento das capacidades artísticas, expresivas e técnicas do instrumento, así como dos hábitos de estudo. Coñecemento dos diferentes criterios interpretativos que conduzan a interpretación do repertorio máis representativo con valoración crítica, estilo propio e madurez creativa, así como a súa aplicación práctica na interpretación en público.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T6, T13, T15, T17

Xerais

X1, X3, X6, X8, X11, X13, X21, X24

Específicas

EI1, EI2, EI4, EI5, EI6, EI10

Disciplina

Instrumento (I-VIII)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música moderna

Descritor

Desenvolvemento das dimensións básicas da interpretación, da improvisación, da transposición e da lectura a primeira vista. Práctica da técnica dos recursos do repertorio evolutivo e estilístico dos instrumentos (baixo eléctrico, guitarra eléctrica, batería, teclados, etc.). Desenvolvemento dun estilo propio como intérprete e con madurez creativa. Adquisición de hábitos e técnicas de estudo e valoración crítica do traballo propio. Interpretación en público como solista ou xunto con outros/as intérpretes. Coñecemento básico da construción, mantemento, comportamento acústico e características do propio instrumento.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T6, T8, T13, T15

Xerais

X1, X2, X3, X6, X8, X9, X10, X11, X13, X21, X24, X25

Específicas

EI1, EI2, EI4, EI5, EI6, EI7, EI10

Disciplina

Instrumentos afíns (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa

Descritor

Aprendizaxe e práctica das técnicas interpretativas da arpa de dúas ordes. Coñecemento do repertorio e tratados fundamentais para o instrumento. Lectura da cifra propia da arpa de dúas ordes. Práctica do acompañamento. Evolución do repertorio para a arpa tradicional galega. Técnicas de modulación aplicadas ao instrumento.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T6, T8, T13

Xerais

X2, X3, X6, X8, X11, X15, X17

Específicas

EI1, EI2, EI3, EI4, EI5, EI9

Disciplina

Instrumentos afíns (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música moderna

Descritor

Aprendizaxe e práctica das técnicas interpretativas básicas de baixo eléctrico, guitarra eléctrica e batería, excluíndo o instrumento principal. Participación en conxunto con estes instrumentos. Práctica do acompañamento. Técnicas de improvisación aplicadas a estes instrumentos. A fonográfica como fonte para a interpretación e o estilo.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1,T2, T3, T6, T8, T13

Xerais

X2, X3, X6, X8, X10, X11, X15, X17

Específicas

EI1, EI2, EI3, EI4, EI5, EI8, EI9, EI10

Disciplina

Interpretación histórica (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga ( IHC, IHV)

Descritor

Principios fundamentais da interpretación nos séculos XVII e XVIII: tratadística e fontes. Práctica da ornamentación aplicada a estes repertorios. Estudo de dinámicas e agóxicas. Criterios métricos e rítmicos da interpretación nos séculos XVII e XVIII. Coñecemento dos fitos fonográficos principais da interpretación histórica.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T6, T7, T8, T9, T10, T14, T15, T16

Xerais

X1, X2, X3, X6, X8, X10, X12, X13, X21

Específicas

EI4, EI5, EI7

Disciplina

Introdución á investigación

Especialidade/Itinerario

Dirección

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de Gamba); Música moderna

Produción e Xestión

Descritor

Fundamentos de heurística relativos á busca, definición e localización das fontes da música. Técnicas específicas de estudo e de hermenéutica. Manexo de recursos bibliográficos, ferramentas de consulta e fontes diversas (literarias, musicais, iconográficas, de tradición oral, sonoras, etc.).

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T8, T14

Xerais

X10, X13, X18, X25, X26

Específicas Dirección

ED10

Específicas Interpretación

EI6

Específicas Produción e Xestión

EPX3, EPX6, EPX7

Disciplina

Lectura a primeira vista e transposición (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Descritor

Práctica da lectura a primeira vista. Desenvolvemento dos aspectos técnicos, da axilidade e automatismos necesarios para a comprensión e interpretación inmediatas dun texto musical. Práctica da transposición de textos musicais a diferentes tonalidades.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T13, T15

Xerais

X1, X2, X3, X13, X21, X24

Específicas

EI1, EI2, EI4, EI5, EI7, EI9

Disciplina

Lectura a primeira vista e transposición (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Clave)

Descritor

Práctica da lectura a primeira vista. Desenvolvemento dos aspectos técnicos, da axilidade e automatismos necesarios para a comprensión e interpretación inmediatas dun texto musical. Práctica da transposición de textos musicais a diferentes tonalidades.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T13, T15

Xerais

X1, X2, X3, X13, X21, X24

Específicas

EI1, EI2, EI4, EI5, EI7, EI9

Disciplina

Metodoloxía da investigación (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Descritor

O texto e o contexto no evento musical como fenómeno histórico. A Historia como narración. Sincronismo e diacronismo. Nocións de arquivística. Principais correntes historiográficas. Refutacións e síntese. Status qæstionis, tese e conclusións. Elaboración e práctica de repertorios bibliográficos.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T5, T6, T7, T8, T9, T10, T14, T15, T16

Xerais

X1, X2, X3, X8, X10, X12, X13

Específicas

EI1, EI2, EI4, EI5, EI6

Disciplina

Música de cámara (I-VIII)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave)

Descritor

Práctica da interpretación musical en grupo e en diferentes formacións. Coñecemento do repertorio de cámara do seu propio ámbito e práctica interpretativa en formacións diversas. Desenvolvemento de hábitos e técnicas de ensaio. Cooperación no establecemento de criterios interpretativos, compenetración e traballo colectivo. Práctica de lectura a primeira vista, flexibilidade de resposta ás indicacións do/da director/a. Concepción e desenvolvemento de proxectos musicais colectivos.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T7, T10, T13

Xerais

X2, X7, X8, X10, X21

Específicas

EI2, EI3, EI6, EI8, EI9, EI10

Disciplina

Música de cámara (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Viola de gamba)

Descritor

Práctica da interpretación musical en grupo e en diferentes formacións. Coñecemento do repertorio de cámara do seu propio ámbito e práctica interpretativa en formacións diversas. Desenvolvemento de hábitos e técnicas de ensaio. Cooperación no establecemento de criterios interpretativos, compenetración e traballo colectivo. Práctica de lectura a primeira vista, flexibilidade de resposta ás indicacións do/da director/a. Concepción e desenvolvemento de proxectos musicais colectivos.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T7, T10, T13

Xerais

X2, X7, X8, X10, X21

Específicas

EI2, EI3, EI6, EI8, EI9, EI10

Disciplina

Música e culturas

Especialidade/Itinerario

Dirección

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Produción e Xestión

Descritor

Introdución ao estudo cultural da música: conceptos, fontes e metodoloxía. Coñecemento e estudo comparativo das características musicais das diferentes culturas. A música de tradición oral e músicas populares urbanas: evolución histórica e situación actual. O papel dos medios de comunicación. Estudos de xénero aplicados á música.

Competencias que se adquiren

Transversais

T2, T3, T4, T8, T16, T17

Xerais

X10, X11, X12, X14, X16, X17, X26

Específicas Dirección

ED2

Específicas Interpretación

EI1, EI4

Específicas Produción e Xestión

EPX3, EPX6, EPX7

Disciplina

Notacións

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (IHC, IHV, Viola de gamba)

Descritor

Coñecemento, lectura e transcrición dos diferentes tipos de tablatura para instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco. Coñecemento teórico-práctico da ornamentación empregada, interpretación deste repertorio e criterios de interpretación.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T7, T13, T15

Xerais

X1, X2, X3, X6, X11, X13, X19, X24, X25

Específicas

EI1, EI2, EI4, EI5, EI7

Disciplina

Notacións (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (ICP)

Descritor

Coñecemento, lectura e transcrición dos diferentes tipos de tablatura para instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco. Coñecemento teórico-práctico da ornamentación empregada, interpretación deste repertorio e criterios de interpretación.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T7, T13, T15

Xerais

X1, X2, X3, X6, X11, X13, X19, X24, X25

Específicas

EI1, EI2, EI4, EI5, EI7

Disciplina

Organoloxía

Especialidade/Itinerario

Dirección

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP IHC, IHV, Viola de gamba)

Produción e Xestión

Descritor

Fundamentos de acústica dos instrumentos. Estudo dos instrumentos musicais, a partir dos diferentes enfoques históricos, tanto antropolóxicos como técnicos ou científicos. Coñecemento das clasificacións dos instrumentos máis importantes, atendendo aos criterios dos/das principais tratadistas.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T4, T8

Xerais

X9, X10, X12, X14, X20, X26

Específicas Dirección

ED7

Específicas Interpretación

EI4

Específicas Produción e Xestión

EPX2, EPX5

Disciplina

Ornamentación (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Clave)

Descritor

Coñecemento e emprego dos principios e teorías sobre a ornamentación atendendo ás diferentes épocas, escolas e contextos históricos e instrumentais.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T4, T8

Xerais

X9, X10, X12, X14, X20, X26

Específicas

EI4

Disciplina

Ornamentación (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Descritor

Coñecemento e emprego dos principios e teorías sobre a ornamentación atendendo ás diferentes épocas, escolas e contextos históricos e instrumentais.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T4, T8

Xerais

X9, X10, X12, X14, X20, X26

Específicas

EI4

Disciplina

Orquestra (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Viola de gamba)

Descritor

Práctica nos distintos tipos de agrupacións orquestrais. Afondamento nas capacidades relacionadas coa lectura a primeira vista, a comprensión e resposta ás indicacións do/da director/a e a integración no conxunto, a través dunha aproximación ao repertorio orquestral.

Competencias que se adquiren

Transversais

T7, T9, T10, T13

Xerais

X2, X3, X7, X8

Específicas

EI3, EI4, EI5, EI7, EI8, EI9, EI10

Disciplina

Orquestra (I-VI)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Clave)

Descritor

Práctica nos distintos tipos de agrupacións orquestrais. Afondamento nas capacidades relacionadas coa lectura a primeira vista, a comprensión e resposta ás indicacións do/da director/a e a integración no conxunto, a través dunha aproximación ao repertorio orquestral.

Competencias que se adquiren

Transversais

T7, T9, T10, T13

Xerais

X2, X3, X7, X8

Específicas

EI3, EI4, EI5, EI7, EI8, EI9, EI10

Disciplina

Orquestra (I-VIII)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (ICP, IHC, IHV)

Descritor

Práctica nos distintos tipos de agrupacións orquestrais. Afondamento nas capacidades relacionadas coa lectura a primeira vista, a comprensión e resposta ás indicacións do/da director/a e a integración no conxunto, a través dunha aproximación ao repertorio orquestral.

Competencias que se adquiren

Transversais

T7, T9, T10, T13

Xerais

X2, X3, X7, X8

Específicas

EI3, EI4, EI5, EI7, EI8, EI9, EI10

Disciplina

Patrimonio musical

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Afondamento no estudo do patrimonio musical, especialmente o español e encadrándoo na música occidental, co obxecto da súa revalorización e/ou recuperación. Punto de partida e referencia na actividade musical, de investigación, xestión, interpretación e ensino. Metodoloxía de catalogación e conservación do patrimonio musical.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T8, T12, T16, T17

Xerais

X1, X10, X12, X13, X14, X15, X16, X17, X18, X26

Específicas

EPX6, EPX7

Disciplina

Pedagoxía e didáctica instrumental

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba); Música moderna

Descritor

Preparación para a práctica docente. Desenvolvemento da capacidade de transmisión dos coñecementos adquiridos. Estudo das estratexias e recursos didácticos necesarios para a docencia.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T8, T15

Xerais

X5, X10, X19, X24, X25, X26

Específicas

EI6

Disciplina

Piano aplicado á dirección (I-VI)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Desenvolvemento dos principios básicos da técnica pianística como ferramenta fundamental na práctica da dirección. Coñecemento das características técnicas e sonoras do piano, así como das súas posibilidades interpretativas. Comprensión e percepción dos diversos elementos e procedementos construtivos (estruturas harmónicas e as súas funcións, relacións formais, etc.) das obras para piano por medio da análise. Interpretación de repertorio de diferentes estilos e aplicación das súas convencións interpretativas. Desenvolvemento da lectura a primeira vista e do transporte. Consecución de mecanismos para a redución de partituras.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T13

Xerais

X1, X2, X3, X4, X6, X8, X10, X13, X17, X21, X22, X24

Específicas

ED2, ED4, ED7

Disciplina

Piano aplicado (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música moderna

Produción e Xestión

Descritor

Desenvolvemento dos principios básicos da técnica pianística, da capacidade de lectura a primeira vista e transposición, da improvisación e da comprensión dos elementos e procedementos construtivos (estruturas harmónicas, procesos formais, etc.). Traballo dun repertorio de diferentes estilos.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T13

Xerais

X1, X2, X3, X4, X6, X8, X10, X13, X17, X21, X22, X24

Específicas Interpretación

EI2, EI3, EI5, EI6, EI7

Específicas Produción e Xestión

EPX5, EPX6, EPX7

Disciplina

Piano aplicado (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (ICP, IHC, IHV, Viola de gamba)

Descritor

Desenvolvemento dos principios básicos da técnica pianística, da capacidade de lectura a primeira vista, transposición e improvisación. Comprensión dos elementos e procedementos construtivos (estruturas harmónicas, procesos formais, etc.). Traballo dun repertorio de diferentes estilos.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T13

Xerais

X1, X2, X3, X4, X8, X10, X13, X17, X21, X22, X24

Específicas

EI2, EI3, EI5, EI6, EI7

Disciplina

Planificación e deseño de proxectos culturais (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Coñecemento das estruturas e tendencias socioculturais actuais e os elementos que interveñen na produción artística. Planificación de proxectos culturais e artísticos, cos seus mecanismos e estratexias de promoción específicas. Peculiaridades da xestión de recursos humanos nas empresas e institucións do mundo da cultura e do espectáculo.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T6, T7, T9, T10, T11, T13, T15, T17

Xerais

X5, X10, X11, X12, X14, X16, X17, X18, X21, X23, X25, X27

Específicas

EPX1, EPX2, EPX3, EPX6, EPX8

Disciplina

Prácticas de dirección

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Posta en práctica dos coñecementos adquiridos nas disciplinas de dirección de coro e orquestra, a través da interpretación de composicións con linguaxes e estilos diferentes, así como en formacións de diversos tipos. Dinámicas e metodoloxías de ensaio. Liderado interpretativo na concepción dun proxecto, na organización de ensaios e concertos e na preparación de programas de concerto. Consecución de habilidades que permitan a compenetración coa formación dirixida, así como a transmisión das propias concepcións interpretativas a outros músicos ou músicas. Fomento da participación activa e da coherencia na práctica interpretativa. Práctica de repertorios procedentes de diversas tradicións interpretativas e estilísticas e as súas implicacións.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T7, T9, T10, T13

Xerais

X3, X4, X7, X8, X10, X11, X12, X17, X18

Específicas

ED1, ED3, ED7, ED9, ED10

Disciplina

Prácticas de produción escénica (I-II)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Prácticas en eventos ou empresas profesionais de diversos traballos de promoción aplicando as competencias adquiridas durante os estudos da especialidade en traballos interdisciplinares tanto colectivos como individuais.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T5, T8, T13, T17

Xerais

X12, X14, X16, X17, X18, X24, X25, X27

Específicas

EPX1, EPX2, EPX3, EPX4, EPX5, EPX6, EPX7, EPX8

Disciplina

Prácticas de xestión de empresas

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Prácticas en eventos ou empresas profesionais de diversos traballos de xestión musical e/ou artísticas aplicando as competencias adquiridas durante os estudos da especialidade en traballos interdisciplinares tanto colectivos como individuais.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T5, T8, T13, T17

Xerais

X12, X14, X16, X17, X18, X24, X25, X27

Específicas

EPX1, EPX2, EPX3, EPX4, EPX5, EPX6, EPX7, EPX8

Disciplina

Produción aplicada á industria musical

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Coñecemento dos elementos que interveñen na produción artística, das estruturais e tendencias socioculturais actuais aplicadas á produción musical e os seus mecanismos e estratexias promocionais e específicas. Criterios de programación cultural.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T6, T7, T9, T10, T11, T13, T15, T17

Xerais

X5, X10, X11, X12, X14, X16, X17, X18, X21, X23, X25, X27

Específicas

EPX1, EPX2, EPX3, EPX6, EPX8

Disciplina

Redución de partituras

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Práctica da redución ao piano de partituras de diferentes formacións vocais e instrumentais e a súa aplicación como recurso de estudo. Esquematización da redución da partitura como fonte para os ensaios vocais e instrumentais. Desenvolvemento da capacidade de lectura e síntese dos elementos característicos da partitura xeral para a súa redución ao piano, a través dos principais elementos harmónicos, tímbricos, rítmicos e formais. Utilización dos recursos e capacidades polifónicas do piano.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T6

Xerais

X1, X2, X3, X6, X8, X13, X15, X17, X21, X22, X24

Específicas

ED2, ED3, ED4

Disciplina

Relacións empresariais e institucionais (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Coñecemento da teoría e práctica do patrocinio privado e público e das súas características e diferenzas, dos diferentes programas de soporte cultural das administracións e institucións e das diferentes formas de rendibilidade do patrocinio privado, así como dos seus mecanismos de acceso.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T8, T9, T16, T17

Xerais

X10, X16, X18, X24, X27

Específicas

EPX1, EPX8

Disciplina

Repertorio con instrumento de tecla acompañante (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa

Descritor

Desenvolvemento das dimensións básicas da interpretación con acompañamento pianístico, afondando en repertorios específicos da propia especialidade instrumental. Comprensión da variedade de enfoques estilísticos e requirimentos asociados á interpretación que confiren a esta disciplina un carácter flexible e adaptable aos distintos instrumentos, á voz e aos estilos e tradicións interpretativas. Preparación adecuada para a interpretación en público.

Competencias que se adquiren

Transversais

T3, T6, T13

Xerais

X2, X3, X11, X19, X21

Específicas

EI1, EI3, EI4, EI5, EI10

Disciplina

Repertorio con instrumento de tecla acompañante (I-VIII)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (IHC, IHV)

Descritor

Desenvolvemento das dimensións básicas da interpretación con acompañamento pianístico, afondando en repertorios específicos da propia especialidade instrumental. Comprensión da variedade de enfoques estilísticos e requirimentos asociados á interpretación que confiren a esta disciplina un carácter flexible e adaptable aos distintos instrumentos, á voz e aos estilos e tradicións interpretativas. Preparación adecuada para a interpretación en público.

Competencias que se adquiren

Transversais

T3, T6, T13

Xerais

X2, X3, X11, X19, X21

Específicas

EI1, EI3, EI4, EI5, EI10

Disciplina

Repertorio con instrumento de tecla acompañante (I-VII)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Viola de gamba)

Descritor

Desenvolvemento das dimensións básicas da interpretación con acompañamento pianístico, afondando en repertorios específicos da propia especialidade instrumental. Comprensión da variedade de enfoques estilísticos e requirimentos asociados á interpretación que confiren a esta disciplina un carácter flexible e adaptable aos distintos instrumentos, á voz e aos estilos e tradicións interpretativas. Preparación adecuada para a interpretación en público.

Competencias que se adquiren

Transversais

T3, T6, T13

Xerais

X2, X3, X11, X19, X21

Específicas

EI1, EI3, EI4, EI5, EI10

Disciplina

Repertorio orquestral (I-VI)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa

Descritor

Estudo e práctica da literatura orquestral propia do instrumento. Afondamento, de ser o caso, dos roles dentro da sección.

Estratexias e recursos para o traballo orquestral.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T13

Xerais

X3, X6, X8 X10, X11, X15

Específicas

EI1, EI2, EI3, EI4, EI5, EI8, EI9, EI10

Disciplina

Ritmo e lectura (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música moderna

Descritor

Da partitura ao son: altura, métrica, rítmica, dinámica e agóxica. Lectura rítmica precisa, fluída e comprensiva, con e sen alturas determinadas, a unha ou varias voces, con e sen instrumento. Polirritmia.

Estudo teórico-práctico dos aspectos métricos e rítmicos característicos na música do século XX. Novas grafías. Traballo da lectura a primeira vista. Práctica da escritura musical.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T8, T13, T15

Xerais

X1, X2, X3, X8, X10, X13

Específicas

EI5, EI7

Disciplina

Segundo instrumento (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música moderna

Produción e Xestión

Descritor

Adquisición de destrezas básicas para a interpretación musical cun segundo instrumento. Práctica da técnica instrumental e aprendizaxe do repertorio principal de nivel axeitado. Preparación para a interpretación en público, como solista ou formando parte dun grupo.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T13, T15

Xerais

X1, X3, X6, X8, X11, X13, X21, X24

Específicas Interpretación

EI1, EI5

Específicas Produción e Xestión

EPX5

Disciplina

Segundo instrumento (I-II)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música antiga (Clave, ICP)

Descritor

Adquisición de destrezas básicas para a interpretación musical cun segundo instrumento. Práctica da técnica instrumental e aprendizaxe do repertorio principal de nivel axeitado. Preparación para a interpretación en público, como solista ou formando parte dun grupo.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T6, T13, T15

Xerais

X1, X3, X6, X8, X11, X13, X21, X24

Específicas

EI1, EI5

Disciplina

Socioloxía da música

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Estudo das relacións entre música e sociedade. Estudo formal da socioloxía musical desde principios do século XX. Introdución ao uso das ferramentas da socioloxía na historia da música. Diferentes aproximacións ao feito musical entendido como fenómeno social.

Competencias que se adquiren

Transversais

T2, T4, T8, T10, T11, T12, T13, T14, T15, T17

Xerais

X5, X8, X10, X12, X14, X16, X17, X18

Específicas

EPX6, EPX7

Disciplina

Técnicas compositivas (I-II)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Coñecemento e emprego dos diferentes procedementos compositivos na realización de traballos vocais e/ou instrumentais, así como dos distintos sistemas de notación. Estudo dos procedementos construtivos, movementos, escolas, técnicas e tendencias da composición tradicional e contemporánea. Coñecemento das características e posibilidades técnicas e expresivas dos instrumentos e das resultantes derivadas das diversas agrupacións. A composición como recurso complementario á dirección.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T6, T8

Xerais

X1, X2, X10, X13, X15, X20, X21, X22, X23

Específicas

ED2, ED4, ED5, ED6, ED7, ED8

Disciplina

Técnicas de control emocional e corporal

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba); Música moderna

Descritor

Coñecemento básico da estrutura e función do aparello locomotor e do sistema nervioso. Desenvolvemento de hábitos posturais correctos que minimicen o risco durante a interpretación. Técnicas de respiración, relaxación, autocontrol, optimización da enerxía muscular, concentración e memoria aplicados ao estudo e á actuación en público.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T6, T7, T11, T13, T15

Xerais

X8, X21, X24, X25

Específicas

EI4, EI6, EI8, EI10

Disciplina

Técnicas de gravación e postprodución (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Introdución ás novas tecnoloxías aplicadas á educación, investigación e creación, xeración e procesamento do son. Uso da tecnoloxía musical en diversos formatos. Microfonía e técnicas de gravación, procesamento, masterización e difusión do son.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T12, T13, T15

Xerais

X3, X5, X18, X20, X21, X24

Específicas

EPX2, EPX3 , EPX4

Disciplina

Técnicas de mercado (I-VII)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Estratexias de promoción de artistas. Técnicas de venda. Principais axentes a nivel nacional e internacional. Estratexias, promoción, difusión e comercialización de produtos e servizos. Marketing en empresas e institucións do ámbito cultural. Emprego da tecnoloxía e as telecomunicacións en relación coa música, aprendizaxe, creación e difusión

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T4, T5, T7, T10, T13, T15, T17

Xerais

X5, X10, X11, X12, X16, X18, X19, X23, X24, X26, X27

Específicas

EPX1, EPX2, EPX3, EPX6, EPX8

Disciplina

Técnica vocal aplicada (I-VI)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música moderna

Descritor

Adquisición da técnica vocal básica. Nocións de hixiene vocal e coñecemento das clasificacións vocais. Desenvolvemento da voz no canto e na fala como instrumento no labor docente. Práctica do canto como solista e como acompañamento coral.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T8, T15

Xerais

X1, X2, X3, X7, X8, X10, X13

Específicas

EI2, EI3, EI5, EI7, EI8

Disciplina

Tecnoloxías aplicadas á gravación e produción (I-VIII)

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Música moderna

Descritor

O estudo de gravación como laboratorio de son. Pre- e pos-produción. Microfonía, cableamento, amplificación e ecualización. Técnicas de gravación e mestura. Monitorización e escoita activa. Deseños e proxectos de produción musical. Aparelloloxía da gravación. A produción en directo. Prácticas de gravación.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T4, T5, T7, T9, T10, T12, T13, T16

Xerais

X2, X4, X5, X10, X12, X17, X21, X22, X25

Específicas

EI2, EI6, EI8, EI10

Disciplina

Tecnoloxías aplicadas á produción e difusión (I-IV)

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Coñecemento teórico-práctico da tecnoloxía e dos procedementos dirixidos a dar apoio á produción e xestión musical da tecnoloxía musical en distintos contornos de programación de síntese de son. Uso de equipamentos, dispositivos, periféricos e informática aplicada para a xestión e produción.

Competencias que se adquiren

Transversais

T2, T4, T12, T13

Xerais

X4, X5, X7, X10, X21, X23, X24, X26

Específicas

EPX2, EPX3, EPX4

Disciplina

Tecnoloxías para a música (I-III)

Especialidade/Itinerario

Dirección

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba); Música moderna

Descritor

Estudo das novas tecnoloxías aplicadas á música. Coñecemento dos recursos técnicos que permitan ao alumnado manipular de forma autónoma diferentes ferramentas tecnolóxicas no eido da edición de partituras, da secuenciación musical, microfonía e técnicas de gravación, procesamento e difusión do son. Busca e difusión de contidos a través de redes informáticas.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T3, T4, T16

Xerais

X5, X8, X9, X21, X22, X23

Específicas Dirección

ED6

Específicas Interpretación

EI6

Disciplina

Traballo de fin de estudos

Especialidade/Itinerario

Dirección

Descritor

Programación e interpretación dun concerto público para orquestra, banda ou coro. Elaboración e defensa dunha memoria xustificativa que deberá de atender polo menos, ás seguintes consideracións: razoamento estético e artístico do repertorio elixido, finalidade da súa recepción (público, estudantado, contorno sociocultural, etc.) e descrición técnica (ensaios, instrumentación, acústica, etc.).

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T5, T6, T7, T8, T10, T15, T16, T17

Xerais

X2, X3, X4, X5, X6, X7, X8, X10, X11, X12, X13, X14, X15, X16, X17, X18, X19, X20, X21, X23

Específicas

ED1, ED2, ED4, ED7, ED8, ED9, ED10, ED11, ED12

Disciplina

Traballo de fin de estudos

Especialidade/Itinerario

Interpretación/Arpa; Música antiga (Clave, ICP, IHC, IHV, Viola de gamba); Música moderna

Descritor

Interpretación dun concerto público con elaboración e defensa dun traballo académico que poderá versar sobre diversos aspectos do repertorio elixido, do seu instrumento ou calquera outra temática relacionada coa especialidade e itinerario.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T5, T6, T8, T14, T15, T16

Xerais

X2, X3, X5, X6, X7, X8, X10, X13, X21, X25

Específicas

EI1, EI2, EI3, EI4, EI5, EI6, EI8, EI10

Disciplina

Traballo de fin de estudos

Especialidade/Itinerario

Produción e Xestión

Descritor

Elaboración e defensa dun traballo académico que estea directamente vinculado con algún dos seguintes supostos ou calquera outra temática relacionada coa especialidade: un proxecto de organización dun espectáculo musical, un proxecto de management musical o un proxecto de asesoramento técnico para institucións musicais. Elaboración dunha memoria crítica e razoada que relacione directamente o proxecto elixido coa actual normativa sobre os dereitos de autor/a.

Competencias que se adquiren

Transversais

T1, T2, T3, T4, T5, T8, T14, T16

Xerais

X5, X8, X10, X12, X14, X15, X16, X17, X18, X21, X23, X27

Específicas

EPX1, EPX2, EPX3, EPX4, EPX6, EPX8