En virtude do establecido no artigo 4.13 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 4.1 do Decreto 223/2005, do 16 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de decembro de dous mil dezaseis,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Juan Carlos Argüello Fernández como presidente do Xurado de Expropiación de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, nove de decembro de dous mil dezaseis
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda