Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (166/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 166/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Pestonit Cuesta contra Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Esabe Vigilancia, S.A., administrador concursal Forensic Solutions, S.L.P., da entidade Esabe Vigilancia, sobre ordinario, se ditou Sentenza do 18 de novembro de 2016 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de José Carlos Pestonit Cuesta, asistido polo letrado Sr. Lorenzo Rubin, contra a entidade Esabe Vigilancia, S.A. (Forensic Solutions, S.L.P., administrador concursal da anterior) e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade e, en consecuencia, condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 8.930,95 euros máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17 de xuño de 2014) ata esta resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

Condeno a Forensic Solutions, S.L.P., como administrador concursal da anterior, a aterse a esta declaración.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto ao nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo concepto, «Recurso» seguido do código «34 Social suplicación», acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza