Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54723

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (804/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 804/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Laura Iglesias Mariño contra Limpiezas El Polígono, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada sentenza no 21 de novembro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de María Laura Iglesias Mariño, asistida polo letrado Sr. Vales Raña, contra a entidade Limpiezas El Polígono, S.L. e o Fogasa, que non comparecen a pesar de estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 707,34 euros/líquidos como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, producidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17/06/2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza