Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55162

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 13 de decembro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 23 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6. da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o 21 de xaneiro de 2017, en chamamento único que comezará ás 8.30 horas, nas aulas 6 e 7 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

María Esther Rovira Sueiro
Presidenta do tribunal