Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55132

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas, relativa ás actuacións de carácter técnico nos expedientes de contratación dos servizos para a planificación do sistema de transporte público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda en distintas zonas da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 228, do 29 de novembro de 2016, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na actividade a que se refire a encomenda de xestión en distintas zonas da Comunidade Autónoma de Galicia, incluiuse por erro a «Zona centro».

A encomenda cíñense, polo tanto, ás seguintes zonas:

• Zona de conexión interurbana e Pontevedra.

• Ourense oeste.

• Ourense leste.

• A Coruña e Lugo norte.

• A Coruña oeste.