Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2016/3017-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Congalsa, S.L.

Domicilio social: rúa Deán Pequeño, 117, 15960 Ribeira.

Denominación: proxecto LMTS e CS para alimentar a CT existente de 400 kVA no polígono A Tomada.

Situación: nave 60, polígono A Tomada. A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, con inicio e fin na liña de distribución PMR805 (entre os centros 15PXZ0 e 15CBVS), logo de entrar e saír no CS proxectado. Condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, lonxitude 18 + 18 m.

Centro de transformación en edificio prefabricado subterráneo. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación (24 kV, 400 A, 16 kA).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 30 e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 23 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña