Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 18 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, que anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación do parque eólico Malpica, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación do parque eólico Malpica, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1), por Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 6 de setembro de 2016, a favor da entidade beneficiaria Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa), con enderezo en Monte Nariga, s/n, Barizo, 15113 Malpica de Bergantiños.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 10 de xaneiro de 2017 no concello de Malpica de Bergantiños e os días 11, 12 e 13 de xaneiro de 2017 no concello de Ponteceso para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables, ou de imposición de servidume de paso, ou de ocupación temporal, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia do 1.4.2016, 9.3.2016 e 8.3.2016, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles practicará notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das casas consistoriais dos ditos concellos.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 18 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña