Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente e anticipada do gasto, documentalmente simplificada, do servizo de limpeza de diversas dependencias das xefaturas territoriais desta consellería (expediente 1/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de diversas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería do Mar.

c) División por lotes e número: non leva.

e) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato é de 6 meses.

f) Admisión de prórroga: si, por un ou varios períodos que supoñan como máximo seis (6) meses.

g) CPV: 909192004.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas matemáticas, recollidos no apartado A dos criterios de adxudicación do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 39.700 €. IVE (21 %): 8.337 €. Importe total: 48.037 €.

Valor estimado: 79.400 € (sen IVE).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Non se exixe. Non obstante se o licitador conta coa clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A ou 1, está exento de presentar solvencias (apartado F do cadro de características do contrato).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto no apartado F.2 e F.3 do cadro de características do contrato.

7. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Enderezo: edificio administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) 981 54 50 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=90682.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8 días) naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante télex, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a data e a hora que se indique na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo II do prego de prescricións técnicas (PPT).

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar