Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación para a xestión e explotación da piscina e, de ser o caso, da pista multiúsos contigua.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (aprobado mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro), faise pública a formalización da contratación administrativa da xestión do servizo administrativo especial para a xestión e explotación da piscina da Academia Galega de Seguridade Pública e, de ser o caso, da pista multiúsos contigua, non suxeita á regulación harmonizada, polo procedemento aberto e documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.

c) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.xunta.es/contratacion

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: xestión e explotación da piscina da Academia Galega de Seguridade Pública e, de ser o caso, da pista multiúsos contigua.

c) CPV: 92610000-0 servizo de explotación de instalacións deportivas.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 30 de xuño de 2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: con tres criterios técnicos avaliables sen aplicación de fórmulas matemáticas e outros tres criterios automáticos avaliables mediante aplicación de fórmulas matemáticas.

4. Importe de licitación: o canon mínimo de licitación ascendeu á cantidade total de 10.000 € durante a vixencia do contrato.

5. Formalización:

a) Data: 14 de novembro de 2016.

b) Contratista: Auga V.A. e Xestión e Mantemento, S.L.U. (NIF B94123684).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 18.000 euros.

A Estrada, 24 de novembro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública