Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se notifican as resolucións relativas ao procedemento BS410A/2015.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, tendo en conta o disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de resultar infrutuoso o intento de notificación no último domicilio coñecido ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día, publícase este anuncio e cítase a persoa que se relaciona no anexo para ser notificada por comparecencia en relación coa resolución ditada no recurso de reposición no procedemento que se cita no dito anexo.

No prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia-Sudirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia da Dirección Xeral de Familia, Infancia de Dinamización Demográfica, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolucións, advertíndolle que, de non facelo así, se terá por notificada.

A persoa que se cita no anexo é informada de que contra esta resolución cabe interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo, sen prexuízo de poder exercer calquera que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2016

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Nº de expediente: BS410A2015/2827-0.

Nome e apelidos: María Luz Angulo Sánchez.

Acto administrativo: Resolución do 28 de novembro de 2016. Inadmisión do recurso RR-PFC64/2016/R-2016-00098.