Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 21 de decembro de 2016 Páx. 55381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre as constitucións, modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias constituídas, modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería Agricultura Gandería e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Constitucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Requián, SAT nº 1431 XUGA, de responsabilidade limitada e duración indefinida, con domicilio social no Requián nº 4, en San Xurxo de Augas Santas, Palas de Rei (Lugo). Obxecto social: gandaría de vacún de leite. Capital social, 30.000,00 euros representado por 30.000 títulos nominativos de 1,00 euros cada un deles. Número de socios: 3. Xunta reitora integrada por: José Val Viña, presidente; Mª Carmen Viña Sánchez, secretaria; José Val Sánchez, vogal.

B) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Ganadería Castro Buxía, SAT nº 1419 XUGA, na asemblea xeral do 8 de setembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: José María Castro Boquete, presidente; Daniel Veiras Bujía, secretario; María Jesús Viqueira Otero, Cristina Castro Viqueira e Ricardo Bujía Ramos, vogais.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Cabarques, SAT nº 1025 XUGA, na asemblea xeral do 30 de agosto de 2016, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia Mª Araceli Vázquez Pérez e a transmisión de 54 títulos da súa participación no capital social, 3.245,40 euros, ao socio José María Gómez Oliveros. Como pagamento polos dous títulos restantes, a socia que causa baixa percibirá da sociedade unha indemnización de 754,60 euros.

2. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Fernando Gómez Oliveros

1.890 títulos

113.589,00 €

33,33 % participación

Ana Mª Carballo Carballeda

1.890 títulos

113.589,00 €

33,33 % participación

José María Gómez Oliveros

1.890 títulos

113.589,00 €

33,33 % participación

3. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais que queda redactado como segue:

«O capital social cífrase en 340.767,00 euros e estará representado por 5.670 títulos nominativos de 60,10 euros cada un deles.

Os títulos autorizados coas sinaturas do presidente e secretario, figurando nestes os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data na que se expide. A cada socio seranlle estendidos tantos títulos como correspondan ao valor da súa achega.

No libro de Rexistro de Socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

4. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspondéndolle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, estendendo a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral. Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por 3 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de 4 anos, podendo ser reelixidos.

Os cargos que se desempeñarán na xunta reitora serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes vogais. A súa elección efectuarase de entre os socios, pola asemblea xeral, mediante o sistema de candidaturas pechadas encabezadas polos candidatos a presidente e a secretario».

5. Renovar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: Fernando Gómez Oliveros, presidente; Ana Mª Carballo Carballeda, secretaria; José María Gómez Oliveros, vogal.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Isidro, SAT nº 1070 XUGA, na asemblea xeral do 14 de outubro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Vicente Duro García, presidente; Isidro Duro Santos, secretario; Mª Carmen Santos Vaamonde, Vicente Duro Santos e Nathalia Varela Alonso, vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Millarada SAT nº 1342 XUGA, na asemblea xeral do 3 de outubro de 2016, acordou:

1. Aceptar a baixa da socia Vanessa Torres López e a transmisión da súa participación no capital social, 4.010 títulos, á pretendida nova socia Manuela López Díaz.

2. Aprobar a incorporación como socia de Manuela López Díaz.

3. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Arsenio Torres Rielo

4.010 títulos

40.100 €

33,33 % participación

Manuela López Díaz

4.010 títulos

40.100 €

33,33 % participación

Regina Torres López

4.010 títulos

40.100 €

33,33 % participación

4. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Arsenio Torres Rielo, presidente; Manuela López Díaz, secretaria; Regina Torres López, vogal.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Monte de Trabada, SAT nº 1233 XUGA, na asemblea xeral do 30 de agosto de 2016, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa dos socios José Ramón Fernández Álvarez e Baltasar Seivane Soto e a liquidación da súa participación no capital social, quedando a sociedade integrada por 160 socios.

2. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais que queda redactado como segue:

«O capital social cífrase en mil douscentos oitenta euros (1.280,00 €) e estará representado por cento sesenta xustificantes nominativos de oito euros cada un deles. Os xustificantes autorizados coas sinaturas do presidente e secretario, figurando nestes os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data na que se expide. A cada socio seranlle estendidos tantos xustificantes como correspondan ao valor da súa achega. No libro de Rexistro de Socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

3. Renovar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: Daniel Villapol Valea, presidente; José Reigosa Rodríguez, secretario; Eugenio Edrosa Álvarez, vogal-tesoureiro; Manuel Barata Villlapol, Raúl Felpete Seivane, José Rodríguez Vigo, e Oliva Lombardero Rey, vogais.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Rebordiños, SAT nº 852 XUGA, na asemblea xeral do 1 de novembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: María Celia Sánchez Sánchez, presidenta; José Sánchez Sánchez, secretario; Avelina Sánchez Sánchez, vogal.

g) A Sociedade Agraria de Transformación Familia Martínez, SAT nº 902 XUGA, na asemblea xeral do 26 de outubro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: Jesús Martínez Blanco, presidente; Antonio José Martínez Blanco, secretario; José Luis Martínez Blanco, Antonio Martínez Estraviz e Asunción Blanco Peteiro, vogais.

h) A Sociedade Agraria de Transformación San Martín de Galegos, SAT nº 691 XUGA, nas asembleas xerais do 24 de outubro de 2016 e do 18 de novembro de 2016, acordou:

1. Aprobar a baixa da socia María del Carmen Vieites Calvo e a liquidación da súa participación no capital social.

2. Como consecuencia do anterior, o capital social redúcese a 1.405,44 euros, distribuído entre os socios a razón de 256 títulos cada un, e modifícase o artigo 2 dos estatutos, que queda redactado do seguinte xeito:

«O capital social cífrase en 1.405,44 euros e estará representado por 2.304 xustificantes nominativos de 0,61 euros cada un deles.

Os xustificantes estarán autorizados coas sinaturas do presidente e secretario, figurando nestes os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data na que se expide. A cada socio seranlle estendidos tantos títulos como correspondan ao valor da súa achega.

No libro de Rexistro de Socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

3. Modificar o artigo 11 dos estatutos que se formula do seguinte xeito:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspondéndolle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, estendendo a súa competencia a canto non estea atribuído á asemblea xeral. Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por nove membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de catro anos, podendo ser reelixidos.

Os cargos que van desempeñar serán o de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario».

A renovación realizarase por metade cada dous anos, renovándose na primeira metade o presidente cos últimos dos vogais, e na segunda o secretario cos demais vogais. A un dos vogais asignaránselle as funcións de tesoureiro.

4. Renovar os cargos da xunta reitora que pasa a estar composta por: María del Carmen Sánchez Rodríguez, presidenta; José Ángel García Seoane, secretario; María del Carmen Maroño Mirás, Antonio Suárez Botana, María Sánchez Sánchez, Carlos Carnota Mirás, María Jesús Rodríguez Couselo, Élida Rey Carneiro e Rosalía Mirás Carneiro, vogais.

i) A Sociedade Agraria de Transformación San Cidre, SAT nº 784 XUGA, na asemblea xeral do 18 de novembro de 2016, tomou os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa de tres socios coa correspondente liquidación do capital social. Os socios que causan baixa son:

Granxa Carteiro, S.C.

20 títulos

120,40 € de capital social

Ganadería Merelas, S.C.

20 títulos

120,40 € de capital social

Hermanos Cerdedo, S.C.

20 títulos

120,40 € de capital social

2. Aprobar a alta como socio de José Antonio Tizón Rodríguez quen se integra na sociedade cunha participación de 10 títulos, correspondente a 60,20 € de capital social.

3. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, consecuencia das baixas e a alta de socios, que queda redactado da seguinte forma: «O capital social cífrase en 3.028,06 € e está representado por 503 títulos nominativos de 6,02 € cada un deles».

j) A Sociedade Agraria de Transformación Regueiro Branco SAT nº 1390 XUGA, na asemblea xeral do 31 de outubro de 2016, acordou:

1. Aceptar a baixa voluntaria da socia María Jesús García Berdomás e a transmisión da súa participación no capital social, 66.400 €, ao socio José Martín García Berdomás.

2. Como consecuencia da baixa anterior, o capital social distribúese entre os socios do seguinte xeito:

José María Villasenín Aparicio

1.306 títulos

130.600 €

12,50 % participación

Álvaro Sánchez Pernas

2.612 títulos

261.200 €

25,00 % participación

José Martín García Berdomás

2.612 títulos

261.200 €

25,00 % participación

María Carmen Sánchez Manteiga

1.306 títulos

130.600 €

12,50 % participación

Manuel López García

2.612 títulos

261.200 €

25,00 % participación

3. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspondéndolle a dirección da xestión económica e das actividades que vaia desenvolver, estendéndose a súa competencia a canto non está exclusivamente atribuído á asemblea xeral. Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por 5 membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de 4 anos, podendo ser reelixidos.

Os cargos a desempeñar na Xunta Reitora serán os de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario.

A renovación realizarase por metade cada 2 anos renovándose na primeira metade o presidente cos últimos dos vogais, e na segunda o secretario cos demais vogais. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro.

4. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: José María Villasenín Aparicio, presidente; Álvaro Sánchez Pernas, secretario; José Martín García Berdomás, María Carmen Sánchez Manteiga e Manuel López García, vogais.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Teixeiro, SAT nº 1107 XUGA, na asemblea xeral do 7 de novembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Manuel Teijeiro Álvarez, presidente; Javier Teijeiro Álvarez, secretario; Teresa Teijeiro Álvarez, vogais.

l) A Sociedade Agraria de Transformación Edrada, SAT nº 1113 XUGA, na asemblea xeral do 15 de novembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Antonio López Rodríguez, presidente; Marcos Rodríguez Sánchez, secretario; María del Pilar Fernández López e Manuel Rodríguez López, vogais.

m) A Sociedade Agraria de Transformación Agronosa, SAT nº 552 XUGA, na asemblea xeral do 20 de novembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Susana Fernández Rodríguez, presidenta; Ana Cristina Ramiro Armada, secretaria; Ana Armada de León, vogal.

n) A Sociedade Agraria de Transformación Valdorrama, SAT nº 1000 XUGA, na asemblea xeral do 6 de novembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: José Manuel González Villaumbrales, presidente; Delfina Villaumbrales Arias, secretaria; José Manuel González Rodríguez, vogal.

o) A Sociedade Agraria de Transformación Cabe, SAT nº 1278 XUGA, na asemblea xeral do 7 de novembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Antonio Pozo Rodríguez, presidente; Ramiro Pozo Rodríguez, secretario; María Isabel Rodríguez Rodríguez, vogal.

p) A Sociedade Agraria de Transformación Pervisa, SAT nº 990 XUGA, na asemblea xeral do 6 de novembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: Gonzalo Grueira Flores, presidente; Manuel Ferreiro Zas, secretario; Persida Rivas Otero e María Vicenta Ferreiro Zas, vogais.

q) A Sociedade Agraria de Transformación Rego, SAT nº 1012 XUGA, na asemblea xeral do 7 de novembro de 2016, acordou:

1. Renovar os cargos da xunta reitora composta por: José Manuel Vázquez Vázquez, presidente; Manuel Vázquez López, secretario; Mª del Carmen Vázquez Valcárcel, vogal.

r) A Sociedade Agraria de Transformación Pesadoira SAT nº 1242 XUGA, na asemblea xeral do 24 de outubro de 2016, acordou:

1. Aceptar a baixa voluntaria dos socios Juan José Vázquez Blanco e Carmen Grille Sande e a liquidación da súa participación no capital social.

2. Aprobar a transmisión, e a conseguinte redución da participación no capital social, de 28 xustificantes nominativos, 112.000 euros, do socio José Baña Agra á pretendida nova socia Aurita Baña Agra.

3. Aprobar a alta como socia de Aurita Baña Agra.

4. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social distribúese entre os socios do seguinte xeito:

José Baña Agra

54 títulos

216.000,00 €

32,93 % participación

Germán Brea Antelo

38 títulos

152.000,00 €

23,71 % participación

María Elena Vidal Ramos

44 títulos

176.000,00 €

26,83 % participación

Aurita Baña Agra

28 títulos

112.000,00 €

17,07 % participación

5. Aprobar a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais que queda redactado como segue:

«O capital social cífrase en 656.000,00 euros e divídese en 164 títulos nominativos co valor nominal de 4.000 euros cada un.

Os xustificantes autorizados coas sinaturas do presidente e secretario, figurando nestes os datos do número 3 do artigo anterior, a identidade do titular, a data do acordo de emisión, o valor nominal de cada un, os prazos e contía dos desembolsos e a data na que se expide. A cada socio seranlle estendidos tantos xustificantes como correspondan ao valor da súa achegas.

No libro de rexistro de socios anotarase a achega de cada un ao capital da SAT, número de títulos e desembolsos efectuados».

6. Modificar o artigo 11 dos estatutos que queda redactado como segue:

«A Xunta Reitora é o órgano colexiado de goberno, representación e administración ordinaria da SAT, correspondéndolle a dirección da xestión económica e das actividades que se van desenvolver, estendendo a súa competencia a canto non estea exclusivamente atribuído á asemblea xeral.

Para considerarse validamente constituída e adoptar acordos, requirirase a asistencia de, como mínimo, a metade dos seus membros.

A Xunta Reitora estará composta por catro membros, os cales terán a condición de socios, elixidos para un período de catro anos, podendo ser reelixidos.

Os cargos que van desempeñar na Xunta Reitora serán os de presidente, secretario e o resto dos compoñentes terán a condición de vogais. A súa elección efectuarase por votación secreta, elixíndose por separado presidente e secretario.

A renovación realizarase por metade cada dous anos renovándose na primeira metade o presidente cos últimos dos vogais, e na segunda o secretario cos demais vogais. A un dos vogais asignaráselle a función de tesoureiro.

7. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José Baña Agra, presidente; Germán Brea Antelo, secretario; María Elena Vidal Ramos e Aurita Baña Agra, vogais.

s) A Sociedade Agraria de Transformación Labregos de Lugo SAT nº 1382 XUGA, na asemblea xeral do 17 de outubro de 2016, acordou:

1. Aceptar a baixa da entidade socia Hortas Trigás, C.B. e a transmisión da súa participación no capital social, 12 títulos, 6.000 euros ao pretendido novo socio Xulio Rodríguez Bermúdez.

2. Aprobar a incorporación como socio de Xulio Rodríguez Bermúdez.

3. Aprobar a baixa do socio José Manuel Valín Rodríguez e a transmisión da súa participación no capital social, 12 títulos, 6.000 euros á pretendida nova socia María Magdalena Fontao Pedrosa.

4. Aprobar a incorporación como socia de María Magdalena Fontao Pedrosa.

5. Como consecuencia das modificacións anteriores, o capital social, 30.000,00 euros, queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Xulio Rodríguez Bermúdez

12 títulos

6.000.00 €

20 % participación

Manuel Rodríguez Méndez

12 títulos

6.000.00 €

20 % participación

Pablo Pumar Alonso

12 títulos

6.000.00 €

20 % participación

Manuel Villanueva Gómez

12 títulos

6.000.00 €

20 % participación

María Magdalena Fontao Pedrosa

12 títulos

6.000.00 €

20 % participación

6. Modificar os cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Xulio Rodríguez Bermúdez, presidente; Manuel Rodríguez Méndez, secretario; Pablo Pumar Alonso, vogal-tesoureiro; Manuel Villanueva Gómez e María Magdalena Fontao Pedrosa, vogais.

C) Disolucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Monte Reboira, SAT nº 4614, na asemblea xeral do 28 de outubro de 2016, tomou o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Aníbal Álvarez Enríquez, Marcos Díaz Fernández e José Antonio Díaz López.

D) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Monte Reboira, SAT nº 4614, na asemblea xeral do 31 de outubro de 2016, tomou o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias