Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55500

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 15 de decembro de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de abril de 2016 (DOG número 74, do 19 de abril) designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Modificar, baseándose nas alegacións presentadas, a puntuación obtida no segundo exercicio da fase de oposición do seguinte aspirante, que queda como segue:

DNI

Apelidos e nome

Puntuación

33322434-B

Otero Eiriz, Claudio

10,5

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes alegacións presentadas en relación coas puntuacións do segundo exercicio.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para publicar estes acordos, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra estes acordos poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal