Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55501

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 3 de novembro de 2016 (DOG núm. 213, do 9 de novembro), fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, elaboradas en cumprimento do artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo).

Con data do 23 de novembro de 2016 rematou o prazo para presentar reclamacións establecido no punto terceiro da dita resolución.

Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, na sesión que tivo lugar o 21 de decembro do presente ano, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006, modificado polo Decreto 124/2016, acordou elevar ao órgano convocante as listas definitivas de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario dos corpos e escalas que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

Segundo. As listas de solicitantes admitidos poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), na epígrafe de listas de contratación de Función Pública.

Nas ditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos nas listas, con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegar, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/Escala

Denominacion

A1

206K

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos.

A1

206L

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas.

A1

206M

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos.

A1

210A

Escala de inspección urbanística.

A1

2060

Corpo superior de administración da Xunta de Galicia.

A1

2061

Escala de arquitectos.

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as de caminos, canles e portos.

A1

2063

Escala de enxeñeiros/as agrónomos.

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as industriais.

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as de minas.

A1

2067

Escala de veterinarios/as.

A1

2068

Escala de biólogos/as.

A1

2069

Escala de químicos/as.

A1

2072

Escala de arqueólogos/as.

A1

2080

Escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións.

A1

2086

Escala superior de finanzas.

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos de cultivo acuícola.

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios. Especialidade en inglés marítimo.

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos sanitarios.

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios. Especialidade formación e orientación laboral.

A2

205F

Escala técnica de finanzas.

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática.

A2

206I

Inspección turística.

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos.

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas.

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos.

A2

206X

Escala técnica de inspección de consumo.

A2

210B

Escala de subinspección urbanística.

A2

2051

Corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia.

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as forestais.

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos/as.

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as de obras públicas.

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

A2

2076

Escala de topógrafos/as.

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas.

A2

2079

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas.

A2

2085

Escala técnica de estatística.

A2

2094-02

Escala de mestres de taller. Especialidade en máquinas e produción.

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática.

C1

2053

Corpo administrativo da Xunta de Galicia.

C1

207C

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

C1

207H

Escala de axentes facultativos ambientais.

C1

2081

Escala de delineantes.

C2

2054

Escala de axentes forestais.

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

2055

Agrupación profesional.

ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

002

Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a.

I

004

Titulado/a superior.

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a.

I

011

Titulado/a superior pedagogo/a.

I

014

Titulado/a superior sociólogo/a.

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a.

I

027

Coordinador/a de actividades externas.

I

029

Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM.

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional.

I

032

Técnico/a superior en centros de arte.

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva.

II

002

ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE.

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.

II

006

Educador/a, profesor/a especial.

II

007

Titulado/a grao medio.

II

008

Director/a de gardaría infantil.

II

011

Fisioterapeuta.

II

017

Asistente social.

II

020

Terapeuta ocupacional.

II

021

Monitor/a ocupacional.

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional.

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil.

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG.

III

004

Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar.

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén.

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.

III

011

Encargado/a agrario/a.

III

012

Mestre/a de taller.

III

014

Xefe/a de cociña.

III

017

Analista de laboratorio.

III

030

Programador/a.

III

033

Encargado/a supervisor/a de telefónica.

III

034

Especialista de oficios (debuxante).

III

037

Técnico/a de son.

III

040

Axudante/a de produción.

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia.

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE.

III

063

Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a.

III

064

Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada.

III

065

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro/a, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª.

III

066

Axudante taller, adxunto/a taller.

III

067

Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz.

III

068

Oficial 1ª agrario, capataz agrario.

III

069

Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira.

III

078

Subgobernante/a.

III

090

Animador/a sociocultural.

III

091

Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores).

III

101

Proxeccionista.

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a.

III

104

Intérprete de linguaxe de signos.

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar.

IV

003

Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico/a, coidador/a.

IV

004

Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado.

IV

005

Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª.

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento.

IV

007

Garda xurado/a fluvial. Garda explotación.

IV

009

Oficial 2ª agrario/a.

IV

011

Auxiliar de laboratorio.

IV

016

Condutor/a.

IV

017

Almaceneiro/a, despenseiro/a.

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza).

IV

021

Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría.

IV

025

Cargador/a. Tremoieiro/a.

IV

030

Auxiliar formación ocupacional.

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas.

IV

036

Auxiliar de museos.

V

001

Camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a.

V

002

Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín.

V

003

Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xurado.

V

008

Peón/oa agrario/a.

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais.

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos.

V

10F

Peón/oa forestal.

V

011

Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais.

V

012

Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno.

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga

Grupo

Categoría

Denominación

II

039

Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais.

III

100

Xefe/a de cuadrilla de defensa contra incendios forestais.

IV

032

Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais.

IV

033

Condutor/a motobomba de defensa contra incendios forestais.

V

10A

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais.

V

10B

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais.

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais.

V

014

Peón/oa de defensa contra incendios forestais.

V

14A

Peón/a condutor de defensa contra incendios forestais.