Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55507

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 13 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do corpo de profesores de ensino secundario nas especialidades de Tecnoloxía (590019), Economía (590061), Administración de Empresas (590101) e Informática (590107) e, no corpo de profesores técnicos de formación profesional, nas especialidades de Operacións de Produción Agraria (591216) e Sistemas e Aplicacións Informáticas (591227) (Diario Oficial de Galicia do 10 e 28 de outubro).

Unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude, e realizada a baremación dos méritos do corpo de profesores de ensino secundario nas especialidades de Tecnoloxía (590019), Economía (590061), Administración de Empresas (590101) e, Informática (590107) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional, nas especialidades de Operacións de Produción Agraria (591216) e Sistemas e Aplicacións Informáticas (591227), publícanse as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia do corpo de profesores de ensino secundario nas especialidades de Tecnoloxía (590019), Economía (590061), Administración de Empresas (590101) e Informática (590107) e, no corpo de profesores técnicos de formación profesional, nas especialidades de Operacións de Produción agraria (591216) e Sistemas e Aplicacións Informáticas (591227).

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interporse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos