Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55697

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, sistema de acceso libre.

Na sesión que tivo lugar o 15 de decembro de 2016, o tribunal do proceso selectivo convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, sistema de acceso libre, e modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites para publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso de selección.

Segundo. De acordo co establecido na base II.1.2 da orde da convocatoria superaron o exercicio aqueles aspirantes que tivesen unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, concédese un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio do proceso de selección.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.4 da orde da convocatoria, as/os aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG nº 146, do 30 de xullo).

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

Francisco Tomás Couso González
Presidente do tribunal