Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55606

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Facenda

DECRETO 184/2016, do 22 de decembro, polo que se dispón que cese David Cabañó Fernández como director xeral de Política Financeira e Tesouro.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de decembro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, David Cabañó Fernández como director xeral de Política Financeira e Tesouro, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e dous de decembro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda