Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55607

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Facenda

DECRETO 185/2016, do 22 de decembro, polo que se nomea director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos a David Cabañó Fernández.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de decembro de dous mil dezaseis,

Nomeo director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos a David Cabañó Fernández.

Santiago de Compostela, vinte e dous de decembro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda