Convocada por Resolución do 15 de xuño de 2016 (DOG núm. 129, do 8 de xullo), a provisión de varios postos de supervisor/a de área funcional do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, polo sistema de libre designación, esta Xerencia de Xestión Integrada, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, e de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e, en uso das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de supervisor/a de área funcional do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, convocados por Resolución do 15 de xuño de 2016 (DOG núm. 129, do 8 de xullo).
Segundo. Nomear, para os postos indicados, as persoas relacionadas no anexo desta resolución.
Terceiro. Os/as aspirantes nomeados/as deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terá a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Quinto. Contra a presente resolución, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 28 de novembro de 2016
Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña
ANEXO
Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de Calidade do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: María Paloma López Ramos.
DNI: *****223B.
Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de Recursos Humanos do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
Nome e apelidos: Miriam Rossi López.
DNI: *****303H.
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.