Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56017

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde da formación dos profesionais da Consellería de Política Social, en relación co convenio de colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, polo que se establecen liñas de traballo conxuntas de apoio e atención sociosanitaria a pacientes con trastorno mental de duración prolongada e curso crónico estabilizados desde o punto de vista sanitario.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do 12 de decembro de 2016 pola que se encomenda á Axencia Galega de Xestión do Coñecemento en Saúde a xestión da formación dos profesionais da Consellería de Política Social, en relación ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Traballo e Benestar, polo que se establecen liñas de traballo conxuntas de apoio e atención sociosanitaria a pacientes con trastorno mental de duración prolongada e curso crónico estabilizados desde o punto de vista sanitario.

– Actividade: a axencia asumirá a xestión dos cursos: Atención ao trastorno mental e Coidados da persoa con trastorno mental, propostos polo Servizo de Saúde Mental e Asistencia a Drogodependencia do Servizo Galego de Saúde, dentro dos límites orzamentarios establecidos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga ten natureza intrasubxectiva, de acordo co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2016.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde