Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56488

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1189/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1189/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Alta Decoración Santiago I, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción, contra Alta Decoración Santiago I, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.157,54 euros, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse que resulte conforme coa aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso (art. 191.2 LRXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alta Decoración Santiago I, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza